Soiuz 11 | |
---|---|
![]() Tripulación da Soiuz 11. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 6 de xuño de 1971, 4:55GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 23,77 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coaestación espacialSaliut 1.[2][6] |
Regreso | 29 de xuño de 1971[1][6] |
NSSDC ID | 1971-053A |
Masa | 6565,0 kg[2][5][6] |
Soiuz 11 foi o nome da segunda misión espacial tripulada enviada cara aestación espacialSaliut 1. Foi lanzada o6 de xuño de1971 mediante un fogueteSoiuz 11A511 desde ocosmódromo de Baikonur e tras unha misión exitosa os trescosmonautas morreron durante areentrada atmosférica.[2][3][5]
A misión de Soiuz 11 foi acoplarse coa primeira estación espacial da Historia, a Saliut 1, despois do intento errado daSoiuz 10. A bordo da cápsula ían o comandanteGeorgi Dobrovolski, oenxeñeiro de vooVladislav Volkov e o enxeñeiro de investigaciónViktor Patsaiev. A que era a tripulación de reserva pasou a ser a principal despois da indisposición de Kubasov, membro da primeira tripulación, xunto con Kolodin e Leonov. A nave era unhaSoiuz 7KT-OK.[2][3][4][5]
Despois do lanzamento a Soiuz 11 manobrou durante o primeiro día de voo para igualar a súaórbita coa da Saliut 1. Os controis automáticos para o acoplamento foron activados a unha distancia de entre 6 e 7 km da Saliut. O sistemaIgla levou ambas naves a uns 100 m de distancia, momento no cal os cosmonautas tomaron o control. O acoplamento en si durou algo máis de tres horas, dende o contacto físico, o aseguramento das conexións mecánicas, hidráulicas e eléctricas até o igualamento depresión entre as naves. Rematadas as manobras, a tripulación pasou ao interior da estación. O primeiro en entrar, Patsaiev, informou de olor a queimado e incomodidade na atmosfera da estación. A atmosfera tardou 20 horas en ser reciclada e limpada, polo que os cosmonautas pasaron a primeira noite na Soiuz.[2][3][4][5]
A estación dispoñía, entre outros, duntelescopio (que non funcionaba debido a que o seu cobertor non foi exectado despois de entrar en órbita), unespectrómetro, unelectrofotómetro e cámaras detelevisión. Durante a estancia tivo lugar un pequenoincendio que a tripulación logrou controlar.
Alén diso, déronse outros pequenos incidentes e incomodidades, así como o feito de que a tripulación non puido seguir o plan de exercicio físico necesario para manterse en forma en gravidade cero. Ante isto, o control de terra decidiu que os cosmonautas regresaran aos 22 días de misión en lugar de aos 30 planeados, durante os cales fixeron diversosexperimentos e probas.[2][3][4][5]
O 29 de xuño a tripulación cargou os diversos espécimes con que fixeron experimentos, as películas fotográficas, as cintas e o resto do material na cápsula Soiuz e subiron a bordo para abandonar a estación. A reentrada foi normal, aínda que a comunicación coa tripulación non se deu restablecido. A aterraxe foi levada a cabo polos sistemas automáticos. Cando o equipo de rescate chegou ata a cápsula atopou os tres cosmonautas mortos nos seus asentos. A investigación posterior revelou que morreron durante a reentrada porembolia pulmonar debida á descompresión a grande altura producida por un escape de aire na cápsula a través dunha válvula aberta por accidente durante a separación entre a cápsula e o módulo orbital. A válvula debía abrirse aos 4 km de altura e non pouco antes da reentrada. Os cosmonautas non levaban ningún tipo de traxe de presión, polo que faleceron en segundos.
En misións posteriores fíxose obrigatorio o uso de traxes durante a reentrada.[2][3][4][5]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz 11 |