Boia de sinalización marítimaSinal no porto deRibadeo
Unsinal[1] (pronunciación(axuda·info)) é un símbolo, un xesto ou outro tipo de signo que informa ou avisa de algo. O sinal substitúe polo tanto á palabra escrita ou á linguaxe. Os sinais obedecen a convencións, polo que son facilmente interpretados.
Cando se trata de símbolos, os sinais están colocados en lugares visibles e están realizados normalmente en diversas cores e formas. No caso dos xestos, os sinais son feitos polas persoas mediante as mans e os brazos. Tamén hai sinais consistentes en bandeiras, empregadas sobre todo na navegación marítima, e sinais luminosos, como os dos faros nas costas.
Así mesmo, un sinal pode ser tamén a variación dunhacorrente eléctrica ou outra magnitude que se emprega para transmitir información. Por exemplo, entelefonía, existen diferentes sinais, que consisten nun ton continuo ou intermitente, nunhafrecuencia característica que permite coñecer ó usuario en que situación se atopa a chamada.