Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Sobreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde febreiro de 2017.)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Sobreira (homónimos).
Sobreira

Unha sobreira en Galiza
Estado de conservación

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino:Plantae
Subreino:Tracheobionta
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Subclase:Hamamelidae
Orde:Fagales
Familia:Fagaceae
Xénero:Quercus
Subxénero:Quercus
Sección:Cerris
Especie:Q. suber
Nome binomial
Quercus suber
L.

Formas
  • Q. suber f.brevicupulata(Batt. &Trab.)F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f.clavata(Cout.) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f.dolichocarpa(A.Camus) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f.longicalyx(A.Camus) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f.macrocarpa(Willk. &Lange) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f.microcarpa(Batt. & Trab.) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f.racemosa(Borzí) F.M.Vázquez 1998
  • Q. suber f.suboccultata(Cout.) F.M.Vázquez 1998

Asobreira[1] (Quercus suber L.) é unhaárbore da familia docarballo e aaciñeira (asfagáceas, antescupulíferas, integrada por 450especies e con case tódolos seusxénerosboreais),espontánea e cultivada nosur deEuropa enorte deÁfrica e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer acortiza. Recibe en galego diferentesnomes comúns, entre os máis difundidos estáncorticeiro[2] ecorticeira[3].

Descrición botánica

[editar |editar a fonte]

Botanicamente é unha árboremonoica, defolla simple (entre 2,5 e 10 cm. de longo e entre 1,2 e 6,5 cm. de ancho), de forma denticular,alterna, perenne, verde escura, connervación principal algo sinuosa e nerviación secundaria composta por entre 5 e 8 pares de canais, sen pelos e conestípulas caducas. As súasflores son unisexuais:

Apolinización éanemófila e osfroitos teñen forma deglande (balouta, lande oulandra): cada froito está provisto dunhacúpula escuamiforme ou espiñenta.

Debido á súacasca formada comocortiza, a sobreira cultivouse dende hai tempo para a súa extracción. A operación denomínase taménpela, e non é mortal para a árbore (e non ten por que ser prexudicial se se realiza correctamente, inda que a árbore o sofre de xeitometabólico efisiolóxico). A causa de que saia indemne é que o espécime volve a producir unha nova casca protectora de cortiza a partir da capa inmediatamente interior á extraída (denominadacámbium suberoso, que é en realidade o material vivo da árbore no toro). Cada oito a doce anos reprodúcese o espesor da capa de cortiza, en cadaciclo consecutivo con maior calidade cada vez.

Distribución

[editar |editar a fonte]
Vella sobreira descortizada por primeira vez en1999 no Rial (concello daArnoia).
Sobreira no monte da Peneda (O Viso, Redondela).

Ademais de cultivada, a sobreira é unha especie natural e autóctona daPenínsula Ibérica: inda que é espontánea en moitos puntos deEspaña ePortugal onde formou frondosos bosques en asociación con outras especias dequercíneas (quercetum), por iso mesmo se ten dito moitas veces que é unha árbore de climamediterráneo. Esta afirmación está apoiada polos seus máximos de distribución mundial (que abrangue o sur deIberia e taménAlxeria eMarrocos), pero matizada pola enorme presenza da especie en localizacións ibéricas do interior (continental) e nororientais (atlánticas).

Se ben a influencia mediterránea nos vales interiores deGalicia e ó norte da cidade portuguesa dePorto é incontestable, non cabe tampouco dúbida que oclima galego e do norte de Portugal é eminentemente atlántico. A existencia (e nalgúns casos persistencia) demostrable en moitos puntos de Galicia (río Arnego e encoro dePortodemouros noDeza, sobredas daArnoia,Castrelo de Miño,Ancares,Courel e a mesmaRibeira Sacra) permiten facer a comparación cos intentos de implantación da especie que foron frustrantes noutros lugares non mediterráneos (por exemplo, nosEEUU). Inda así, é certo que a súa distribución xeográfica chega tamén a puntos comaTunisia, sur deFrancia (montañas Albères -no departamento dePyrénees-Orientales, "Pireneos orientais"- e montañas Maures, no de Var) eItalia, inda que se atopa naturalizado en certas rexións de clima mediterráneo.

Edafoloxicamente dise que é unha especiecalcífuga, inda que máis que dunha distribución preferente deberíase falar dunha exclusión territorial relíctica: a especie non vive mellor nas peores terras,barbeitos,ermos ebaldíos, senón que é alí onde resiste porque as mellores terras se destinan a outros cultivos:trigo,maínzo,paínzo,millo,cebada,avea etc. Este proceder é un erro, xa que a sobreira é unha especie coñecida pola súa capacidade de compatibilidade produtiva (sempre que sexa mediante métodos extensivos).

É máis, a súa explotación tradicional está asociada a un sistema produtivo multinivel e sostible e único no mundo pola súa integración social e altísimorendemento: ossobreirais. A potencia produtiva deste sistema extensivo non ten igual debido á súa diversidade produtiva:touros de lida,porcino de alta calidade,cortiza, cultivos alimentarios e deforraxe,vexetación efauna salvaxe dabondo para manter unhacaza sostible, mantemento ou restauración edáfica, variedade territorial debido á existencia demanchas oucurrais (microclimas máis húmidos ou secos dependendo daorientación xeográfica daaba), asociación con outras especies coma opiñeiro real (e a súa produción depiñóns), explotaciónmicolóxica nalgúns casos eapícola máis habitualmente etc.

A enorme variedade produtiva e a adaptacióncoevolutiva da estrutura social e da distribución territorial da poboación no sur ibérico a esta diversificación fan necesaria axestión do territorio por parte dun equipo de xestión forestal moi consciente da importancia social,ecolóxica e industrial deste modelo de produción.

Sobreira enPortugal.

Localizacións singulares

[editar |editar a fonte]
Sobreira descortizada por primeira vez entre Valdemeixeira e Coto Novelle (concello daArnoia,Ourense).

EnGalicia quedan manchas que testemuñan unha expansión maior na antigüidade: os bosquetes coñecidos máis amplos sitúanse nos seguintes puntos:

O normal é que a carón destas zonas teña existido un aproveitamento tradicional, cando menos para confeccionaralvarizas oucolmeas. Moi preto da primeira das localizacións mencionadas, en Ventosela (na estrada entreRibadavia e o antigo pazo deOtero Pedrayo en Trasalba), hai unha empresa de tratamento decortizas.

Historicamente a súa distribución foi moito maior e máis densa tal e como demostra a distribución dos topónimos que proceden do latinosuber (non debe confundirse conSobrado, que vén desuperatum).

Fóra de Galicia hai varias localidades mundialmente famosas:

Pela

[editar |editar a fonte]
Cor dunha sobreira que leva uns poucos meses descortizada (Parque Natural de Los Alcornocales,provincia de Cádiz).

A pela é o proceso de descascado da sobreira. Os tipos de cortiza que se extrae clasifícanse cronoloxicamente coma:

  • bornizo
  • primario
  • secundario

A pela faise a unhaaltura gradualmente crecente, que se establece por unhacircunferencia á altura do peito (C.A.P.) oudiámetro gradualmente menor.

Cortiza

[editar |editar a fonte]

Á parte da importancia simbólica que ten que as primeirascélulas vistas nunmicroscopio fosen precisamente as decortiza, a importancia industrial da cortiza é moi clara: é un material cunhas características moi específicas pero que non poden ser imitadas artificialmente por ningún outro composto sintético industrial. A imposibilidade actual de que a industriabioquímica sexa capaz de reproducir cortiza ou materiais coas súas propiedades coloca á industria nun lugar estratéxico único no mundo. Se tódalasrollas das botellas do mundo (das de certa calidade, xa que a calidade do viño ou licor se pode estimar pola calidade da rolla que o tapa) saen das árbores, hai que previr ó sector dasobreexplotación, coidar os recursos actuais, prever un constante aumento do mercado cun constante aumento produtivo en calidade e cantidade e aumentar asemade a superficie forestal destinada a este recurso de momento insubstituíble.

A cortiza utilízase comaillante térmico e sonoro con aplicacións moi diversas, pero o seu uso principal é a produción derollas para o peche de botellas. A calidade da cortiza é proporcional á dificultade da súa produción e ó seu valor, e os embotelladores escóllena en función dabebida que se debe conservar.

Antropoloxía

[editar |editar a fonte]

NoCourel chámase así os alpendres acaroados ás casas.

Nome común

[editar |editar a fonte]

Segundo as zonas a árbore recibe diferentes nomes comúns en galego:alcarnoque, alcornoque, árbol da cortiza, azufireira, azufreira, colcheira, corcheira, corcheiro, cortezo, corticeira, corticeiro, cortixeiro, cortiza, cortizo, curcheiro, curticeira, curticeiro, encina, sebreira, sebreiro, sebreña, segoreira, sobreira, sobreiro, sogureira, subreiro, sufreira, xufreira ezufreiro[4].Sofreira é a voz corrente na Terra Eo-Navia[5], e nogalego de Estremadura denomínasealcornoque ousobreira[6].

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Sobreira en Teaño, Cuntis.
    Sobreira en Teaño,Cuntis.
  • Quercus suber.
    Quercus suber.
  • Sobreira na cidade de Ourense.
    Sobreira na cidade deOurense.
  • Quercus suber
    Quercus suber

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parasobreira.
  2. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paracorticeiro.
  3. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paracorticeira.
  4. "Sobreira (Quercus suber L.)".Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 9 de setembro de 2016. 
  5. Varela Aenlle, Carlos XesúsContribución ao dicionario galego : o léxico do galego de Asturias (LeGA)
  6. "Román Domínguez, Arantxa.Contribución ao léxico do Galego Exterior. O Val do Río Ellas. (Cáceres)"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 12 de xullo de 2014. Consultado o 31 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sobreira&oldid=6171555»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp