Theodor Herzl, pai do sionismo político.Bandeira adoptada oficialmente no Segundo Congreso Sionista en 1898, con variacións converteríase na bandeira deIsrael.
Osionismo (enhebreo:צִיּוֹנוּתTsiyyonut) é un movemento que defende a volta dosxudeus aPalestina (chamada polos xudeus Eretz Israel ou simplementeHaaretz, A Terra). Cando o xornalista vienésTheodor Herzl asistiu enParís á degradación do oficialDreyfus, inxustamente acusado de espionaxe, que fixo un gran rebumbio na sociedade francesa, poñendo a poboación francesa en dous eidos "dreyfusard" e "antidreyfusard" levando consigo tamén na prensa estas dúas posicións algúns artigos francamenteantisemitas, no entanto outros defendían a inocencia de Dreyfus.[1]Theodor Herzl pensou que o seu pobo nunca se integraría en Europa, o que o levou a fundar enBasilea en1897 aOrganización Sionista Mundial (deSión, monte deXerusalén), que recadaba fondos para comprar terreos e favorecer a inmigración xudía aPalestina. A afluencia de inmigrantes foi ben vista inicialmente polos árabes, que xa convivían en paz con xudeus autóctonos pero a medida que a poboación xudía aumentaba e se facía probable a consecución dun estado propio para estes, a opinión da poboación árabe foi cambiando. O desenvolvemento económico propiciou tamén unha migración árabe doutros estados cara a Palestina, mesturándose coa poboación árabe autóctona.
Tras as presións xudeu-sionistas, o goberno inglés emitiu aDeclaración Balfour, na que este se comprometía á creación dun fogar xudeu. Oholocausto xudeu durante asegunda guerra mundial foi un dos factores decisivos que levou á decisión daONU da partición de Palestina nun estado xudeu e outro árabe. A poboación local e os gobernos árabes non aceptaron esa decisión e declaráronlle a guerra en 1948 ó recentemente creado Estado de Israel comezando aPrimeira Guerra Árabe-Israelí, dentro doconflito que aínda non se resolveu.
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente nogrupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma denacionalismo étnico.