Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Soiuz (nave)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Soiuz.
Soiuz 19 en órbita vista dende o Apollo ASTP
Soiuz TMA-6 achegándose áEstación Espacial Internacional en 2005

Anave espacial Soiuz (enruso:Союз, "unión") é un modelo denave espacial tripulable que forma parte doprograma espacial Soiuz daUnión Soviética. A nave Soiuz pode levar unha tripulación de ata tres membros e lánzase polovehículo de lanzamento Soiuz. Este vehículo de lanzamento foi empregado para enviar ao espazo varias misións externas ao programa Soiuz, incluíndo misións científicas daAxencia Espacial Europea (ESA) como a sondaMars Express.

O programa Soiuz foi creado porSergei Koroliov, deseñador principal do programa espacial soviético durante a carreira espacial. No seu primeiro voo tripulado,Soiuz 1 (abril de 1967), a nave estrelouse contra o chan despois da reentrada, falecendo o seu único tripulante,Vladimir Komarov. Serviu para transportar tripulacións ásestacións espaciais Saliut,Mir eISS. A Soiuz foi deseñada tamén para misións tripuladas áLúa no marco dos programasZond eN1/L3.

Dende 1980 emprégase un modelo perfeccionado chamadoSoiuz T e dende 1986 o modeloSoiuz TM, deseñado inicialmente durante a construción e utilización da estación espacialMir. En 2002 foi introducida a varianteSoiuz TMA, empregada porRusia para transportar astronautas ata aISS, servindo ademais como vehículo de emerxencia para a estación. En 2010 introduciuse unha nova variante, aSoiuz TMA-M.

A Soiuz foi empregada como base para o deseño da familia de naves automáticasProgress.

O foguete Soiuz ou R-7 é o máis lonxevo, máis adaptable e con máis éxito da historia daastronáutica; proba disto é o seu índice de confiabilidade do 97,5% en máis de 1700 lanzamentos dende a súa creación.[1]

Os rusos deseñaron o modelo máis novo, ofoguete Soiuz 2, que tivo o seu primeiro lanzamento o 8 de novembro de 2004, e a posta en órbita dun satélite o 27 de decembro de 2006.

Deseño

[editar |editar a fonte]

O deseño básico da Soiuz permaneceu sen alteración dende os anos sesenta. O vehículo consiste en tres partes:

  • Módulo orbital (en ruso,бытовой отсек, БО): ten unha forma case esférica e sitúase na parte dianteira do vehículo. Contén a maior parte do equipo preciso para a supervivencia da tripulación ata o seu regreso á Terra ou acoplamento a unhaestación espacial. Na maior parte das misións ía equipado cun sistema de acoplamento. O módulo orbital abandónase no espazo xusto antes da reentrada e destrúese na atmosfera.
  • Cápsula da tripulación (en ruso,спускаемый аппарат, СА): é a única parte do vehículo que regresa á Terra, polo que vai equipada cun escudo térmico e dous paracaídas, un primario e outro de emerxencia. Ten forma de campá e no seu interior poden ir ata tres tripulantes equipados con traxes de presión Sokol (dende a misiónSoiuz 11, en 1971). Durante a aterraxe, o escudo térmico despréndese para poder empregar unha serie de retrofoguetes de combustible sólido situados na base da cápsula que frean o impacto co chan.
  • Módulo de servizo (en ruso,приборно-агрегатный отсек, ПАО): con forma cilíndrica, é a sección onde se localizan os motores orbitais, os tanques de combustible (ácido nítrico ehidracina) e outros equipamentos. Tras frear a nave para volver á Terra, sepárase da cápsula e é destruído na atmosfera.

Características técnicas (Soiuz TMA)

[editar |editar a fonte]
  • Masa: 7200 kg
  • Lonxitude: 6,98 m
  • Diámetro: 2,2-2,72 m
  • Envergadura (con paneis solares): 10,7 m
  • Tripulación: 3 persoas
  • Capacidade de permanencia no espazo: seis meses (acoplada a unhaestación espacial) ou 14 días de voo autónomo

Partes

[editar |editar a fonte]

Módulo orbital (A)

[editar |editar a fonte]
  • 1 Mecanismo de acoplamento
  • 2, 4 Antena radar Kurs de encontro
  • 3 Antena de transmisión de televisión
  • 5 Cámara
  • 6 Trapela

Módulo de descenso (B)

[editar |editar a fonte]
  • 7 Compartimento de paracaídas
  • 8 Periscopio
  • 9 Portela
  • 11 Escudo térmico

Módulo de servizo (C)

[editar |editar a fonte]
  • 10, 18 Motores decontrol de actitude
  • 12 Sensores de terra
  • 13 Sensor solar
  • 14 Punto de fixación do panel solar
  • 15 Sensor térmico
  • 16 Antena Kurs
  • 17 Propulsión principal
  • 19 Antena de comunicación
  • 20 Depósito de combustible
  • 21 Tanque de osíxeno

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Dondo, Rodolfo (2 de marzo de 2007)."Soyuz-2: Los Zemiorka del Siglo XXI".Espacial.org(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 6 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  SoiuzModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Soiuz_(nave)&oldid=6524592»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp