Aspace opera é un subxénero deciencia ficción onde se resaltan historias de guerra espacial, aventura melodramática, batallas interplanetarias, situacións arriscadas e romance cabaleiresco. Establecido principalmente ou completamente no espazo exterior, xeralmente involucra conflitos entre adversarios que destacan polas súas habilidades, armas futuristas e outras tecnoloxías sofisticadas. A denominaciónspace opera non alude a ópera ou opereta senón que fai referencia ou deriva de "soap opera" e de "horse opera",[1] sendo este último termo acuñado durante a década de 1930 para designarwesterrns estereotipados ou tópicos. Asspace operas xurdiron na década de 1930 e seguen aínda vixentes, producindose literatura, cine, cómics, televisión e videoxogos deste subxenero.
Flash Gordon (1936) foi un dos primeiros seriais cinematográficos inspirados nas tiras cómicas despace opera[2] do personaxe creado por Alex Raymond. A finais da década de 1970 a saga deA guerra das galaxias creada porGeorge Lucas atraeu o interese do público polo subxénero.[3] Tralo enorme éxito da innovadora serie de filmes deA guerra das galaxias aspace opera converteuse novamente nun subxénero recoñecido. Entre o ano 1982 e 2002 opremio Hugo á mellor novela de ciencia ficción foi a miúdo concedido a obras despace opera.[4]
Contraportada da revistaGalaxy nº1, outubro de 1950.
Aspace opera defínese como unha historia de aventuras de ciencia ficción.[5]
O termo "space opera" foi acuñado en 1941 polo escritor e autor afeccionado a ciencia ficción Wilson Tucker como algo pexorativo nun artigo no número 36 dofanzine de ciencia ficciónLe Zombie.[6] Nese momento, os seriais dramáticos da radio nosEstados Unidos coñecíanse popularmente comosoap operas porque moitos estaban patrocinados por fabricantes de xabón.[7] Tucker defineu aspace opera como o equivalente no ámbito da ciencia ficción.[8] Previmente xa se empregaba "horse opera" para definir os westerns estereotipados. Os fans e os críticos decataranse de que as tramas dasspace operas de cando en cando adaptaban as tramas dashorse operas simplemente trasladando a acción ó espazo exterior, como parodiou a revistaGalaxy Science Fiction na contraportada do seu primeiro número. A finais da década de 1920 e comezos da década de 1930, cando as historias se publicaban nas revistas de ciencia ficción, eran denominadas a miúdo "superciencia épica".[9]
A partir da década de 1960 e durante a década de 1970 aspace opera foi redefinida tomando como referencia a obra deBrian AldissSpace Opera (1974). No entanto, o xénero axiña comezou a cambiar, por exemplo, coa práctica editorial e mercadotecnia de Judy-Lynn del Rey e do seu marido e colega Lester del Rey, discutindo as afirmacións de que asspace operas estaban obsoletas. Del Rey Books fixo reedicións da obra deLeigh Brackett adscribíndoa áspace opera. A principios da década de 1980 aspace opera redefínese novamente incluíndo importantes obras dacultura popular comoA guerra das galaxias. O termo empezou a ser considerado como un subxénero lexítimo da ciencia ficción só a principios da década de 1990.[4] Hartwell e Cramer definen aspace opera como:
[...] colorida, dramática, aventura de ciencia ficción a gran escala, escrita de maneira competente e a veces belamente, usualmente enfocada nun personaxe central simpático e heroico e trama de acción usualmente ambientada nun futuro relativamente afastado, no espazo ou noutros mundos, caracteristicamente optimistas no seu ton. A miúdo trata de guerra, piratería, virtudes militares e acción a grande escala, grandes riscos.[4]
As primeiras obras que precederon ó subxénero contiñan moitos elementos do que logo se convertería enspace opera, actualmente denomínaseproto-space opera.[10] As primeiras obras deste estilo foron escritas por diversos autores franceses doséculo XIX, por exemplo,Les Posthumes (1802) deNicolas-Edme Rétif,[11]Star ou Psi de Cassiopée: Histoire Merveilleuse de l'un des Mondes de l'Espace ( 1854) deC.I. Defontenay eLumen (1872) deCamille Flammarion. Non obstante escribíronse ocasionalmenteproto-space operas non moi populares de ciencia ficción durante aépoca vitoriana e eduardiana, pódedense encontrar exemplos nas obras dePercy Greg,Garrett P. Serviss,George Griffith eRobert Cromie.[12] Un crítico citaThe Struggle for Empire: A Story of the Year 2236 deRobert William Cole como a primeiraspace opera;[12] a novela describe un conflito interestelar entre homes solares da Terra e unha feroz raza humanoide procedente deSirius, emporiso a idea da novela xorde dun xénero nacionalista de ficción popular de entre 1880 e 1914 denominadoficción de guerra futura.[13]
A pesar deste comezo aparentemente temperán, non foi ata finais da década de 1920 cando aspace opera comezou a aparecer periodicamente enpulp magazines comoAmazing Stories.[4][10] Nocinema o xénero comezou problablemente en 1918 co filme dinamarquésHimmelskibet.[14] A diferencia das historias anteriores de aventuras espaciais, que relacionaban la invasión da Terra por extraterrestres ou se centraban na invención dun vehículo espacial por parte dun xenio inventor, aspace opera pura simplemente daba por sentado as viaxes espaciais (xeralmente establecendo a historia nun futuro afastado), saltou directamente ós contos de fazañas estelares. As primeiras historias deste estilo inclúenInvaders from Outside (Weird Tales, xaneiro de 1925) de J. Schlossel,[12]The Second Swarm (Amazing Stories Quarterly, primavera de 1928),The Star Stealers (Weird Tales, febreiro de 1929),Tarrano the Conqueror (1925) deRay Cummings,Across Space (1926) deEdmond Hamilton eCrashing Suns (Weird Tales, agosto-setembro de 1928).[10] Historias semellantes doutros escritores continuaron durante os anos 1929 e 1930, quedando en 1931 establecida aspace opera como un importante subxénero da ciencia ficción.[Cómpre referencia]
Emporiso o autor citado con máis frecuencia como o auténtico pai do xénero é E. E. "Doc" Smith. O seu primeiro traballo publicado,The Skylark of Space (Amazing Stories, agosto-outubro de 1928), escrito en colaboración conLee Hawkins Garby, é nomeada a miúdo como a primeira granspace opera.[10] A serie de novelasLensman de E. E. Smith, os traballos de Edmond Hamilton, John W. Campbell e Jack Williamson nas décadas de 1930 e 1940 foron populares entre os lectores e moi imitados por outros escritores.
Escritores comoPoul Anderson eGordon R. Dickson mantiveron viva a aventura espacial a grande escala ata a década de 1950, seguidos por escritores como M. John Harrison e C. J. Cherryh na década de 1970. Neste momento para moitos lectoresspace opera xa non era un termo despectivo senón a descrición dun tipo concreto de historia de ciencia ficción e aventura.[4]
Segundo o autor Paul J. McAuley, varios escritores, na súa maior parte británicos, comezaron a reinventar aspace opera na década de 1970[15] (aínda que a meirande parte dos críticos non británicos tenden a cuestionar a pretensión británica de dominar a nova escena daspace opera).[4] Os acontecementos máis destacados neste período inclúen a publicaciónThe Centauri Device de M. John Harrison en 1975 e un editorial "call to arms" de David Pringle e Colin Greenland na edición do verán de 1984 deInterzone;[15] e o éxito de recadación deA guerra das galaxias, que segue algunhas convencións daspace opera tradicional.[4] Esta "novaspace opera", que evolucionou case ó mesmo tempo que xurdiu ocyberpunk e foi influenciada por el, é máis escura, afástase do " "triunfo da humanidade" daspace opera máis antiga, insire novidades tecnoloxías e posúe unha caracterización máis forte que aspace opera antiga. Se ben conserva a escala e o alcance interestelar daspace opera tradicional, tamén pode ser cientificamente máis rigorosa.[15]
A novaspace opera foi unha reacción contra antiga. Os novos defensores daspace opera afirman que o xénero céntrase no desenvolvemento do carácter, a escritura fina, os altos estándares literarios, a verosimilitude e unha exploración moral dos problemas sociais contemporáneos.[16] McAuley e Michael Levy identifican a Iain M. Banks, Stephen Baxter, M. John Harrison, Alastair Reynolds, o propio McAuley, Ken MacLeod, Peter F. Hamilton e Justina Robson como os practicantes máis notables da novaspace opera.[15] Unha das editoriais máis destacadas, Baen Books, especializouse enspace opera e ciencia ficción militar,[17] e publica a moitos dos autores mencionados anteriormente, que gañaron o premio Hugo.
Algúns críticos distinguen entrespace opera eplanetary romance.[18] Ambos presentan aventuras en contornos exóticos, porén aspace opera pon énfase nas viaxes espaciais, mentres que oplanetary romance céntranse en mundos estraños. Dende este punto de vista, as historias marcianas, venusianas e lunares deEdgar Rice Burroughs seríanplanetary romances (e dos máis antigos), como serían as historias deEric John Stark de Leigh Brackett con influencias de Burroughs.
Aspace opera pode contrastar coaciencia ficción dura, na cal se fai fincapé nos efectos do progreso tecnolóxico e nas invencións, e onde os axustes se elaboran coidadosamente para obedecer as leis da física, a cosmoloxía, as matemáticas e a bioloxía; pódense atopar algúns exemplos nas obras de Alastair Reynolds ou na películaThe Last Starfighter. Ás veces aspace opera pode coincidir coa ciencia ficción dura ó centrarse na precisión científica como enThe Risen Empire de Scott Westerfeld. Noutras ocasións aspace opera pode situarse nun punto intermedio entre a ciencia ficción dura e a branda, como a serie de precuelas deDune de Kevin J. Anderson e Brian Herbert ou a serie daGuerra das galaxias creada por George Lucas.[19]
Algúns tipos despace opera solápanse coa ciencia ficción militar, concentrándose nas batallas espaciais a grande escala con armas futuristas; emprégase ocasionalmente o termo "space opera militar" para definir este subxénero, como fai por exemplo a crítica Sylvia Kelso para referirse áSaga Vorkosigan de Lois McMaster Bujold.[4]
As parodias despace opera son a miúdo exemplo da propiaspace opera.
What Mad Universe de Fredric Brown ten como protagonista a un editor de revistas de ciencia ficción de cabeza sobria que de súpeto se ve transportado a unha historia alternativa na que tódolos elementos daspace opera (un heroe espacial extraordinario que loita contra extraterrestres malvados obstinados na destrución da humanidade etc.) se volven reais na súa vida.
Na novelaBill, the Galactic Hero Harry Harrison parodia as convencións daspace opera clásica, de igual modo que enStar Smashers de los Galaxy Rangers e no contoSpace Rats of the CCC - the Combat Camel Corps do propio autor.
Space Opera de Jack Vance trata dunha compañía de ópera que vai de xira polo espazo.
A película cómicaSpaceballs, dirixida e coescrita porMel Brooks, é unha parodia de ciencia ficción con moitas características despace opera.
O animeSpace Dandy do directorShinichirō Watanabe parodia decote outras obras de ciencia ficción do subxénerospace opera.