Osoftware de edición de son é calquerasoftware ouprograma informático que permite editar e xerar datos de son.[1] O software de edición de son pódese implementar total ou parcialmente como unhabiblioteca, como unhaaplicación informática, como unhaaplicación web ou como unmódulo cargable do núcleo. Oseditores de ondas son editores de son dixital. Hai moitas referencias de software dispoñibles para realizar esta función. A maioría pode editar música, aplicar efectos e filtros e axustar canles estéreo.
Asestacións de traballo de son dixital (digital audio staion,DAW)[2] constan de software en gran medida, e normalmente están compostas por moitos compoñentes distintos de paquetes de software, a través dunhainterface gráfica de usuario unificada usandoGTK,Qt ou outra biblioteca para oswidgets GUI. Os DAWs úsanse para gravar ou producirmúsica,efectos de son e moito máis.