Este artigo amosaletras árabes. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Somalia[1][2] (somalí: Soomaaliya,árabe: الصومال, As-Sumal) é un paísafricano doCorno de África, limitado ao norte porDjibuti e poloGolfo de Adén, do outro lado do cal se atopa oIemen, ao leste e ao sur poloocéano Índico, por onde fai fronteira cun arquipélago iemení dominado pola illa deSocotorá e ao oeste porKenya e porEtiopía. A súa capital éMogadixo. Somalia é un dos poucos países africanos lingüisticamente homoxéneo, no que case toda a poboación fala soamente unha lingua, osomalí.[3]
AGuerra Civil de Somalia, aínda que intermitente, ten sido unha constante desde1977. No1991, a rexión norte do país declarou a súa independencia (Somalilandia), a pesar da súa relativa estabilidade, en comparación coa tumultuosa rexión sur, non foi recoñecida como estado independente por ningún goberno estranxeiro.
No1993 iniciouse, primeiramente no sur, unha acción humanitaria daONU que conseguiu diminuír a fame no país, con todo, a ONU acabou por retirarse o3 de marzo do1995, despois de sufrir baixas significativas.
En1998 rexistráronse outras dúas escisións no país, e unha cuarta no1999, todas elas de contornos pouco claros. A última escisión conduciu á autonomía da Somalia do suroeste, porén dada a difícil situación no que atinxe ás fronteiras da Somalia cómpre ponderar un pouco antes de atribuír este título.
O26 de decembro do2004, unha das catástrofes naturais máis devastadoras da historia contemporánea, o tsunami que varreu os países do suroeste Asiático, tamén afectou a Somalia, destruíndo poboacións e, segundo as estimativas, causando a morte a preto de 300 persoas.
Somalia, o país máis oriental deÁfrica, ocupa unha área de 637.540 km². Sitúase na punta dunha rexión coñecida habitualmente como o Corno de África, debido ao seu parecido no mapa cun corno derinoceronte, da que tamén forman parteEtiopía eDjibuti.
O territorio somalí está composto principalmente de chairas, mesetas e terras elevadas. No norte, no entanto, as montañas Karkaar sitúanse a distancia variable doGolfo de Adén. O tempo é cálido durante todo o ano con veráns inclementes, agás nos territorios de maior altitude do norte do país. A pesar de localizarse no ecuador terrestre a chuvia no país é rara, e a maior parte de Somalia atópase en terreo árido ou semiárido, adecuado tan só para o pastoreo nómade que practica máis da metade da poboación. Só nunhas áreas de choivas moderadas, no noroeste e suroeste, onde se atopan os dous ríos importantes do país, practícase unha agricultura de certa importancia.
A xeoloxía local suxire a presenza de valiosos xacementos minerais. A longa costa de Somalia (3.025 quilómetros) tivo importancia histórica, debido a que permitía o comercio do Oriente Próximo coa África Oriental e actualmente como camiño de paso obrigado cara acanle de Suez.
A Somalia ten unha economía de mercado. É un dos países máis pobres do planeta, con relativamente poucos recursos naturais.
A maior parte da economía foi devastada na guerra civil. A agricultura é o sector máis importante, coa cría de gando respondendo por case 40% do PIB e por 65% das exportacións. Gran parte da súa poboación que vive da cría de gando é nómade ou seminómade. A banana é outro importante produto de exportación. O azucre, o sorgo, o millo e os peixes prodúcense só para o mercado interno.
O pequeno sector industrial baséase no procesamento de produtos agrícolas, e responde por 10% do PIB. Moitas industrias fecharon por causa da guerra civil
↑López Martínez,María Cruz (2005).Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445.ISBN9788482893419.
↑Wolfger, Thomas Maximilian (25 do novembro de 2021). "The development of the national language of Somalia Through which processes did Somali develop into it?".Journal of Central and Eastern European African Studies.