![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 602![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 10 de outubro de 613![]() valor descoñecido ![]() |
Rei dos francos | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | monarca![]() |
Outro | |
Título | Rei dos francos(613–613) Rei dos francos(613–613) ![]() |
Familia | Dinastía Merovinxia![]() |
Pai | Teodorico II, Rei franco![]() |
Irmáns | Childeberto Corbo Meroveo ![]() |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie![]() |
![]() |
Sixeberto II, nado no602 e finado no613, foi rei deAustrasia eBorgoña. Fillo bastardo do reiTeodorico II, herdou o trono trala morte deste.Brunequilda exerce de novo a rexencia apoiada polosMordomos de Palacio. Perseguindo a súa vinganza Brunequilda, apoiada porTeodorico II, para asegurar os ingresos fiscais, fixo revisar o catastro e preparou unha reforma de impostos; repara as fortalezas e leva a cabo unha reforma militar.
Fai executar a grandes aristócratas, buscando Brunequilda romper a tradición franca e impoñer o dereito deprimoxenitura nos dereitos reais.
O Mordomo de PalacioWarnacario, apoiado porPipino de Landen eArnuldo, termina aliándose conClotario II, rei deNeustria. Cando Clotario II lanza un ataque contra Austrasia, Brunequilda foi traizoada por Warnacario e polo exército austrasiano que, dirixido polos aristócratas, se nega a loitar. Clotario II derrota facilmente a Brunequilda no ano613. Vencedor desta longa e sanguenta vinganza, fixo prisioneira a Brunequilda enOrbes. Acúsaa de múltiples rexicidios, mándaa torturar durante tres días e mátaa atándoa a un cabalo lanzado ao galope. Tamén executa a Sixeberto II, así como ao seu irmán Corbo.