Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Soba

Coord.:43°11′17″N3°31′02″O / 43.188055555556,-3.5172222222222
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde outubro de 2015.)
Modelo:Xeografía políticaSoba
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 43°11′17″N3°31′02″O / 43.188055555556,-3.5172222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabriaEditar o valor en Wikidata
CapitalSoba(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.076(2024)Editar o valor en Wikidata (5,02hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie214,16 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude330 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataJulián José Fuentecilla GarcíaEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39538Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39083Editar o valor en Wikidata

Sitio websoba.esEditar o valor en Wikidata

Soba é un val econcello dacomunidade autónoma deCantabria, nacomarca de Asón-Agüera. Limita ao norte conRamales de la Victoria,Arredondo e o val deRuesga, ao sur coVal de Mena, oMeiriñado de Montija eEspinosa de los Monteros, estes todos naprovincia de Burgos, ao leste conLanestosa eCarranza, naprovincia de Biscaia, e ao oeste conSan Roque de Riomiera. É o terceiro maior municipio por superficie de Cantabria, ocupando unha extensión de 214,16 km².

Localidades

[editar |editar a fonte]

Está composto por 27 poboacións, cun total de 1427 habitantes (INE, Censo de2008). Pertence aoPartido xudicial deLaredo.

            

Algunhas destas poboacións teñenbarrios apartados (Casatablas, La Barcenilla, El Barrio, San Bartolomé), e no lugar deLa Gándara, xunto ao nacemento do río, creouse un núcleo de vivendas a carón daestradaCA-256, onde se concentran algúns dos servizos do municipio (escola,piscina municipal, campo defútbol, pistas deportivas, restaurantes e o Centro de Interpretación do Parque Natural, entre outros).

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Vista do val de Soba desde o miradoiro da Gándara.
Parque Natural dos Collados del Asón.

O territorio ten grandes diferenzas de altitude, estando a cota máis baixa situada a 187msm, e a máis elevada a 1.605 msm. A capital, Veguilla, atópase a 330 msnm.

Principais cumios

[editar |editar a fonte]

No nordeste encóntrase Busta e San Vicente que forman os dous lados do gran barranco chamado de Cubilla, polo que pasa orío Gándara (ourío Soba, como se lle chamaba antes). Busta está rematado por un pequeno plano. San Vicente remata nun pico moi agudo que nos tempos antigos serviu como faro para os navegantes. No oeste atópase Rocías.

Ríos

[editar |editar a fonte]

OsríosAsón eGándara recorren estes terreos canda outros regatos máis cativos. Orío Gándara segue o curso de oeste a leste, até chegar áponte de Bollen eRegules, onde muda lixeiramente a súa dirección para retomala despois. Ten como afluentes na zona os arroios Riopicote e Rioquimillo.

Ademais, o termo municipal tamén inclúe parte das concas dos ríosMiera eCalera, este afluente do Gándara, e que delimita Cantabria deEuskadi.

Todos os ríos e regos tiveron pontes demadeira, moitos deles conservados na actualidade. Nas súas augas viven,troitas eanguías.

Espazos naturais

[editar |editar a fonte]

Dentro do concello atópase oParque Natural dos Collados del Asón, comprendido entre os altos de Mortillano (1.403 msm) e da Mina (1.271 msm), a norte; Carrío (1.424 msm) e Pizarras (1.474 msm), a oeste; Portillo de la Lunada (1.350 msm), Picón del Fraile (1.615 msm), Los Porrones (1.452 msm) e Alto de Imunia (1.512 msm), a sur; e Portillo de Sía (1.200 msm), a leste. O Parque alberga as fontes dos ríos Gándara e Asón, e un macizo calcario, con vales de orixeglaciar. Ten unha rica flora e fauna.

O municipio ten propostas comoLugares de Importancia Comunitaria as cuncas dos ríosMiera eGándara.

Covas

[editar |editar a fonte]

Soba agrupa o 25 % das grandescovas cántabras, cun total de 74simas,dolinas e covas. Para a súa xestión creouse a Rede de Covas do Alto Asón.[1]

Vista do val do Gándara.

Historia

[editar |editar a fonte]

Tense pouca documentación escrita da época romana e das primeiras comunidades daIdade Media. Aparece algo no863 relacionado cos mosteiros de Aja e nos cartularios de San Salvador de Oña e Santa María a Real de Nájera. A documentación máis importante é a doséculo XIII, coas liñaxes dos Ezquerra de Rozas e os Zorrilla, que máis tarde se vincularían á familia castelá dosVelasco. Esta familia tivo o señorío de Soba a partir de 1300, privilexio que outorgou o reiFernando IV.

A finais doséculo XIV, Soba foi incluído no Meiriñado Maior de Castela a Vella. Houbo grandes enfrontamentos entre as dúas familias. En1473,Henrique IV nomeouCondestable de Castela aPedro Fernández de Velasco que xa tiña o señorío de Medina de Pomar, Briviesca e Frías.

Até1822 o val estivo dividido administrativamente en entidades de pequeno tamaño chamadasconcejos, que eran administradas por rexedores, deputados, montaneros e coxedores (que recaudaban os impostos).

Patrimonio

[editar |editar a fonte]

Arqueoloxía

[editar |editar a fonte]

Existen diversossitios arqueolóxicos encovas do lugar, como as de El Mortero (Astrana), Las Escaleras (Asón) ou El Tarreón (San Juan), de épocaepipaleolítica. Tamén no Cohome de Manzaneda e na Cova dos Trillos, con restos máis recentes. Localizáronse restosmegalíticos en Herada (Túmulos de Landías e La Tejera). Tamén existen restosmedievais, en Villar, Fresnedo, Pilas, Sangas e San Martín.[2]

Arquitectura

[editar |editar a fonte]

Existen no val numerosos exemplos de arquitectura señorial e relixiosa.[3] Posúe, ademais, unha rica arquitectura tradicional, con elementos propios e orixinais, como ospatíns e numerosos exemplos decabanas pasiegas.

Arquitectura civil e industrial

[editar |editar a fonte]

Destaca a Torre dos Velasco, en Quintana,Ben de interese cultural con categoría de monumento. Ademais, hai un Ben inventariado, oResbaladero y Casa del Rey, na subida aoPortillo de Lunada, construído en1791 sobre proxecto doenxeñeiroaustríaco Wolfong Mucha. Existen numerosos exemplos de arquitectura señorial, como opalacio dos Zorrilla, na Gándara (1553); a Torre dos Ezquerra, en Rozas (século XVI) e casonas en diversas localidades.

Arquitectura relixiosa

[editar |editar a fonte]

Os edificios relixiosos máis destacados do municipio son ostemplos de San Miguel Arcángel, en Rozas, tardo-gótico, reformado no século XVI, con retablo renacentista (1527), e de San Fausto, en La Revilla, de1654, obra dePedro de Avajas. Existen ademais outrasigrexas interesantes: Santa María, en Cañedo, que alberga táboas pictóricas do XVI; ou San Martín, en Rehoyos, de1896, conforme a proxecto deAlfredo de la Escalera y Amblard.

Tradicións populares

[editar |editar a fonte]

Existe un Centro de Interpretación da Etnografía de Soba, situado en Veguilla, e inaugurado no2002, no edificio do Concello, cedido en1911 por Gerónimo Pérez y Sainz de la Maza. Entre as tradicións musicais, destacan ascantas, especialmente asmarzas.

Economía

[editar |editar a fonte]

Osector primario, e especialmente agandaría, é a base da economía sobana, ocupando un 59% da poboación activa. O incipiente sector servizos, especialmente os relacionados co turismo, ocupan o 21,2% da poboación, a construción un 10,8% e as actividades de transformación industrial, apenas un 9%. O censo agrario de 1999, establecía que, das 20.966has de superficie agrícola, 12.357 servían depastos e 6.522 a especies arbóreas forestais.[4]

A Consejería de Gandaría, Agricultura e Pesca do Goberno de Cantabria, no 2002, indicaba que, en Soba, concentrábase o maior número dereses devacún daComunidade Autónoma, con 10.948 cabezas.

A achega benéfica de Jerónimo Sáinz de la Maza tivo ampla notoriedade recoñecida no territorio.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Evolución demográfica
190019101920193019401950196019701980199020002007
3.7564.3674.3154.3234.1664.0973.3452.6912.0231.9811.6771.442

Fonte:INE

Administración

[editar |editar a fonte]
Eleccións municipais,25 de maio de2003
PartidoVotos%Concelleiros
PRC72669,41 %7
PP19218,36 %1
PSOE12011,47 %1
  • Alcalde electo: Julián José Fuentecilla García (PRC).
Eleccións municipais,27 de maio de2007
PartidoVotos%Concelleiros
PRC71768,48 %7
PP19718,82 %1
PSOE12612,03 %1
  • Alcalde electo: Julián José Fuentecilla García (PRC).

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Goberno de Cantabria:Suplemento dedicado a Soba, El Diario Montañés, pag.3
  2. García Alonso, Manuel & Bohigas Roldán, Ramón:El valle de Soba: Arqueología y etnografía, Edt. Tres, Santander, 1995
  3. Aramburu-Zabala Higuera, M.A. & Losada Varea, Celestina:Catálogo Monumental de las Cuencas del Asón y del Agüera, Valle de Ruesga, 2001,ISBN 84-607-3781-0
  4. Gobierno de Cantabria:Suplemento dedicado a Soba, El Diario Montañés, páx.7

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • MADOZ, P.:Diccionario Geográfico estadístico-histórico de España. Santander. Editado en Madrid, 1845-1850.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Alfoz de Lloredo  · Ampuero  · Anievas  · Arenas de Iguña  · Argoños  · Arnuero  · Arredondo  · El Astillero  · Bárcena de Cicero  · Bárcena de Pie de Concha  · Bareyo  · Cabezón de la Sal  · Cabezón de Liébana  · Cabuérniga  · Camaleño  · Camargo  · Campoo de Enmedio  · Campoo de Yuso  · Cartes  · Castañeda  · Castro Urdiales  · Cieza  · Cillorigo de Liébana  · Colindres  · Comillas  · Los Corrales de Buelna  · Corvera de Toranzo  · Entrambasaguas  · Escalante  · Guriezo  · Hazas de Cesto  · Hermandad de Campoo de Suso  · Herrerías  · Lamasón  · Laredo  · Liendo  · Liérganes  · Limpias  · Luena  · Marina de Cudeyo  · Mazcuerras  · Medio Cudeyo  · Meruelo  · Miengo  · Miera  · Molledo  · Noja  · Penagos  · Peñarrubia  · Pesaguero  · Pesquera  · Piélagos  · Polaciones  · Polanco  · Potes  · Puente Viesgo  · Ramales de la Victoria  · Rasines  · Reinosa  · Reocín  · Ribamontán al Mar  · Ribamontán al Monte  · Rionansa  · Riotuerto  · Las Rozas de Valdearroyo  · Ruente  · Ruesga  · Ruiloba  · San Felices de Buelna  · San Miguel de Aguayo  · San Pedro del Romeral  · San Roque de Riomiera  · San Vicente de la Barquera  · Santa Cruz de Bezana  · Santa María de Cayón  · Santander  · Santillana del Mar  · Santiurde de Reinosa  · Santiurde de Toranzo  · Santoña  · Saro  · Selaya  · Soba  · Solórzano  · Suances  · Los Tojos  · Torrelavega  · Tresviso  · Tudanca  · Udías  · Val de San Vicente  · Valdáliga  · Valdeolea  · Valdeprado del Río  · Valderredible  · Valle de Villaverde  · Vega de Liébana  · Vega de Pas  · Villacarriedo  · Villaescusa  · Villafufre  · Voto
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Soba&oldid=6559808»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp