Soleidos Soleidae Linguados, lirpas e acedías Rango fósil:paleoceno -actualidade[1] | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Linguado (Solea solea) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dossoleidos (Soleidae) é unhafamilia depeixesteleósteos daorde dospleuronectiformes que comprende máis dun cento deespecies coñecidas na bibliografía internacional comolinguados verdadeiros e, en galego, comolinguados,lirpas eacedías.
Os linguados habitan sobre fondosareosos preto das costasmariñas e tamén en cursos deauga doce. As especies deaugas salobres esalgadas viven noAtlántico oriental, noÍndico e noPacífico occidental e central. As de auga doce encóntranse enÁfrica, o sur deAsia,Nova Guinea eAustralia.
No pasado, os linguados dasAméricas (tanto os de auga salgada coma doce) incluíronse nesta familia, pero hoxe foron separados para formar a súa propia, a dosaquíridos (Achiridae) oulinguados americanos. O único linguado verdadeiro que habita nesta zona é especie éAseraggodes herrei, dasGalápagos (e que tamén vive nasillas Cocos, no Índico).[3]
Aínda que a maioría das especies viven preto da costa, un linguado que se asemellaba a un pequenohalibut foi observado polobatiscafo Trieste na parte inferior dafosa dasMarianas, a uns 11 km de profundidade.[4] Porén, esta observación foi cuestionada por expertos en peixes, e as autoridades non a recoñecen como válida.[5]
Depredadores, alimentándose decrustáceos e outrosinvertebrados. Ao naceren presentansimetría bilateral, e durante o seu desenviolvemento ambos osollos desprázanse ao lado dereito dacabeza. Viven a maior parte do tempo co lado cego recostado sobre o leito acuático.
De cores escuras, a súa delgadeza e quietude sobre o fondo fai deles unhapresa difícil para outros depredadores.
Son moi apreciados engastronomía pola súa carne branca e fina, de sabor delicado. Entre as especies máis consumidas e apreciadas destaca olinguado común, ou linguado propiamente dito,[6]Solea solea.
Onome científico da familia,Soleidae, fórmase, como é habitual, sobre a raíz do nome do xénero tipo,Solea, engadíndolle a desinencia-´idae empregada para formar os nomes das familias de animais. Pola súa parte,Solea vén do termolatinosolea, que era o nome que lle daban os romanos a unha certa especie de linguado, debido ao seu aspecto que recordaba a sola dunha sandalia (en latín clásico,solea, -ae).[7]
O seucorpo é alongado, coacabeza tamén longa e os ollos, como quedou dito, situados no lado dereito o corpo.[8]
Caracterízanse por ter o corpo comprimido lateralmente e porque, ao viviren acostados sobre un dos seus lados nosfondos areosos, sofren unha modificación que consiste na migración dunollo ao outro lado (o dereito), de tal modo que presentan un lado cego, non pigmentado, que é o que se pousa no fondo, e outro cos dous ollos, pigmentado, que é o que aparece como superior (aínda que realmente sexa un dos costados do peixe).[9]
O extremo frontal do corpo e a cabeza son arredondados. A mandíbula superior é protráctil. A parte posterior do opérculo frontal está cuberta por pel. As narinas e as mandíbulas da acra cega están rodeadas por pequenas papilas sensitivas en forma de filamentos.[10]
SegundoFishBase, a familia comprende 30xéneros cun total dunhas 180 especies. Os xéneros son:[11]
Porén, outros sistemas de clasificación admiten máis (WoRMS, 32)[2] ou menos (SIIT, 29) xéneros.[12]
EnGalicia, nas últimas décadas, están cultivándose con grande éxito algunhas especies de linguados, non só o autóctono,Solea solea, senón tamén a especieSolea senegalensis.[13]
En palabras do director doCentro Tecnológico Galego de Acuicultura (CETGA), "O linguado é a especie de maior potencial de todas as que se están investigando, sen dúbida, e a gran aposta da industria acuícola".[14]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soleidos![]() |