Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamento | Cundinamarca![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.120![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 112 km²![]() | ||||
Altitude | 2.495 m![]() | ||||
Creación | 25 de maio de 1653![]() | ||||
Sitio web | sopo-cundinamarca.gov.co…![]() |
Sopó é un concello dodepartamento deCundinamarca,Colombia, que se atopa na provincia de Sabana Centro. Atópase a 39km ó norte deBogotá. Foi fundado en1653 por Frei Francisco Chacón. Forma parte da área metropolitana de Bogotá segundo o censo DANE 2005. A súa parroquia católica forma parte da Diocese deZipaquirá. Limita polo norte con Zipaquirá eTocancipá, ao Sur conLa Calera, polo leste conGuasca e polo oeste conChía eCajicá.
O topónimo «Sopó», enmuysc cubun (Lingua muisca), significa «Pedra ou Cerro Forte».
Sopó é un dos municipios asentados nunha zona onde se atoparon as evidencias humanas máis antigas noaltiplano cundiboyacense.
É un período denominado así pola "Lagoa da Herrera", situada en Mosquera, Cundinamarca. Esta época, que data de antes da chegada dosmuiscas, caracterizouse pola fabricación de utensilios de pedra, obxectos en cerámica e o cultivo do millo e outras plantas. En Sopó atopáronse importantes evidencias en tres sitios: Brujas, Carrizalito e Meusa, onde se asentaban 2 a 4 nativos por quilómetro cadrado.
O período muisca caracterizouse pola dispersión das comunidades, pero á vez a diminución da área poboada, xunto coa chegada de novos poboadores polos achados arqueolóxicos que datan desta época. No período muisca tardío xa se poden recoñecer tres asentamentos, probablemente asociados ás tres vilas achados polos conquistadores durante a colonia: Meusa, Cueca e Sopó, e un asentamento denominadoTeusacá que se atopaba xunto ó río (Ponte Adobes).
A base económica do municipio está conformada especialmente pola agroindustria dedicada á produción de derivados de lácteos, floricultura, ademais algunhas gamas industriais dedicadas á produción de bens para o sector da construción e a fabricación de fósforos; séguenlle na súa orde as actividades comerciais, prestación de servizos e financeiras.
Alén disto, dentro do concello estivéronse construíndo áreas residenciais campestres para familias non oriúndas, de estrato socio-económico alto, as cales contan na súa maioría con campos de golf, áreas de equitación, lagos, zonas húmidas etc.