Enastronomía, osolsticio é o momento en que oSol, durante o seumovemento aparente naesfera celeste, alcanza o seu maior afastamento, enlatitude, doecuador. Os solsticios ocorren dúas veces por ano: o 21 ou 22 de decembro e o 21 ou 22 de xuño. O nome provén dolatínsolstitium (sol sistere ou sol quieto).
Os solsticios son aqueles momentos do ano nos que o Sol atinxe a súa máxima posición meridional ou boreal. No solsticio de verán do hemisferio Norte o Sol atinxe océnit ao mediodía sobre oTrópico de Cáncer e no solsticio de inverno atinxe o cénit ao mediodía sobre oTrópico de Capricornio. As datas dosolsticio de inverno e dosolsticio de verán están cambiadas para ambos os hemisferios.
Ao longo do ano a posición do Sol visto desde a Terra móvese para o Norte e o Sur. Os solsticios son os momentos do ano nos que a posición do Sol sobre a esfera celeste atinxe as súas posicións máis boreais ou austrais. Os solsticios son os dous puntos da esfera celeste nos que oSol atinxe a súa máxima declinación norte ( + 23º 26') e a súa máxima declinación sur (-23º 26') con respecto ao ecuador celeste.
A existencia dos solsticios está provocada polainclinación axial do eixo da Terra. Nos solsticios a lonxitude do día e a altura do Sol ao mediodía son máximas (no solsticio de verán) e mínimas (no solsticio de inverno) comparadas con calquera outro día do ano. Na maioría das culturas antigas celebrábanse festivais conmemorativos dos solsticios.
NoPolo Norte o sol circula o ceo a unha altitude constante de 23°.
NoCírculo polar ártico o centro do Sol soamente toca o horizonte do norte sen se pór. O solculmina ao Sur, onde atinxe a súa altitude máxima de 47°. É o único día en que o sol se mantén sobre o horizonte por 24 horas.
NoTrópico de Cáncer o sol sae 26° norte do leste. Culmina aocénit, e ponse 26° norte do oeste. O sol está sobre o horizonte por 13,4 horas.
Noecuador o sol sae 23° norte do leste. Culmina ao norte, onde atinxe a súa altitude máxima de 67°. Ponse 23° norte do oeste. O sol está sobre o horizonte por 12 horas.
NoTrópico de Capricornio o sol sae 26° norte do leste. Culmina ao norte, onde atinxe a súa altitude máxima de 43°. Ponse 26° norte do oeste. O sol está sobre o horizonte por 10,6 horas.
NoCírculo Polar Antártico o centro do Sol soamente toca o horizonte do norte sen saír. É o único día en que o sol se mantén abaixo do horizonte por 24 horas.
NoPolo Sur o sol nunca sae, sempre manténdose 23° abaixo do horizonte.
NoPolo Norte o sol nunca sae, sempre manténdose 23° abaixo do horizonte.
NoCírculo polar ártico o centro do Sol soamente toca o horizonte do Sur sen saír. É o único día en que o sol se mantén abaixo do horizonte por 24 horas.
NoTrópico de Cáncer o sol sae 26° sur do leste. Culmina ao Sur, onde atinxe a súa altitude máxima de 43°. Ponse 26° sur do oeste. O sol está sobre o horizonte por 10,6 horas.
Noecuador o sol sae 23° sur do leste. Culmina ao sur, onde atinxe a súa altitude máxima de 67°. Ponse 23° sur do oeste. O sol está sobre o horizonte por 12 horas.
NoTrópico de Capricornio o sol sae 26° sur do leste. Culmina ao cénit, e ponse 26° Sur do Oeste. O sol está sobre o horizonte por 13,4 horas.
NoCírculo Polar Antártico o centro do Sol soamente toca o horizonte do Sur sen se pór. O sol culmina ao Norte, onde atinxe a súa altitude máxima de 47°. É o único día en que o sol se mantén sobre o horizonte por 24 horas.
NoPolo Sur o sol circula o ceo a unha altitude constante de 23°.