Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Speculum Maius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Speculum Maius

Tipoobra escritaEditar o valor en Wikidata
Xénero artísticoenciclopediaEditar o valor en Wikidata
Lingualingua latinaEditar o valor en Wikidata
Autoría
AutorVincent de BeauvaisEditar o valor en Wikidata
Composto por
Wikidata ]

Speculum Maius é o nome daenciclopedia medieval deVincent de Beauvais, unha das obras de referencia máis ambiciosas da época, con aproximadamente 3 millóns de palabras. O seu título, que significaGrande espello, resume a pretensión de reflectir por escrito todo o coñecemento dispoñíbel. Publicado noséculo XIII, gozou dunha considerable difusión até oRenacemento.

Estrutura

[editar |editar a fonte]

A enciclopedia consta de tres partes:Speculum Naturale,Speculum Doctrinale eSpeculum Historiale, que tratan sobre a natureza, a ciencia e ahistoria respectivamente. Posteriormente engadiuse un volume apócrifo sobre amoral, recollendo pensamento de diversos autores.

A obra foi amplamente difundida e conservada en diversos manuscritos. A crítica textual identificou as familias que transmitiron a obra: para a primeira e a segunda parte hai dúas, a versión Tournai e a Douai (a máis aceptada) mentres que para a terceira, a de maior éxito, ademais do exemplar Douai, consérvanse catro versións máis.[1]

Speculum Naturale

[editar |editar a fonte]

O primeiro volume narra como se produciu aCreación, seguindo o punto de vista doXénese pero incorporando achados de diversos pensadores cristiáns e pagáns. Comeza explicando a doutrina daSantísima Trindade e as características dosanxos e máis tarde indica como foron creados e os atributos da luz e os catro elementos clásicos, a esencia de todo o que existe. Máis tarde recrea a traizón deLucifer e reflexiona sobre otempo e acosmoloxía imperantes.

A medida que se achega áTerra, resume as nocións dexeografía daIdade Media e fai un compendio completo deseres vivos coñecidos, cada un con atributos médicos asociados. Finalmente, incorpora un tratadode anatomía humana.

Speculum Doutrinal

[editar |editar a fonte]

Este volume aborda cuestións relacionadas coaeducación e os diferentesoficios, abranguendo tanto os conceptos básicos detrivium equadrivium como as nocións das distintas ciencias. Inclúe un pequeno dicionariolatino e algunhas das historias máis famosas daantigüidade greco-latina.

Nesta segunda parte tamén resume a súa filosofía, de carácter escolástico. Destacan os tratados das distintasvirtudes. Máis tarde deu consellos sobre as artes prácticas, seguindo a división de coñecementos deHugo de San Víctor . Tamén hai un capítulo relevante sobre música, que segue aBoecio.

Speculum Historiale

[editar |editar a fonte]

O terceiro volume resume a historia do mundo até 1250, seguindo de preto oChronicon de Hélinand de Froidmont. Comeza cos relatos daBiblia, conta as lendas deBabilonia, detense principalmente na época grega e romana e continúa explicando os acontecementos máis importantes de Oriente. A continuación céntrase na Europa medieval, destacando a contribución deCarlomagno e dos distintos reinos. A sección tamén consta dunha lista de autores literarios famosos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Vincent de Beauvais; eTexts".cs.uu.nl. Arquivado dendeo orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 16 de abril de 2022. 
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Speculum_Maius&oldid=7019883»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp