Asintaxe[1] (dolatínsyntaxis, e este dogregoσύνταξις, deσυντάσσειν 'coordinar') é unha subdisciplina dalingüística. É a parte dagramática que se encarga de estudar as regras que gobernan a forma en que as palabras se organizan ensintagmas e, á súa vez, estes sintagmas enoracións, así como de estudar a función que cumpren os elementos dentro de cada unidade.
A escolasistémico funcional inclúe nas súas análises sintácticas o modo en que as oracións se organizan en estruturas detexto. Crese que o pai da disciplina foiApolonio Díscolo, cuxa obraSintaxe é un clásico da materia.
Existen diversos modos de realizar análises sintácticas, mediantecorchetes, mediantediagramas arbóreos etc.Ditas análises mostran tres tipos distintos de información sobre a oración que representan:
A orde lineal de aparición das palabras na oración (aínda que isto non é así en tódalas escolas).
A sintaxe aparece desde un comezo vencellada coalóxica, pois aproposición ou aoración son expresións de xuízos lóxicos; mais tamén coamorfoloxía. Ata comezos do século XX, non se observou a pertinencia de realizar a distinción entre estas dúas disciplinas lingüísticas.Louis Hjelmslev considera a morfoloxía como a teoría das designacións e a sintaxe como a teoría das relacións mutuas dos signos permutables dentro do texto.
No que concirne á fronteira entre morfoloxía e sintaxe, os lingüistas están moi divididos. Uns, como Frei ou Buyssens, afirman que a morfoloxía é un aspecto da sintaxe. Holt entende que a morfoloxía é o estudo das formas como función, e que a sintaxe é o estudo das maneiras de manifestación das formas funcionais.
Togeby fai unha división tripartita: morfosintaxe, morfoloxía e sintaxe. A morfosintaxe estudaría elementos sistemáticos (usos, empregos, funcións dosmorfemas) esintagmas. A morfoloxía, dedicada óeixo paradigmático, limitaríase ó sistema morfolóxico, prescindindo da función. A sintaxe, estudaría a progresión dotexto: orde e relacións sintagmáticas mutuas, ou combinación de morfemas
Coseriu considera a sintaxe a combinación das palabras na frase. Os problemas de que se ocupa a sintaxe refírense á orde de palabras, ós fenómenos de rección (concordancia ou réxime) —é dicir, á maneira que teñen certas palabras de impor a outras variacións decaso,número,xénero— e a partir do século XVIII, ás principais funcións que as palabras poden cumprir na frase.
Nesta apreciación que Coseriu realiza sobre a sintaxe botamos en falta os niveis superiores: acláusula, a oración e oenunciado. Parece máis adecuado hoxe en día —de estarmos de acordo con manter a distinción— indicar que o obxecto da sintaxe é a relación sintagmática (incluído tamén neste concepto a rección no sentido de Hjelmslev) das palabras e dos niveis superiores á palabra: frase, cláusula, oración e enunciado.