Foi unha cidadehitita que aparece baixo o nome deSinuwa.
No primeiro milenio antes da nosa era foi a principal das colonias gregas na costa doEuxino, situada nunha península da costa dePaflagonia, próxima ao Cabo Carambis.
A lenda relaciónaa cos argonautas e con Sinope, a filla deAsopo. Os habitantes alegaban que fora fundada porAutólico, unargonauta e compañeiro de Hércules.
Foi fundada como colonia de Mileto por Ambron; os colonos habían ser expulsados poloscimerios aos queHerodoto asigna a fundación. Expulsados os cimerios, estableceuse unha colonia deÉfeso (-632) dirixida por Cous e Crítines (Estacio eEstevo de Bizancio chámano Crítios de Corpo). Nos seguintes anos Sinope vai volverse unha cidade importante moi prospera.
Na segunda metade doséculo -V estaba gobernada por un tirano chamado Timesileón, que foi aliado deAtenas naguerra do Peloponeso. Expulsado o tirano, os atenienses enviaron un corpo de 600 colonos.Xenofonte descríbea como rica e próspera e di que o seu territorio chegaba aorío Halys, exercendo influencia sobre as tribos de Paflagonia e Capadocia; tiña colonias enCeraso,Cotiora eTrapezos (Trebisonda). Coa axuda da cidade osdez mil puideron embarcar paraHeraclea Póntica.Estrabón di que a súa frota era das principais dos gregos e dona do Euxino, e repartíase con Bizancio a pesca de atún.
Do-322 ao-301 pasou por mans dalgúns dosdiádocos de Alexandre o grande e o-301 estableceuse outra vez a tiranía conEscidrotemis (Scydrothemis), príncipe que recibiu unha embaixada deTolomeo I Soter; o-280 foi outra vez república.
O-220 foi atacada polo reiMitrídates doPonto, pero foi rexeitado con axuda enviada desdeRodas. Un tempo despois foi atacada porFarnaces, sucesor de Mitrídates, nun ataque por sorpresa, e apoderouse (-183). Os reis do Ponto convertérona na súa capital.
Mitrídates V Everxetes foi asasinado na cidade o-120 e sucedeuno o seu filloMitrídates VI Eupátor chamado o grande, que fora educado na cidade e que a embeleceu, construíndo un novo porto, arsenais navais, e almacéns pola pesca. Despois dabatalla de Cízico, Mitrídates nomeou tirano da cidade aBáquides, pero foi finalmente ocupada porLúculo (70) que lle restaurou a súa independencia.
Despois da derrota deFarnaces II do Ponto enZela,Xulio César puxo a cidade baixo protectorado romano e estableceu unha colonia romana (Colonia Julia Caesaris Felix Sinope).
A cidade permaneceu como cidade importante e praza forte destacada, pero o seu comercio comezou a decaer, con todo a pesca do atún aínda mantivo a súa prosperidade. O problema da falta de auga foi resolto porTraxano coa construción dun acueduto. Ficou no poder de Roma e deBizancio, ata que o1071 foi ocupada polosselxúcidas, pero os bizantinos recuperárona o1098 e conservárona ata o1204. Neste ano, foi ocupada por tropas da raíñaTamara de Xeorxia que entregaron o poder aDavid Comneno, que estableceu un efémerodespotado. O1214 o territorio foi repartido entreNicea eIconio (que ocupou a cidade); o1243 a rexión pasou a soberanía doIlKhan dePersia e sobre o1302 o emir deKastamonu (da dinastíaDjahandar Oghlu) ocupouna. Baixo os turcos pasou a chamouse Sinab.
Na segunda metade doséculo XIV as loitas civís levaron á división dos dominios dos Djandar Oghlu e algúns dos emires pretendentes residiu en Sinope; aquí residíaIsfandiyar cando a cidade foi ocupada polosotománs o1393. O1402 Isfandiyar foi restaurado porTimur Lenk (Tamerlán) ata o1458 en que foi outra vez ocupada polos otománs.
O1853 librouse en Sinope unha batalla naval na que os rusos, baixo mando do almirante Nakhimov, destruíron a frota otomán.