| Space Recovery Experiment / SRE | |
|---|---|
SRE-1 despois da súa recuperación. | |
| Tipo | Tecnolóxico |
| Organización | ISRO |
| Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
| Data de lanzamento | 10 de xaneiro de 2007, 4:16GMT[1][2][3] |
| Foguete portador | PSLV-G[3][4] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial Satish Dhawan[3][5] |
| Duración da misión | 12 días[5] |
| Obxectivo da misión | Cápsula recuperable experimental.[3][5] |
| Decaemento | 22 de xaneiro de 2007[1] |
| NSSDC ID | 2007-001C |
| Masa | 550 kg[3] |
| Dimensións | Cono de 1,60 m de altura e 2,0 m dediámetro na base[4] |
Space Recovery Experiment, tamén coñecida comoSpace Capsule Recovery Experiment,SCRE ouSRE foi unha cápsula espacial experimental daIndia lanzada o10 de xaneiro de2007 mediante un foguetePLSV-G desde oCentro Espacial Satish Dhawan.[5][4][3]
SRE era un demostrador tecnolóxico para estudar a reentrada atmosférica e a recuperación dunha cápsula espacial. A nave tiña unha masa de 500 kg e forma cónica, cundiámetro de 2,0 m na base e unha altura de 1,60 m. Unha vez lanzada permaneceu varios días en órbita terrestre para facer experimentos en microgravidade ata o seu regreso e reentrada naatmosfera protexida por unescudo térmico para acabar amarando nogolfo de Bengala o 22 de xaneiro de 2007. Planificáronse dúas cápsulas SRE, aínda que só se chegou a lanzar unha.[5][4][3]