Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Sinus Aestuum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accidente xeográfico extraterrestreSinus Aestuum

Editar o valor en Wikidata
Datos xerais
Tiposinus(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Corpo astronómicoLúaEditar o valor en Wikidata
Datos xeográficos
Coordenadas12°06′N8°20′O / 12.1,-8.34Editar o valor en Wikidata
CuadránguloLQ11(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
mapa non dispoñible: lúa
Identificadores
GoPN5558Editar o valor en Wikidata
Sinus Aestuum, fotografía da sonda lunarClementine. Arriba á esquerda obsérvase o gran cráter Eratóstenes; as liñas brancas son parte do sistema de raios docráter Copérnico á esquerda da imaxe.
Localización do Sinus Aestuum.

Sinus Aestuum é unhabaía lunar, máis precisamente, unha formaciónbasáltica de estrutura similar a unmare que se atopa na área central dacara visible da Lúa. O seu nome significa enlatín «baía ardente». Foi chamada así polo astrónomoGiovanni Riccioli (1598-1671), denominación que foi aceptada oficialmente polaUnión Astronómica Internacional en 1935.[1]

Características da formación

[editar |editar a fonte]

A superficiebasáltica ten unha forma que se aproxima a un círculo de 316.5 quilómetros de diámetro. O centro deSinus Aestuum está nas coordenadasselenográficas 12° norte e 8° oeste. Cara aosuroeste continúa nunha depresión do terreo de forma redondeada até o ecuador lunar. Esta extensión basáltica, de aspecto similar pero algo máis grande, considérase tamén parte integrante desta mesma formación nalgunhas cartas lunares. O enorme cráterEratosthenes conforma o límitenoroeste doSinus Aestuum, mentres que osMontes Apenninus marcan o seu límite polo norte. Cara ao leste atópanse oMare Vaporum e oSinus Medii, e nosur elévase a montaña que rodea oFra Mauro. No leste hai un relevo ondulado que marca a transición cara aoMare Insularum. No bordo occidental (á beira de Eratosthenes) omagma alagou a antiga muralla do cráterStadius transformándoo nunpalimpsesto. Un pouco máis ao sur, o chan mostra unha coloración notoriamente máis escura. Nas inmediacións do cráterGambart hai undomo de lava. Moi preto de alí produciuse o impacto da sonda lunarSurveyor 2 que en1966 non logroualuar correctamente e resultou completamente destruída.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Nomenclatura do IAU no sitio do USGS

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Antonín Rükl:Mond, Mars, Venus. Taschenatlas der erdnächsten Himmelskörper. Artaria-Verlag, Praga 1977, páx. 138-141

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sinus_Aestuum&oldid=6916395»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp