Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Sombreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sombreiro de palla.

Unsombreiro ouchapeu é unhapeza de vestir que se utiliza especificamente para cubrir acabeza, xa sexa do sol ou do frío.

Historia e orixes

[editar |editar a fonte]

Os primeiros sombreiros teñen as súas orixes nos imperios antigos; noAntigo Exipto xa se utilizaban diversos tipos de tocados, pero un dos máis recoñecidos antecedentes deste accesorio foi o gorro frigio, un sombreiro de orixefrigio que foi utilizado polosgregos para simbolizar que todo aquel que o portase era un escravo ao que se lle outorgou a súa liberdade. En Grecia tamén xurdiron o píleo (Pilleus) e o pétaso (Petasus), sendo o petaso o primeiro sombreiro que tiña á.[1]

O sombreiro xorde como unha necesidade para protexerse do sol e da choiva, principalmente entre o campesiñado. Os primeiros sombreiros eran fabricados principalmente de feltro e dela.

En tempos deCarlos VI de Francia comezaron a usarse sombreiros no campo. No deCarlos VIII introduciuse o seu uso nas cidades pero tan só en tempo de choiva. No reinado deLois XI xa se xeneralizaron máis e levaban en todo tempo estendéndose o seu uso ás nacións veciñas.

Máis adiante, o uso do chapeu foi xeneralizándose variando a forma segundo a época. A principios do século XX usábase comunmente en todo o mundo civilizado. O seu uso atópase en retroceso desde entón, transformando a súa utilidade dunha funcional a un accesorio de moda.

Partes

[editar |editar a fonte]

Un sombreiro pode constar ou non dos seguintes elementos.[2]

  • Coroa ou copa: É a parte superior do sombreiro que se adapta á forma docranio, limitando a súa circunferencia. Esta pode ter diferentes formas, regularmente redonda, cónica ou truncada.
  • Bordo ouá: Consta dunha superficie que percorre a circunferencia do sombreiro. Cumpre a función de protexer ao que o porta dos raios solares. O termoá tamén é aplicado á parte lateral dalgúns chapeus como o chullo e o ushanka, que ten a finalidade de protexer ou cubrir as orellas do frío.
  • Banda suave: É a parte interna do chapeu, habitualmente coñecida como badana[3]. Está feita de materiais suaves que entra en contacto directo co cranio e que ten a finalidade de axustar correctamente o sombriro á cabeza e deter a suor.
  • Banda, touca ou cinto: É a cinta ou adorno que se coloca ao redor da copa, entre a coroa e o bordo. Serve para darlle forma ao sombreiro, evitando que se ensanche ou como simple ornato.
  • Viseira ou á frontal: É a superficie frontal de certos tipos de sombreiros que serve para bloquear os raios solares. É un elemento común nas gorras.
  • Barboqueixo oubarbiqueixo - Cinta para suxeitar o sombreiro que se pasa por debaixo do queixo, especialmente para cascos e similares.

Tipos

[editar |editar a fonte]
ImaxeNomeDescrición
AkubraÉ unha variante australiana do sombreiro dos vaqueiros, utilizado para protexerse dos raios solares. Usualmente é confeccionado en feltro e cun á grande.
BicornioÉ un sombreiro antigo que consta dun bordo dobrado, utilizado polas forzas armadas dos Estados Unidos e Francia no século XVIII. É asociado conNapoleón Bonaparte.
Bombín, fungoTipo de sombreiro clásico confecciónado en feltro que se compón dun á estreita e unha coroa redonda. É popular desde finais do século XIX e os primeiros anos do século XX. É asociado conCharles Chaplin.
BoonieSombreiro de tea de algodón que se compón dun bordo amplo que protexe ao portador dos raios solares. Variante moderna dochambergo, utilizada como parte do uniforme militar de campo dalgunhas forzas armadas de diferentes países.
Boss of the PlainsFoi deseñado por John Batterson Stetson para resistir todo tipo de clima e fabricado no período doSalvaxe Oeste nos Estados Unidos.
Bucket ou sombreiro de pescaFabricouse en tea de algodón e ten un bordo colgante que cae fronte ao rostro. É utilizado popularmente para protexerse do sol durante apesca.
CanotierÉ de palla, ten ás rectas e copa baixa e plana rodeada frecuentemente por unha cinta negra. Foi usado por cabaleiros nos anos 20. Na actualidade é preferido polas señoras.
CapotainTen coroa alta en forma de cono truncado que usualmente contiña un cinto ao redor da base da coroa. Formaba parte da vestimenta do século XVI e XVII.
ChambergoSombreiro de feltro ou tea utilizado entre os séculos XVII e XIX. Constaba dun bordo amplo deseñado para cubrir ao portador dos raios solares.
ChupallaSombreiro tradicional deChile comunmente utilizado por gandeiros e xinetes.
DeerstalkerÉ utilizado para a práctica dacaza. É popularmente identificado como o sombreiro deSherlock Holmes.
Fedora, flexibleSombreiro masculino de feltro con coroa picada e cunha cinta ao redor da base da coroa. Formaba parte da vestimenta usual masculina durante a primeira metade do século XX.
Gat ()É un sombreiro de bordo amplo utilizado tradicionalmente por homes enCorea.
Hardee HatFoi utilizado para identificar ás tropas do Exército da Unión naGuerra de Secesión.
HomburgSombreiro masculino formal de principios do século XX confeccionado en feltro, moi similar a unfedora. Caracterízase pola hendidura central na copa e ausencia das melladuras laterais do fedora.
JaapiTradicional enAssam,India. Usualmente é fabricado en palla e adornado con listóns e abelorios.
MitraIndumentaria utilizada por clérigos daIgrexa católica, aIgrexa ortodoxa e a Comuñón anglicana.
MonteiraSombreiro tradicional tecido que formou parte da indumentaria tradicional da Península Ibérica. Asociado cos practicantes profesionais datauromaquia.
Nón lá ou斗笠Sombreiro de palla en forma cónica tradicional enAsia, principalmente naChina, oXapón,Vietnam,Corea eIndonesia. Mantense adherido á cabeza cunha banda de seda que se suxeita por baixo da mandíbula.
PorkpieÉ de palla ou feltro de á estreita e levantada en todo o seu contorno e coroa plana. Débelle o seu nome ao tradicional pastel de carne británico.
De campañaSombreiro de á ampla fabricado en feltro que é utilizado para distinguir a algúns membros do exército dalgúns países.
TrilbySimilar ao fedora pero de á estreita (aproximadamente de 3 - 4 cm), Leonard Cohen usábao.
ClochéSombreiro feminino en forma de campá, parecido a un sombreiro de pesca que era frecuentemente utilizado polasflappers naEra do Jazz na década dos anos 20.
De copa altaConfeccionado en feltro, seda ou pel, componse dunha coroa cilíndrica e un bordo semicurvo. Foi popular na moda masculina entre os séculos XVIII e XX.
CordobésSombreiro tradicional deCórdoba.
De charroSombreiro tradicional mexicano de bordo amplo. Asociado cosMariachi.
PamelaSombreiro feminino redondo caracterizado pola súa ampla á, realizado en tecidos vexetais ou en feltro si trátase dunha pamela de inverno. En ocasións profusamente decoradas con lazos ou flores.
Sombrero Panamá ClasicPanamáÉ confeccionado a man por artesáns conpalla touca, usando métodos tradicionais, tamén algúns o coñecen comojipijapa. Existen diferentes modelos como oclásico, plantación, aguacate, optimus, gambler, coco eBrasil.
jipijapaSombreiro tradicional confeccionado nas localidades de Montecristi e Jipijapa da provincia de Manabí naRepública de Ecuador con follas trenzadas de palma, a confección tamén se estende á provincia de Azuay nas localidades de Sigsig, Gualaceo e Conca.
Bandullo de burroSombreiro tradicional arxentino utilizado polosgauchos.
Stetson, sombreiro vaqueiro, sombreiro texano, occidental ou norteñoÉ de copa picada e bordo semicurvo. Utilizado nas zonas rurais do sur dos Estados Unidos e o norte de México desde finais do século XIX.
De cogolloTípico deVenezuela.
VueltiaoTípico deColombia.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Historia dos sombreiros".Hats UK(en inglés). Archived from the original on 04 de xaneiro de 2012. Consultado o 03 de xuño de 2020. 
  2. "Partes de los sombreros".Sombreros.us(en español). Arquivado dendeo orixinal o 02 de marzo de 2017. Consultado o 03 de xuño de 2020. 
  3. "Definición de badana".Worldreference(en español). 
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Sombreiro
Control de autoridades

 

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sombreiro&oldid=6732099»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp