Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Soad Hosny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSoad Hosny

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ar)سُعاد مُحمِّد حُسني الباباEditar o valor en Wikidata
26 de xaneiro de 1943Editar o valor en Wikidata
O Cairo (Exipto)Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xuño de 2001Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Stuart Tower, Reino Unido(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Causa da mortecaídaEditar o valor en Wikidata
RelixiónIslamEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, cantante, actriz de cinemaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1959Editar o valor en Wikidata - 2001Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVozEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaher Awwad(1987–2001),morte
Zaki Fatin Abdelwehab
Ali Badrakhan
Salah KarimEditar o valor en Wikidata
PaiMohammad HosniEditar o valor en Wikidata
IrmánsNajat Al Saghira
Ezzeldin HosniEditar o valor en Wikidata

IMDB: nm0396071Allocine: 10031WikiTree: Hosny-2Editar o valor en Wikidata

Soad Hosny (enárabe:سعاد حسني), nada noCairo o26 de xaneiro de1943[1] e finada enLondres o21 de xuño de2001, foi unha actrizexipcia.[2] Foi coñecida como a "Cincenta docinema exipcio" e unha das actrices máis influentes deoriente medio e omundo árabe.[3]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Soad Hosny naceu nunha familia de clase traballadora. O seu pai, de orixekurdasiria, traballaba como calígrafo noCairo. Debutou no cine aos quince anos, interpretando o papel principal nunha comedia musical deHenri Barakat tituladaHassan wa Nayima.[4]

A principios dos anos 70 fíxose famosa en todo o mundo árabe grazas aKhalli balak min Zouzou, unha comedia musical do cineastaHassan Al-Imam, en que interpretaba unha universitaria militante.[4][5] Soad Hosny, alcumada a “Cincenta da pantalla árabe”, converteuse nunha das actrices emblemáticas docinema exipcio e rodou cen filmes en trinta anos.[5] Vivindo na época donasserismo e dopanarabismo laico, foi para moitos exipcios e árabes o símbolo do cambio e o rostro da modernidade.[4]

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

Soad Hosny era media irmá da cantanteNajet Essaghira.[5] A actriz casou varias veces, mais non tivo fillos. Casou co director Salah Karim en 1966 e despois compartiu a súa vida conAli Badrakhan durante máis de dez anos. Volveu casar co escritor Maher Awwad en 1984.[6] A pesar dun idilio de varios anos, o cantante e actorAbdel Halim Hafez negouse a casar con ela.[5]

Desde finais dos anos 90, a actriz viviu enLondres, onde foi tratada por dor nas costas.[7][8] Tamén loitou por curar a súa depresión.[5] O 21 de xuño de 2001 (o aniversario do nacemento de Abdel Halim Hafez), caeu do sexto piso e faleceu. A televisión exipcia interrompeu os seus programas para anunciar a súa morte e milleiros de exipcios asistiron ao seu funeral.[9] Aínda que se mencionou a hipótese do suicidio, non están claras as circunstancias exactas da súa morte, e comezaron a circular rumores de asasinato.[7][9] A súa irmá Janja ficou convencida de que membros do goberno eran os responsables da súa morte e presentou unha denuncia. En 2013, o xuíz encargado do caso desestimouna por falta de probas.[7]

Filmografía

[editar |editar a fonte]
  • Al-Ra’i wal nissa’ (1991)
  • Huwa wa hiyya (serie de televisión, 1985)
  • Maw’ed ’ala al-’acha (1982)
  • Ahl el qema (1981)
  • Chafiqa wa Mitwalli (1976)
  • Alā man nutliq al-rusās (1975)
  • Karnak (1975)
  • Amirat houbbi ana (1974)
  • Ghouraba’ (1973)
  • Al-Nass wal-Nil (1972)
  • Khalli balak min Zouzou (1972)
  • Zawgaty Wal Kalb (1971)
  • Al-Ikhtiyar (1971)
  • Al-sitt al-nazra (1968)
  • Zawag ’ala altariqa al-haditha (1968)
  • Al-Zawga al-sniya (1967)
  • Hayawanat 1987 (1967)
  • Chabab magnoun giddân (1967)
  • Chaqat al-talaba (1967)
  • Saghira ’al-houb (1966)
  • Al-Qāhira 30 (1966)
  • Laylat zafaf (1966)
  • Al-’o al thalatha (1964)
  • Al-tariq (1964)
  • Al-mourahiqân (1964)
  • Al-jarima al-dahiqa (1963)
  • Al-’ariss yasel ghadân (1963)
  • Maw’ed fil-bourg (1962)
  • Al-Daw’ al khafet (1962)
  • Ghosn el zeitoun (1962)
  • A’az el-habayeb (1961)
  • Ichaat houbb (1960)
  • Li rigal fakat (1960)
  • Gharamiyat imra’a (1960)
  • Mal wa nesaa (1960)
  • Banat waal saif (1960)
  • Rigal wa imra’a (1960)
  • Hassan wa Na'ima (1959)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "وثيقة مكتوبة : شهادة ميلاد سعاد حسني 1943 م".souad.banouta.net. Consultado o 31 de outubro de 016. 
  2. "Roa'ya Assar – بالمستندات الرسمية: سعاد حسني مصرية و وُلدت... | Facebook".www.facebook.com. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  3. "Egyptian Cinderella". Arquivado dendeo orixinal o 01 de febreiro de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  4. 4,04,14,2Hakem, Tewfik (26 de xuño de 2002)."Souad Hosni, star libérée de l’Egypte nassérienne".Le Monde(enfrancés): 31.ISSN 0395-2037. 
  5. 5,05,15,25,35,4Ayad, Christophe (4 de xullo de 2001)."Mort de la «Cendrillon» arabe".Libération. 
  6. Moheb, Yasser (27 de xuño de 2001)."La mort de Cendrillon".Al-Ahram. 
  7. 7,07,17,2"Egypt judge halts investigations into film icon's 2001 'suicide'".Al-Ahram(eninglés). 25 de marzo de 2013. Arquivado dendeo orixinal o 10 de xullo de 2022. Consultado o 10 de xullo de 2022. 
  8. Chadi, Ali Abou (2002)."Souad Hosni, une étoile-née".Institut du monde arabe. Arquivado dendeo orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 10 de xullo de 2022. 
  9. 9,09,1"Egyptians mourn screen Cinderella".BBC News(eninglés). 28 de xuño de 2001. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Soad HosnyModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Soad_Hosny&oldid=6958448»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp