![]() | Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde novembro de 2015.) |
Asoidade é un termo que se emprega para indicar o estado no que unindividuo se atopa só, sen o acompañamento doutras persoas ou seres vivos. Esta situación pode xurdir de diferentes maneiras, xa sexa por decisión do propio suxeito, polo illamento imposto dasociedade ou mesmo pola presenza dalgunhaenfermidade que o obrigue a permanecer illado.
Aínda que atoparse neste estado durante longos períodos de tempo pode afectar de maneira negativa á maioría de persoas dificultando a súa capacidade de establecer relacións cos demais e mesmo podendo chegar a causarllesdepresión, o certo é que existen algunhas minorías ás que a soidade non parece desgustarlle. Nestes grupos podemos destacar osmonxes, que ven nela unha forma de iluminación espiritual e de acercamento aDeus, sen as tentacións do mundo terreal. Tamén son propensos á soidade algúnsfilósofos, que a ven como unha maneira de acadar a excelencia e de escapar dunha sociedade decadente, feito que declarou[1] o aclamado filósofoArthur Schopenhauer. Non faltan tampouco ospsicólogos, moitos dos cales recomendan a soidade como unha maneira de descubrir quen somos e que queremos.
Entre as soidades que un individuo pode buscar pola súa propia vontade, é importante distinguir entre a soidade física e a mental[2]. As persoas poden buscar a soidade física (é dicir, afastarse doutras persoas) para eliminar distraccións e concentrarse ou meditar máis facilmente. Con todo, individuos adestrados na soidade como o son os monxesbudistas, poden chegar a altos niveis de concentración independentemente de onde se atopen (pois ignoran todo ao seu redor) sendo isto denominado soidade mental.
Por outra parte, a soidade imposta pola sociedade pode causar todo tipo de problemas para o individuo, tales comoansiedade, distorsións espazo-temporais, depresión ou mesmoalucinacións. A universidade McGill enMontreal,Canadá, realizou un experimento[3] no que illou varias persoas (que elixiran participar voluntariamente) en pequenas habitacións durante uns días e todas padeceron ossíntomas mencionados.
Sinalar tamén que a carencia de grupos primarios, como afamilia ou osamigos, e mesmo delecer, pode afectar de maneira prexudicial o individuo, que pode sentirse rexeitado polo mundo. Cando a unha persoa lle faltan estes grupos pode sufrir unha desviación social de considerable magnitude, xa que a educación e ensinanzas que estes poderían outorgarlle desaparece (ou é substituída por outros grupos externos, moitas veces nocivos) e sen elas pode quedar relegada a un ser irracional.
O illamento é frecuentemente empregado para reprender os nenos que se comportan mal, sendo o máis común obrigalos a quedar mirando para unha parede durante uns poucos minutos. Tamén é usado en moitos países para confinar osprisioneiros que cometerondelitos moi graves, e mesmo para aqueles que se atopan en perigo entre os outros presos.
Nas institucións psiquiátricas algúns pacientes son illados co obxectivo de atender as súas necesidades e protexer o resto de enfermos da súa influencia.
Dende un punto de vista filosófico, poderiamos afirmar que os seres humanos vivimos sempre en soidade. Non nunha soidade física (illamento) ou mental, senón nunha soidade existencial, pois a nosa vida só pode ser vivida por nós mesmos. Así, nós nacemos, vivimos, e morremos sós. Ninguén máis pode vivir a nosa vida, que lle foi dada exclusivamente a cada individuo para que a vivise de acordo coas súas conviccións e decisións.
Schopenhauer declaraba que o ser humano non amaba a vida en sociedade, senón que temía a soidade, posto que nese estado tende a pensar máis e a deixarse acosar polosremorsos da súa propiaconciencia. Ademais, outros filósofos comoNietzsche, Holan e Karigüe loaron o estado de soidade como medio idóneo para o pensamento e a concentración.
Hai constancia de que o dereito á soidade foi limitado en maior medida para asmulleres. Por exemplo, no auto de bo goberno asinado polo alcalde-xuíz deVigoJosef Antonio Sánchez o 7 de abril de1802, as mozas solteiras que vivían soas eran castigadas cunha pena económica e concárcere.[4] A soidade para as mulleres aínda estaba limitada en2015 enArabia Saudita, onde está limitado o dereito a saíren soas á rúa.[5]
|data-acceso=
require|url=
(Axuda)![]() | AGalicitas posúe citas sobre: Soidade |