Skylab 2 | |
---|---|
![]() Engalaxe da misión Skylab 2 | |
Tipo | Tripulada |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 25 de maio de 1973, 13:00GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Saturno IB[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6] |
Obxectivo da misión | Viaxe tripulada á estación espacial Skylab.[2][6] |
Regreso | 22 de xuño de 1973[1] |
NSSDC ID | 1973-032A |
Masa | 19.979 kg[2][5][6] |
Skylab 2 foi a primeira misión tripulada cara aestación espacialSkylab. Foi lanzada o25 de maio de1973 mediante un fogueteSaturno IB desde oCentro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5]
Durante o lanzamento a estación espacial Skylab perdeu un dos escudos antimeteoritos, un dospaneis solares e os restos do estrago bloquearon o desplegue do panel solar principal restante. Unha vez en órbita a estación tivo que funcionar en base ao panel solar dotelescopio Apolo e soportar altastemperaturas no seu interior debido á falta do panel antimeteoritos que puxeron en risco o seu funcionamento. Como resultado, o primeiro voo tripulado cara a estación, a misión Skylab 2, pospúxose dez días para avaliar os danos, estudar como reparalos e adestrar aos tresastronautas da misión para levar a cabo as reparacións.[2][3][4][5]
Skylab 2 consistiu nunhanave Apolo modificada e tripulada porCharles Conrad,Joseph Peter Kerwin ePaul Joseph Weitz e lanzada mediante un foguete Saturno IB. A misión engalou o 25 de maio de 1973 e atopouse coa estación unhas horas despois. A tripulación informou do estado da mesma tal como a veían mentres a nave Apolo se movía arredor para examinar os danos. A nave acoplouse á estación para planificar os seguintes movementos. A tripulación entrou na estación o día seguinte e fixo unhaEVA para despregar un parasol no exterior e cubrir a zona na que faltaba o panel antimeteoritos, co que a temperatura no interior comezou a baixar. Os astronautas non conseguiron despregar o panel solar principal restante ata o 7 de xuño, deixando a estación en condicións adecuadas para traballar no seu interior e facer os experimentos e actividades planificados.[2][3][4][5]
A misión Skylab 2 finalizou o 22 de xuño de 1973 cando o módulo de mando cos tres astronautas nos seu interioramarou noocéano Pacífico. Os astronautas foron recollidos polo buqueUSS Ticonderoga e devoltos sans e salvos a terra.[1]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Skylab 2 |