Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Siria forma parte de Asia, en concreto doOriente Medio. O nome de Siria é tan antigo como a súa historia, atopándose multitude de referencias naBiblia. Anteriormente, formaba parte dun territorio moito máis amplo, que incluía ademais os actuaisChipre,Líbano,Xordania,Iraq eIsrael, cuxo nome eraBilad al Cham ou Territorio Lunar, por ser a súa capital, Damasco, tamén chamada Cham, unoasis no medio do deserto.
Durante un breve período nosanos 1970, Siria xunto conLibia eExipto conformou unhafederación que pretendía ser o xerme para a definitiva unidade árabe. Dita federación fora impulsada de xeito decidido polo líder libioMuammar al-Gaddafi, pero sucumbiu aos conflitos de intereses entre os tres países que se viron divididos entre outros asuntos pola súa postura fronte a Israel.
Siria divídese en 14muhafazat (محافظة , singularmuhafazah equivalente a provincia ou gobernación) que levan o nome da capital, e que se subdividen en 61manāṭiq (singularminţaqah equivalente a distrito ou rexión)
Siria esténdese entre as latitudes 32° e 38° N e as lonxitudes 35° e 43° E. Na súa maior parte consiste nunha chaira árida, non obstante o noroeste do país, que se abeira ó Mediterráneo, é bastante verde. O nordés mailo sur constituían as zonas agrícolas tradicionais.[2] OÉufrates, o río sirio máis importante, cruza o país polo leste.
O clima é seco e quente, os invernos son moderados, mais pola elevación do país por veces neva no inverno.[2].