Canto maior é oángulo entre a dirección da luz e un obxecto alongado que a obstaculice, máis curta será a súa sombra. Doutra banda, canto menor sexa o ángulo entre a dirección da luz e asuperficie na que aparece a sombra, máis longa será esta. Se o obxecto está preto dafonte luminosa, a sombra será maior que se o obxecto se atopase lonxe. Se a superficie está curvada, haberá máis distorsións.
Cando afonte de luz non é puntual, a sombra divídese enumbra e penumbra. Canto máis ancha é a fonte de luz, máis difuminada ou borrosa será a sombra.
Se hai múltiples fontes luminosas, haberá múltiples sombras, coas partes solapadas máis escuras, ou cunha combinación decores. Cando unha persoa ou un obxecto está en contacto coa superficie, como unha persoa sentada no chan ou unposte cravado, as sombras converxen ao momento de contacto.
Se só existe unha fonte de luz, as sombras guindadas por aquela serán sempre grises, sexa cal for a cor da fonte. En cambio, se existen dúas fontes de luz de distintas cores, por exemplo vermello e azul, as sombras proxectadas por cada unha delas serán da cor da outra fonte de luz, e só a intersección de ambas as dúas sombras será gris. É dicir, a sombra da luz vermella será azul, pois está iluminada pola fonte azul, e viceversa. No caso de que existan máis fontes de luz, cada sombra será da cor resultante da adición das fontes que aínda iluminan esa zona, permanecendo en gris as zonas onde intersecten as sombras de todas as fontes luminosas.
Unha sombra proxectada polaTerra sobre aLúa é unhaeclipse lunar. Polo lado contrario, unha sombra proxectada pola Lúa sobre a Terra é unhaeclipse solar.
Nasimaxes por satélite efotografías aéreas, tomadas verticalmente, pódense recoñecer os edificios altos polas súas sombras igualmente longas (sempre que as fotografías non se tomen nostrópicos aomediodía), o que tamén amosa mellor a forma dos devanditos edificios. Unha utilización soada das sombras é a que realizouTales de Mileto para medir calcular a altura daspirámides, empregando o seu famosoTeorema.
Unha sombra amosa, distorsión á parte, a mesma figura que a silueta dun obxecto visto dende o punto de vista da fonte de luz, de alí aimaxe especular da silueta vista dende o outro lado (ver imaxe).
O termosombra tamén se emprega con respecto a outros conceptos ademais da luz, para referirnos á zona onde non se produce o efecto de calquera magnitude como pode ser a luz.
Na novelaPeter Pan o protagonista perde a súa sombra: despréndeselle cando chimpa pola xanela e esta péchase de súpeto tras del. Gárdana nun caixón e logo Wendy vólvella coser.
En moitos xogos fantásticos, identifícase a sombra xeralmente como a fonte das artes escuras e a maxia negra. Dise, sobre todo neste xénero, que as sombras son asalmas desviadas de xente que perdeu a vida tráxicamente ou que non foron aceptadas noceo nin noinferno. Con todo outras crenzas din que as sombras non fan máis que reflectir o yang da persoa e en ocasións se a persoa non é pura (bondadosa) reflicten o seu yin (a parte da persoa que permanece oprimida, a súa outra esencia); por iso creuse que son a outra parte da persoa xa que a sombra non sempre significa maldade así como a luz non sempre debe significar bondade (no que fallan moitas veces as persoas).
Na novelaJack of Shadows deRoger Zelazny, o protagonista ten unha habilidade única para manipular maxicamente as sombras.
Na serie deNovelas de Ámbar, tamén de Zelazny, a sombra é unha substancia metafísica na que poden existir todos os universos posibles, se unha persoa que cumpra certos criterios desexa viaxar a eles.
Na serie de Manga e AnimeOne Piece durante a saga de Thriller Bark aparece un inimigo, o Shichibukai Gecko Moria, quen é quen de arrebatar (literalmente cortándoas) as sombras da xente e con elas insuflar vida a cadáveres.
Ademais, ao arrebatar a sombra dun corpo, leste quedaba inconsciente un tempo e non podía ser exposto á luz directa do sol, non eran quen de reflectirse nos espellos e por suposto non tiñan sombra.