![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1200![]() Goito, Italia(pt) ![]() ![]() |
Morte | século XIII (<30 de agosto de 1269)![]() Nápoles, Italia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | trobador, compositor, poeta, escritor![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Sordello Library of the World's Best Literature ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Sordello da Goito ouSordel de Goit (taménSordell) foi untrobador italiano da escola poética provenzal doamor cortés. Nacido en Goito, preto deMantua, noséculo XIII.
Estivo naPenínsula Ibérica entre1237 e1242, nas cortes deAfonso IX de León,Fernando III de Castela eXaime I de Aragón. Pasou á corte deCarlos de Anjou, a quen acompañou na expedición a Italia (1265) para tomar posesión doReino de Sicilia, e formar parte das batallasde Benevento e de Tagliacozzo.
Foi recompensado con varios feudos e castelos en pago dos seus “grandia, grata et acepta servitia”.
Descoñécese a data da súa morte, pero estes feudos pasaron a poder doutro cabaleiro da corte en 1269, polo que puido se falecer nese ano.
É autor dun longo poema didáctico,Ensenhamen (ouDocumentum honoris) e dunhas corenta composicións menores, entre elasPlanh per Blancata, que é unha crítica e sátira de varios soberanos contemporáneos.
Sordello ten unha notable aparición no canto sexto doPurgatorio daA Divina Comedia, a obra do poeta florentinoDante Alighieri.
Tamén aparece enMolloy eMalone morre, dúas novelas do autor irlandésSamuel Beckett, nos Cantos deEzra Pound e na novelaNocturno de Chile deRoberto Bolaño.
Protagoniza a óperaSordello, de Temistocle Soleira e Antonio Buzzi.