Soiuz TM-9 | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 11 de febreiro de 1990, 6:16GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 179,05 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coaMir.[2][6] |
Regreso | 9 de agosto de 1990[1][6] |
NSSDC ID | 1990-014A |
Masa | 7150,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-9 foi unha misión espacial tripuladasoviética lanzada o11 de febreiro de1990 mediante un fogueteSoiuz U2 desde ocosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz TM-9, unha Soiuz modeloTM coscosmonautasBalandin eAnatoli Soloviev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coaestación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. A tripulación tamén se viu obrigada a facer douspaseos espaciais tras descubrir que tres das oito mantas térmicas que recubrían o módulo de descenso da súa Soiuz estaban soltas, poñendo en perigo o control térmico da nave e existindo risco de que bloquearan sensores necesarios para a reentrada.[2][3][4][5]
Durante a súa misión recibiron a visita daProgress M-3, aProgress 42, o novo móduloKristall para a estación e aSoiuz TM-10.[2][3][4][5]
A Soiuz TM-9 regresou a terra o 9 de agosto de 1990 ás 7:35GMT, aterrando a 70 km deArkalyk (Kazakhstán).[2][3][4][5]