Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Sirenios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sirenios
Sirenia

Rango fósil:eocenoactualidade

Manatí do Caribe (Trichechus manatus)
aleitando á súa cría
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Superclase:Tetrapoda
Clase:Mammalia
Infraclase:Placentalia (=Eutheria)
Superorde:Afrotheria
Orde:Sirenia
Illiger, 1811
Familias

A dossirenios[1] (Sirenia) é unhaorde demamíferosafroterios,acuáticos,herbívoros, que conta con tan só con catro especies viventes. Oselefantes son os seus parentes máis achegados.

Xunto coscetáceos e ospinnípedes, os sirenios son o terceiro grupo de mamíferos acuáticos. Como os membros do primeiro destes grupos, os sirenios son os únicos mamíferos adaptados completamente á vida na auga, pero, a diferenza deles, habitan sempre en augascosteiras, a miúdo pouco profundas (ou enaugas doces), ondepastan. Superficialmente parecidos aos pinnípedes, non gardan, porén,parentesco evolutivo con eles, diferenciándose, entre outras cousas, polo tipo dealimentación (os pinnípedes soncarnívoros, mentres que os sirenios sonfitófagos, e porque os seusmembros non lles permiten desprazarse por terra, polo que nunca abandonan a auga, nin sequera paraparir.

Son animais grandes e pesados, e de movementos lentos. Viven enaugas tropicais, nas costas, enestuarios e incluso nosríos. Son famosos pola súa docilidade, e por iso foronpresas fáciles para acaza, para aproveitar a súapel e a súacarne, o que os levou ao bordo daextinción. Actualmente son animais protexidos.

Nomes

[editar |editar a fonte]

O nome dos sirenios vén dogrego antigo Σειρήνες,Seirḗnes, que significa "sereas".[2] O nome ven do feito que supostamente se asemellan a sereas cando están aleitando as crías. Crese que os avistamentos de sirenios poderían explicar a orixe do mito das mulleres-peixe. Por algunha razón, a maioría das antigas civilizacións que estaban en contacto cos sirenios dábanlles nomes e epítetos femininos; enExipto tiñan o nome de "fermosa doncela do mar"; enKenya, "raíña do mar"; enIndonesia recibían o nome de "princesa dugongo" e na conca doAmazonas coñécense como "peixe-muller".[3]

Odugongo, único membro viventa da súa familia, recibe o seu nome da palabratagaladugong, que é un préstamo domalaioduyung. Ambos os dous queren dicir "señora do mar".[4] Por outra bandamanatí é unha palabra de orixetaíno que significa "peito", en referencia ásmamas que teñen as femias destes animais a carón dasaxilas.

Catacterísticas

[editar |editar a fonte]
Este grupo de tres manatís do Caribe foi fotografado mentres se alimentaban.

Os sirenios, manatís e dugongos, teñen uncorpo macizo, pero fusiforme. Apel é grosa e coriácea. Asextremidades anteriores teñen forma dealeta, e as posteriores desapareceron e, para axudar na natación, desenvolveron unhacola (aleta caudal) plana e horizontal.

Poden permanecer baixo a auga durante vinte minutos,pastando plantas acuáticas, antes de emerxer á superficie para respiraren.

Viven en augas pouco profundas, o que os defende dosdepredadores (como ostiburóns) que non se aventuran nestas augas. O seu único perigo represéntao ohome, que antigamentecazaban estes animais pola súacarne, e tamén para aproveitar agraxa e apel. Hoxe en día tamén están ameazados polacontaminación} do seuhábitat e polas feridas inflixidas polashélices dosbarcos.

O dugongo, a diferenza dos manatís, ten a cola falciforme, e vive nas augas costeiras doocéano Índico e doPacífico occidental, mentres que os manatís, que viven principalmente ao longo da costa leste deAmérica Central eSuramérica, teñen a cola arredondada, o labio superior fendido no medio e o corpo cuberto con pelos dispersos.

Xusto debaixo dapel os sirenios, como oscetáceos e spinnípedes, teñen unha grosa capa subcutánea detecido adiposovascularizado que lles serve como illante. En efecto, a auga conduce a calor 25 veces mellor que o aire á mesma temperatura.[5] e, sobre todo, ten unhacapacidade calorífica moito máis alta, o que favorece o arrefriamento dos animais desangue quente.

Oselefantes son os parentes máis próximos dos sirenios, cos que comparten moitascaracterísticas anatómicas.[6][7]

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

A orde dosSirenia foi creada en1811 polozoólogoalemánJohann Karl Wilhelm Illiger,[8] en referencia ássereas dasmitoloxía grega e escandinava (porén, cómpre recordar quenavegantes tales comoCristovo Colón, pola contra, deron corpo á lenda das sereas das observacións dosmanatís).

Sinónimos

[editar |editar a fonte]

Ademais de polo nome que lle impuxo Illiger, a orde coñeceuse tamén polossinónimos:[8]

  • HalobioideaAmeghino, 1889
  • HerbivoraeGray, 1821
  • PhycocetaHaeckel, 1866
  • Sirenoideavan Beneden, 1855
  • SireniformesKinman, 1994
  • TrichechiformesHay, 1923

Filoxenia

[editar |editar a fonte]

Os sirenios teñen antepasados terrestres comúns cosproboscídeos e, de feito son o seu grupo irmán.[9] Otaxon que inclúe estes dous grupos (e outros dous grupos extintos) é oclado dostetiterios (Tethytheria), así chamados porque evolucionaron ao redor domar de Tetis. Omonofiletismo dos tetiterios ten o soporte dunha serie decaracterísticas morfolóxicas, como a falta deglándulas sudoríparas, que xa faltaban nos antepasados semiacuáticos dos elefantes e sirenios máis primitivos.

Así, en1997, McKenna e Bell propuxeron para este grupo, nunha clasificacióncladística, o rango deinfraorde nasuborde dosTethytheriaMcKenna, 1975 da orde dosUranotheriaMcKenna et Bell, 1997.[8]

A orde dosSirenia colocouse entón noclado dosPaenungulata que, segundo os datos xenéticos moleculares, queda clasificado dentro dasuperorde dosafroterios, agrupado con outras dúas ordes de mamíferos vivos: osProboscidea (elefantes) e osHyracoidea (damáns), e con outras dúas ordes extintas, a dosEmbrithopoda e a dosDesmostylia.

Oelefante africano é un representante dosproboscídeos, os parentes máis achegados dos sirenios.

Estas son as relacións dentro deste grupo de mamíferos:[10]

Paenungulata 

 Hyracoidea

 Tethytheria 

 Proboscidea

 Sirenia

Clasificación

[editar |editar a fonte]
Prorastomus é un xénero de sirenio que viviu durante oeoceno medio, hai uns 40 millóns de anos.
Halitherium, é un xénero extinto de sirenio que viviu noeoceno superior e nooligoceno inferior.
Esqueleto deMetaxytherium floridanum†, unha especie extinta de dugónguido.
Dugongo (Dugong dugon).

Dentro do grupo dos sirenios distínguense dúasfamiliasextintas e dúas conespecies viventes, cunxénero actual cada unha e numerosos xéneros extintos:[11]

FamiliaProrastomidae

FamiliaProtosirenidae

FamiliaDugongidae

FamiliaTrichechidae

Especies actuais

[editar |editar a fonte]

Só sobreviven catro especies en dúas familias:[8]

  • Osdugónguidos (Dugongidae) só inclúen unha especie vivente na actualidade, odugongo (Dugong dugon). Até hai uns 250 anos había outra especie que hoxe en día está extinta, oHydrodamalis gigas.
  • Ostriquéquidos (Trichechidae) oumanatís agrupan tres especies nun único xénero,Trichechus. Omanatí do Caribe (Trichechus manatus), omanatí amazónico (Trichechus inunguis) e omanatí africano (Trichechus senegalensis). Hai unha posíbel cuarta especie que habitaría nun afluente dorío Aripuaná do Brasil, un manatí anano dunha lonxitude de aproximadamente 1,3 m,[12] pero non foi definida de maneira válida e a opinión científica dominante é que estes animais non son máis que exemplares xuvenís do manatí amazónico.[13]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. sirenios no dicionario daRAG.
  2. Sirenian International (ed.)."Sirenians". Arquivado dendeo orixinal o 20-07-2012. Consultado o 28-08-2008. 
  3. Roberto Sozzani (ed.)."Dugong -Legends". Consultado o 24-07-2008. 
  4. Winger, Jennifer (2000):What's in a Name: Manatees and DugongsArquivado 30 de decembro de 2005 enWayback Machine.. Smithsonian National Zoological Park. Consultado o 22-07-2007.
  5. Sara J. Iverson (2009): "Blubber", en W. F. Perrin, Bernd G. Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.):Encyclopedia of Marine Mammals, 2nd ed. Londres: Academic Press.ISBN 978-0-12-373553-9.
  6. Encyclopædia Britannica (ed.)."tethytherian". Consultado o 24 de xullo de 2008. 
  7. Véxase ocladograma dosafroterios nesa páxina.
  8. 8,08,18,28,3Shoshani, J. (2005): "Order Sirenia", pp. 92-94 en D. Wilson & D, Reeder, eds.Mammal species of the world: A taxonomic and geographic reference, Vol. 2, Ed 3. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press.ISBN 978-0-8018-8221-0.
  9. "Are sirenians similar to dolphins and whales?". Arquivado dendeo orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2009. 
  10. Frédéric Delsuc, Jean-François Mauffrey, Emmanuel Douzery (xaneiro de 2003)."Une nouvelle classification des mammifères"(pdf).La Science(en francés)303. Consultado o 27 de xullo de 2009. 
  11. "Mikko's Phylogeny Archive"(en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2009. 
  12. Stern (25 de maio de 2005)."Biologe entdeckt Zwergseekuh". Consultado o 26 de xullo de 2009. 
  13. "Trials of a Primatologist". smithsonianmag.com. Arquivado dendeo orixinal o 14 de outubro de 2009. Consultado o 15 de maio de 2008. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  SireniosModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Berta, A.; J. Sumich & K. Kovacs (2005):Marine Mammals: Evolutionary Biology. Burlington, MA, USA: Academic Press.
  • Feldhamer, G.; L. Drickamer, S. Vessey, J. Merritt & C. Krajewski (2007):Mammalogy: Adaptation, Diversity, Ecology. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press.
  • Jefferson, T.; S. Leatherwood & M. Webber (1993):Marine mammals of the World. Roma: United Nations Environment Programme.
  • Jefferson, T.; M. Webber & R. Pitman (2008):Marine Mammals of the World: A Comprehensive Guide to their Identification. Londres: Academic Press.
  • Nowak, R. (2003):Walker’s Marine Mammals of the World. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press.
  • Reeves, R.; B. Stewart, P. Clapham & J. Powell (2002):Sea Mammals of the World. Londres: A & C Black.
  • Reynolds, J. & D. Odell (1991):Manatees and Dugongs. Nova York, NY: Facts on File Inc.
  • Ridgway, S. & R. Harrison (1985):Handbook of Marine Mammals: Volume 3: The Sirenians and Baleen whales. Londres: Academic Press.
  • Self-Sullivan, C. (2006):"Evolution of the Sirenia".
  • Vaughan, T.; J. Ryan & N. Czaplewski (2011):Mammalogy. Sudbury, MA. USA: Jones and Bartlett Publishers.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sirenios&oldid=6474240»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp