OSpeed metal é un estilo musical, subxénero doHeavy Metal, caracterizado pola elevada velocidade rítmica (do inglés,speed, rápido). A velocidade típica supera as 190pulsacións por minuto (p.p.m.), encompases 4x4 conpatróns típicos desemicorcheas.
A súa orixe remóntase ós anos oitenta, logo do auxe doMetal Británico, cando este estende a súa popularidade aEuropa. Momento cumio no auxe deste estilo constitúeo a publicación do L.P.The Walls of Jerico deHelloween en1985.
A estrutura da maioría dos temas deSpeed Metal é bastante simple: dúas estrofas (normalmente de catro a seis versos), unha estrofa que serve deponte rítmica entre as estrofas e o estribillo (normalmente de dous ou tres versos), un estribillo (que acostuma constar de catro versos e que normalmente se repite dúas ou catro veces) con patróns rítmicos debrancas ouredondas; logo unha estrofa, unha estrofaponte (que pode ser repetición da estrofaponte anterior) e o estribillo; de seguido, un solo de guitarra, e finalízase coa estrofaponte e o estribillo, o cal se repite varias veces ata o remate. É común tamén que entre o primeiro estribillo e a estrofa seguinte se intercale un fragmento de solo.
Non obstante, os grupos deSpeed Metal raramente se dedican a este estilo en exclusiva, senón que adoitan combiñalos con outros estilos e elementos moi diversos para producir os seus temas. Exemplos notables constitúenos entre outrosBlind Guardian ouGamma Ray. Isto provocou unha especie de evolución dentro do subxénero, que comezou a denominarsePower Metal. Actualmente, son poucos os grupos considerados comogrupos de Speed Metal, aínda que en ocasións os integrantes dun grupo se definan así a si mesmos.
A fronteira entreMetal Melódico, Speed Metal,Power Metal,Metal Épico, eMetal Neoclásico é moi difusa. A vertixe rítmica doSpeed Metal conséguese co uso masivo de figuras desemicorcheas executadas con técnica deApagado nas guitarras (é habitual emprego da técnica denominadaEncabalgamento) e executando dobre bombo nas baterías, de maneira que o ritmo deplatillos se fai cun brazo e só queda outro para ascaixas outimbais. Os solos de guitarra son rapidísimos, combinando patrós de semicorcheas con fusas e incluso semifusas mediante todo tipo de técnicas, e acostuman a supor aproximadamente a cuarta parte da duración total do tema en execución, para unha duración típica ó redor dos catro minutos e medio. Ocasionalmente, a guitarra rítmica acompaña á guitarra solista, pero con máis frecuencia executa tamén certos fragmentos do solo, e incluso executa o propio solo noutra tonalidade, harmonizando o solo da guitarra solista.