Sousse é un importanteresort turístico. Os complexos hoteleiros teñen unha capacidade de 40,000 camas, esténdese a 20 km ó norte da cidade vella (Medina) no paseo marítimo dePorto El-Kantaoui.
Está a 20 km do aeroporto internacional deMonastir. As praias de area fina están rodeadas por hortas e olivares. Ten un clima mediterráneo, con veráns calorosos e secos e invernos húmidos, cálidos e suaves. A situación xunto ao mar modera o clima, polo que é unresort turístico todo o ano.
Cálculase de media que 1.200.000 visitantes acoden cada ano a gozar dos seus hoteis, restaurantes, discotecas, casinos, praias e instalacións deportivas.