Adoita acadar até os 70 cm de lonxitude e até os 3 kg de peso, como máximo. A forma do seucorpo é ovoidal, alongada e aplanada por ambos os lados. Déitase nos fondos sobre o seu lado esquerdo. Durante a súa fase inicial de desenvolvemento, o seuollo esquerdo comeza a virar cara ao seu lado dereito. Todo o seu corpo está protexido por pequenasescamasctenoides, e é de cor marrón verdosa, aínda que poden alterar a súa cor para mimetizarse co leito onde se atopa a fin de cazar mellor. O lado esquerdo, que se atopa en contacto co fondo, é de cor branca.
A súaboca disponse en forma oblicua, con beizos protráctiles, e está provista de agudosdentes que concentran nun só dos bordos de ambos os maxilares. Cazador por excelencia, aliméntase de pequenospeixes,crustáceos einvertebradosbentónicos.
Reprodúcese durante aprimavera. Afemia deposita miles deóvulos no leito e o macho osfecunda. A femia pode pór entre dous e tres millóns de óvulos ao ano. Unha vez fecundado, oovo,peláxico, flota na superficie, pero a medida que se van desenvolvendo os individuos, e despois da súametamorfose para se coneverteren enpeixes planos,migran cara ao fondo. As crías (larvas) nacen aos quince días da desova, e son peláxicas durante catro a seis semanas.
É un peixe de grande importacia comercial, sendo obxecto de activapesca, e a súa carne é moi apreciada. Canda orodaballo, é un dos peixes máis famosos nagastronomía deGalicia e doutras partes deEuropa.
Onome específicosolea, que lle aplicou Linneo á especie, vén do termolatinosolea, que era o nome que lle daban os romanos a unha certa especie de linguado, debido ao seu aspecto que recordaba a sola dunha sandalia (en latín clásico,solea, -ae).[7]
Posteriormente, Quensel adoptouno para o xénero que el creara.
O seucorpo é ovalado e longo,[4][5] e pode alcanzar até os 70 cm de lonxitude,[5][8] aínda que os espécimes apañados adoitan medir entre os 30 e os 50 cm.[4][5][9][10] O seu peso máximo rexistrado foi de 3 kg.[9] Osmachos son algo máis pequemos que asfemias.[10]
Nacabeza cómpre destacar o seufociño, arredondado e prominente, e os seusollos, que están moi xuntos, o superior bastante afastado do bordo da cabeza.[5] A abertudabucal, pequena e curvada, está situada no lado cego.[4][5][10]
Aaleta dorsal orixínase da vertical que pasa pola base dotubo nasal anterior, é dicir, moi por diante doollo superior. As aletas dorsal eanal case se unen coacaudal, deixando tan só un pequeno e estreitopedúnculo caudal. Aaleta pectoral do lado pigmentado é arredondada, e presenta unha característica mancha escura, case negra, máis ou menos circular, na súa metade distal; a aleta pectoral do lado cego é algo menor que a pectoral. Aaleta cuadal é pequena e arredondada.[5]
A aleta dorsal está sustentada por de 73 a 86 raios, e a anal, por de 61 a 74 raios.[5][11]
Acoloración do lado pigmentado é apardazada, agrisada ou avermellada, con manchas irregulares máis escuras.[4][5][11] A do lado cego é abrancazada.
É un peixe que vive en augasmariñas esalobres,demersal,oceanódromo,[12] a profundidades de entre os 0 e os 150 m,[13] aínda que usualmente entre os 10 e os 60 m,[5][14] case sempre sobre fondos lamacentos e areosos,[4][5] se ben en invernomigra cara a maiores profundidades, de entre os 70 e os 180 m.[4] Prefire as augassubtropicais, a temperaturas de entre os 8 °C e os 24 °C.[15]
Os linguados alcanzan a madurez sexual entre os 3 e os 5 anos, cando miden entre 25 e 35 cm.[10] Adesova prodúcese principalmente durante os meses de febreiro a maio (por exemplo, fronte áscostas deGalicia);[11] entre abril e xuño no sur domar do Norte e nalgúns lugares doSkagerrak e oKattegat, entre maio e xuño nas costas deIrlanda e do sur deInglaterra e, en febreiro, en zonas máis cálidas, como noMediterráneo. A desova ten lugar en augas pouco profundas, entre os 20 e 50 m de profundidade, e a temperaturas entre os 6 e os 12 °C.[10]
Durante asmigracións para a desova, os linguados encóntranse con frecuencia au augaspeláxicas (de aí que se culifiquen como peixesoceanódromos). Asfemias producen entre os 100.000 e os 150.000óvulos, de 3 a 4 mm de diámetro, que tras serenfecundados vagan libremente nas augas. Ao cabo duns 10 días eclosionan osovos, dando lugar alarvass, así mesmo peláxicas, que minden 3,5 mm.[10]
As larvas sofren ametamorfose para convertérense enpeixes planos despois dunhas de 4 a seis semanas, cando miden entre 12 e 14 mm e, daquela, os peixiños xuvenís descenden cara ao fondo, en mares costeiros de augas pouco profundas. Os maresdo Norte e deWadden son as zonas de cría máis importantes. En inverno desprázanse cara a augas máis profundas e deixan de alimentarse.[10]
Lonxevidade
A idade máxima rexistrada para a especie foi de 26 anos.[18]
Ademais da pesca, nos últimos anos está incrementándose en gran medida enGalicia e noutras partes deEspaña, o cultivo do linguado común, e mais dolinguado do Senegal ou linguado branco. (Véxanse as ligazóns externas).
Ademais do nome "oficial" daRAG,inguado, ou delinguado común que lle dan moitos autores para distiguilo doutroslinguados, a profesora e lingüistaRíos Panisse, na súa monumental obraNomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia, recolle paraSolea solea os seguintes nomes vernáculos:[21]
Ogastrónomo galegoJorge Víctor Sueiro opinaba que os andaluces queríano convencer de que os linguados do sur eran mellores que os galaicos,[22] pero que:
Non podo deixar de poñer á par de (...) eles e en ocasións moi por riba a eses fermosos e rotundos linguados que se dan nas costas galegas e que frecuentemente pesan máis dun quilo. Fillos de mares broncos e batidos, a dureza da súa propia vida incorpórase á consistencia da súa carne e a especial alimentación mariña da zona noroeste —que é a clave recoñecida da calidade de tódolos produtos daqueles mares— sitúaos nuns vértices de sabor incomparables.[22]
Para este autor, o linguado hai que excluílo dacaldeirada e, para o seu gusto, como mellor está é frito, á grella ou ao forno.[22]
O linguado é unha especie apreciadísima en toda a xeografía peninsular, que alcanza cotas de calidade suprema en dous cantos específicos do noso litoral: as costas galegas e o Golfo de Cádiz. Os linguados de Galicia, fillos de mares broncos e batidos, caracterízanse pola dureza da súa carne, fiel reflexo do medio no que se desenvolven. Pola contra, os seus conxéneres gaditanos e onubenses, xelatinosos e de suave padal, denotan unha finura e unha delicadeza no tacto acorde coas augas máis temperadas e tranquilas do mesmo Océano Atlántico, mil quilómetros ó Sur.(...) Desde o punto de vista gastronómico convén non olvidar que o mellor linguado non é o máis grande, senón o que, como máximo, alcanza vinte e cinco ou trinta centímetros. En calquera caso, o seu sabor é moito máis fino cando se captura antes de desovar.(...) A cociña do linguado é tan extensa e variada que algúns recetarios alén das nosas fronteiras superan o cento de fórmulas de condimentación. En peza, en filetes, ó forno, escalfado nun caldo curto, ou ó vapor, a ampulosidade e refinamiento da cociña francesa ofrece preparacións tan sofisticadas como á «duglère», á «bercy», á borgoñesa, en «vol-au-vent»..., fórmulas todas elas pasadas de moda para aqueles que se deleitan cos produtos do mar. Porque, para gozar dun linguado, sen enmascarar o seu sabor, existen só tres fórmulas maxistrais: en fritura, se a peza é pequena; á prancha ou ó sal, se alcanza superior tamaño22.
Pola súa parte, xa no ano1929, o famoso periodista galegoJulio Camba escribía:[24]
O meu amor pasional pola sardiña, cuxa miseria recoñezo á vez que a súa grandeza, non bastaría, nin con moito, a facerme desprezar o linguado. O linguado é, quizais, o mellor de tódolos pescados do mar, pero ¡desconfiade das imitacións! Non é que eu comparta a opinión dun meu amigo, que sostén que na Coruña hai unhas máquinas apisonadoras coas que converten en linguados a tódolos peixes. Non. A falsificación faise no fondo mesmo do mar, loncxe de toda mirada humana, e a propia Natureza é quen nos dá o cambiazo. Visto o éxito enorme obtido polo saboroso acantopterixio, unha cantidade de peixes insignificantes adoptaron a forma extraplana, e cando o pescador bota a rede para pescar linguados, non é estraño que as sollas, os rapantes, etc., se metan fraudulentamente nela a ver se pasan de polisóns. ¿Quen non ten imitadores neste mundo, irmán linguado? O linguado préstase a preparacións exquisitas. En calquera libro de cociña encontrará vostede, amigo lector, as recetas do linguado Marenguery, do linguado Joinville, do linguado Mornay, etc.; pero, por razóns que expoño noutra parte, non lle aconsellarei a vostede que ensaie ningunha delas. Nada diso. Colla vostede o seu linguado, un bo linguado dun quilo, cen gramos máis ou cen gramos menos, pero non moitos menos.(...) Rebóceo vostede cunha pouca farina —supoño, naturalmente, que o seu linguado xa está limpo— e fríao vostede en aceite: bo aceite e moito aceite. Teña vostede en conta que cando se trata de fritir, a cantidade de aceite é unha das súas cualidades.(...) ¡Se en España se coñecese a arte da «grellada»!... Cando en Londres ou en París eu me atopaba cun bo linguado de Dover ou de Dieppe, solicitaba desprezar as habilidades do cociñeiro, por bo que fose, e dispoñía simplemente que me asaran o linguado á grella; pero a grellada, que parece o máis primitivo dos procedementos culinarios, é hoxe un dos máis difíciles.
Receitas galegas
Unha boa colección de receitas galegas (e doutros países) para preparar este exquisito peixe, pódense encontrar en:
↑Linnaeus, C. (1758):Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, 824 pp.
↑Quéro, J.-C.; M. Desoutter & F. Lagardère (1986): "Soleidae". p. 1308-1324. En P. J. P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen & E. Tortonese, eds.Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean. Vol. 3. Paris:UNESCO.
↑9,09,1Bristow, P. (1992):The illustrated encyclopedia of fishes. London: Chancellor Press.
↑Riede, K. (2004):Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Germany.
↑Muus, B. J. & J. G. Nielsen (1999):Sea fish. Scandinavian Fishing Year Book, Hedehusene, Denmark.
↑Muus, B. J. & P. Dahlstrøm (1989):Havfisk og Fiskeri i Nordvesteuropa. København: GEC Gads Forlag.
↑Moreira, F.; C. A. Assis, P. R. Almeida, J. L. Costa & M. J. Costa (1992): "Trophic relationships in the community of the Upper Tagus Estuary (Portugal: a preliminary approach)".Estuar. Coast. Shelf-Sci.34: 617-623.
↑FAO-FIGIS (2005):A world overview of species of interest to fisheries. Capítulo:Solea solea. FIGIS Species Fact Sheets. Species Identification and Data Programme-SIDP,FAO-FIGIS.
↑Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049. En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds.Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT / Paris: SEI e UNESCO. Vol. 2.
↑Deniel, C. (1990): "Comparative study of growth of flatfishes on the west coast of Brittany".J. Fish Biol.37 (1): 149-166.
↑19,019,1Frimodt, C. (1995):Multilingual illustrated guide to the world's commercial coldwater fish. Fishing News Books, Osney Mead, Oxford, England.
↑Hai unha reedición facsímile de 1982 deditada en O Castro-Sada, polo Seminario de Estudos Galegos.
↑Ríos Panisse, Mª del Carmen (1977):Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galici. I. Invertebrados y peces. Santiago de Compostela: Verba, Anejo 7. Universidad de Santiago de Compostela,ISBN 84-7191-008-X, p. 431.
↑Capel, José Carlos (1982):Manual del pescado. Madrid: Penthalon Ediciones.ISBN 84-85337-70-0, pp. 224-226.
↑Camba, Julio (1961): "El lenguado", enLa casa de Lúculo. Madrid: Espasa-Calpe. Colección Austral, nº 343, sexta edición, pp. 108-110. Hai unha nova reedicón publicada en 2010 pola editorial Reino de Cordelia, S. A.ISBN 978-84-936929-7-1.
Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000):Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal.ISBN 84-453-2913-8.
Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998):Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega.ISBN 84-282-1161-2.
Nelson, Joseph S. (2006):Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc.ISBN 0-471-25031-7.
Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983):Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia.ISBN 84-7154-433-4.
Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995):Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.ISBN 84-7507-870-2.
Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988):Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV.ISBN 84-7492-370-0.
van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J.et al., eds.:European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels,50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle.ISBN 2-85653-538-0.