Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia. Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes. |
| Parroquia de Santa Mariña de Sillobre | |
|---|---|
Igrexa de Santa Mariña de Sillobre. | |
| Concello | Fene[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43.47777584325939, -8.14654921674294 |
| Poboación | 1091 hab. (2023) |
| Entidades de poboación | 31[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |

Santa Mariña de Sillobre é unha parroquia do concello deFene, naprovincia da Coruña. Segundo oIGE en 2024 tiña 1.091 habitantes (550 mulleres e 541 homes), 195 menos ca en1999. Ten 31 entidades de poboación e unha superficie de 9,74 km², a máis extensa das oito parroquias que conforman omunicipio.
A primeira mención documental coñecida daparroquia de Sillobre remóntase ao ano1100. Neste documento, recóllese un litixio entre as dioceses deSantiago eMondoñedo pola posesión doarciprestado de Bezoucos, no cal se menciona a "Xoan", párroco de Sillobre, e a Ordoño deFene. Este feito indica que xa noséculo XII Sillobre contaba cunha estrutura eclesiástica establecida, o que reflicte a súa relevancia na organización relixiosa e territorial da época.[2]
No 1601 é o primeiro ano no que se teñen novas sobre o número de persoas que habitaban na parroquia; en total había "40 fregueses", que máis ou menos, viñan a ser 200 persoas. No século XVII a parroquía do actual concello de Fene era a que máis habitantes posuía. As referencias que se teñen das parroquías de: San Estevo de Perlio "10 feligreses"; Divino Salvador de Fene "25 feligreses"; Santiago de Barallobre "20 feligreses" e Divino Salvador de Maniños "31 feligreses".[3]
Otopónimo Sillobre, segundoHenrique Dacosta, está formado por dúas raíces Sill- que procede do nome persoal latino Silius/Sillius ou do substratocéltico (galo) sil/-is `ocre´, `prixel silvestre´; e -obre: procedente do céltico *bhrgh `altura fortificada como cidadela de refuxio´,`castro´, (>*brig-s>-brix>-bre).[4]
OPatrimonio da parroquia é o seguinte:
O primeiro "Casino" que se creo na parroquia estaba situado nun local contruído no solar que o señor Francisco Anca (Paco), mercara ao volver deCuba, onde estivera por mor daemigración. Este lugar acolleu a chamada "Sociedade Unión Recreativa de Sillobre". Era un local social no que a celebración de bailes estaba á orde do día, sendo o máis populares os "Bailes da Piñata" e os de "San Xosé". Neste local existía unharadio, que era a única de Sillobre neses intres.
No ano 1936, por mor do comezo daGuerra Civil española, o local foi clausurado, levando aGarda Civil todo o que nel se atopaba (radio, libros...) para o concello.
A xente que ía a el anteriormente continuara acudindo a este lugar, porque ao lado do local, o xenro de Francisco Anca, o señor Marcelo Galdo, levantou unha zapataría, que sería durante uns anos o punto clave de reunión para a mocidade.[3]
A Zapatería de Marcelo abriu as súas portas pouco antes dos anos 50. Foi alí onde, no mes de outubro de1968, os mozos da parroquía comenzaron a falar para construirén unha nova "Sociedade" en Sillobre. Ao mesmo tempo foi un lugar onde enviaban a súa correspondencia os rapaces que ían facer o servizo militar fóra da comarca.

No mes de novembro do ano 1968 tivo lugar a primeira xuntanza, no desaparecidoBar Casa Doro, para concretar as bases. E a través de distintas reunións, chegouse a un acordo sobre o nome, escudo, estatutos... que conformarían o futuro Casino, e a principios de 1969 quedou constituída a Comisión Xestora. O 6 de abril dese mesmo ano é cando se fundou aSociedade Agarimo, por iniciativa de veciños comprometidos coa dinamización da parroquia. Entre os impulsores destacaron persoas como Galdo Fachal (1º Presidente da Sociedade). O obxectivo era crear un espazo que fomentase a participación veciñal e o desenvolvemento de actividades culturais, recreativas e deportivas.
O 19 de abril de 1969, a xunta decide alugar un local no Souto (antiga carpintería dos Vilares) a Fernando Saavedra por cinco anos para instalar alí a Sociedade. Acórdase facer certas reparacións, adquirir libros e legalizar a entidade. Na xuntanza do 18 de xullo de 1969, fíxase a data do 3 de agosto para a inauguración oficial do local. Xa o día 4 de xaneiro de 1970, acórdase realizar xestións para a adquisición de terreos para un campo de fútbol, así como a formación dun grupo de teatro e dunha rondalla, sendo elixido o día 18 de xaneiro de 1970Andrés Picallo como director do Grupo de Teatro, e Manuel Rodríguez (Lolito o Rubio) e Antonio Villanueva (Tucho) como directores da Rondalla. A actividade neste tempo é importante, celebrándose bailes, conferencias, oDía das Letras Galegas, campionatos dedominó,entroidos, etc. Todo isto a pesar das reducidas dimensións do local.
Data memorable foi o 5 de xuño de 1977, xa que se colocou a primeira pedra do Local Social e, por fin, chegou o día máis agardado por todas as persoas que formaban parte da sociedade: o 18 de marzo de 1984 inaugurouse onovo Local Social, no que pasaron a celebrarse todas as actividades da entidade.
Ao longo dos anos, o local social de Sillobre converteuse nun espazo clave para a vida comunitaria da parroquia, ofrecendo numerosos servizos para os seus socios. Alí chegaron a ofertarse, entre outros, un ximnasio, rutas cicloturísticas, ceas-baile, sala de informática, unha biblioteca, unha sala de xogos, grupos de gaitas, corais de canto, teatro infantil e de adultos, sesións de cine no verán e campionatos de tute e dominó. Tamén dispoñía dun bar-cafetería, xestionado nun inicio pola propia asociación, que completaba esta oferta de lecer e servizos.
Durante as décadas dos 80 aos anos 10, o local gozou dunha gran vitalidade e participación veciñal, froito da boa organización e implicación dos veciños responsables da súa xestión. Con todo, co paso do tempo e a xestión das derradeiras directivas, a actividade foi minguando. Isto provocou que o local permanecese pechado durante algúns períodos, abríndose unicamente en momentos moi puntuais do día.
Os obxectivos principais da S.C.R.D. Agarimo foron:
E as figuras máis destacadas da SCRD Agarimo son:
Foi outro centro de reunión da xente do lugar. Abriu as súas portas a principios da década dos 50. Era unhatenda-bar á que os veciños ían xogar a partida, parolar, ler a prensa...[3]

O día 25 de abril de 1936 inaugurouse o "Salón Galicia". Este edificio de estilo indiano destaca pola súa planta rectangular e sinxela volumetría. A súa fachada presenta ventás rectangulares dispostas simetricamente, e a cuberta a dúas augas está rematada con tella curva. Durante as primeiras décadas do século XX, o salón funcionou como un espazo de reunión e lecer, promovendo actividades similares ás dos casinos da época. Era habitual que os veciños de Sillobre e das parroquias próximas se xuntaran alí para gozar de bailes e eventos sociais.
Durante a posguerra e os anos seguintes os bailes en Sillobre eran un dos poucos momentos de lecer para a mocidade. O salón funcionaba como un centro social alternativo ás festas relixiosas, con actuacións deorquestras locais, grupos de gaitas ou músicos da comarca. Os bailes eran normalmente os domingos, festas patronais ou datas sinaladas (como o Entroido). No ano 1950, é dicir 14 anos despois o salón foi adaptándose: instaláronse equipos de son, mellorouse a iluminación e celebrábanse tamén sesións de cine, reunións veciñais e incluso asembleas da acabada de crear asociación veciñal Agarimo.
Tamén foi espazo defestas xuvenís, discotecas móbiles e incluso pequenos concertos. Co tempo, os costumes foron mudando, xurdiron discotecas nas vilas próximas (como Fene, Perlío ou Ferrol), e o salón de baile foi perdendo uso. Finalmente, moitos dos seus usos foron trasladados aolocal social de Agarimo, máis moderno e polivalente. O edificio quedou en desuso ou reconvertido, dependendo do período.[13]

A primeira escola da que temos referencia é unha que se abriu o 1 de marzo do ano 1851, a cal estaba rexentada por un home chamado Don Antonio Barreiro, e estaba situada en Orra, indo a ela unicamente nenos, pero de todos os lugares de Sillobre, é dicir: Belelle, San Marcos, Buio, Lubían, Marraxón, Orra e Pedre.
Os nomes dalgunhas materias que se cursaban nela son:
No ano 1890, temos constancia de que había outra escola mixta a súa mestra chamábase Xulia Casais.
Ata 1908 temos outra "Escola", esta "privada", convivía coas anteriores. Estaba dirixida por Don Xosé Novo Barreiro, e neste ano ordearan pechala, por non cumprir os requisitos legais, pero sabemos que no ano 1927 aínda seguía aberta contando con 61 nenos.
A partir de 1924 quedou establecida en Orra unha "Escola Nacional de nenas", nun salón coñecido como "Salón de Regla". Carmen Lamas Macías era a mestra desde centro. Era unha mulle moi emprendedora e con ideas; isto queda amosado en que, como naqueles tempos non había cartos para que as nenas marcasen os seus vestidos para facer a Primeira Comuñón, ela conseguira varios e tíñaos gardados na escola; así, cada ano, as nenas ás que lles tocaba de facer a comuñón podían usar os traxes, devolvéndoos despois. Preparaba un chocolate con churros; os cartos para facelo obtiñao organizando, unha vez ao ano no Salón Galicia, unha obra de teatro coas nenas, e os cartos que recadaba gardábaos para o ano seguinte, facer o chocolate das nenas que fixeran a Comuñón.
En novembro de 1927, concédeselle tamén á parroquía a creación dunha "Escola de nenos", xuntándose coa "Escola das Nenas".Neste intre, con estas
A Escola Unitaria de Sillobre foi construída durante aSegunda República Española, como parte dun proxecto de expansión educativa para atender á poboación infantil da parroquia. Aescola foi centro de aprendizaxe básica, pero tamén de socialización e vida comunitaria. Moitas xeracións de veciños e veciñas de Sillobre aprenderon alí a ler, escribir, sumar e coñecer o mundo. As clases combinaban o ensino de materias básicas coa transmisión de valores ecostumes. Non había calefacción moderna, e moitas veces os nenos traían o seu propio pau para quentar o aula.
Co paso do tempo, especialmente a partir dos anos 70-80, a caída da natalidade e a reorganización do ensino público levaron á centralización do alumnado en centros maiores, como os CEIP de Fene. Iso fixo que as pequenas escolas do rural, coma a de Sillobre, fosen pechando. A escola de Sillobre seguiu operativa durante bastante tempo, pero finalmente foi pechada oficialmente en2022, tras anos con moi poucos alumnos matriculados.[14]

Presenta un clima oceánico húmido, característico da costanoroeste de Galicia. Este tipo declima está influenciado pola proximidade aoocéano Atlántico caracterizado por temperaturas suaves durante todo o ano e precipitacións abundantes e ben repartidas. Temperatura media anual: aproximadamente 13,8 °C, segundo datos de Ferrol, localidade próxima a Sillobre. O mes máis cálido é agosto, con máximas medias arredor dos 23 °C e mínimas de 15 °C e precipitación media anual duns 1.225 mm.

Oequipo de fútbol da SCRD Agarimo de Sillobre, coñecido comoAgarimo S.D., foi fundado o 3 de decembro de 1971. A súa creación marcou un fito na vida social e deportiva da parroquia, consolidando a identidade da sociedade como entidade cultural, recreativa e deportiva o 8 de xullo de 1972 acórdase arrendar un terreo en Río de Sá (O Cepiño) para que poida adestrar e xogar o equipo de fútbol. Posteriormente Ao longo dos anos, o equipo participou en diversas competicións de fútbol afeccionado na comarca de Ferrolterra, sendo un referente local no deporte base e na promoción do fútbol entre a mocidade. Aínda que na actualidade non se atopan referencias recentes sobre a súa actividade deportiva, a SCRD Agarimo continúa a desenvolver iniciativas culturais e sociais en Sillobre, mantendo vivo o espírito comunitario que deu orixe ao equipo de fútbol.
A parroquía dende o ano 1986, ten outro lugar para a práctica de actividades deportivas como é a "Pista Polideportiva"; nela pódense poñer en práctica deporte de diversa índole e tan dispares coma tenis, baloncesto, balonmán, futból sala ou baloncesto. Na actualidade a "Pista" ten lugar o partido "Solteiros contra os Casados da parroquía" ou o"Torneo Comisión de Festas"
| Lugares da parroquia deSillobre no concello deFene (A Coruña) | |
|---|---|
O Ameneiro |A Arriba |Aúlfe |As Bardallas |O Barreiro |Belelle |A Brea de Sillobre |Buio |A Calzada |A Corveira |A Gándara |Gunduriz |A Gurita |A Lagarteira |Lubián |Marraxón |Orra |A Pallota |Pedre |A Pegariña |A Rabadeña |A Rañoa |O Reboredo |O Revolto |A Ribeira |San Marcos |O Souto |Taboado |O Valado |Vilanova |A Visura |
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sillobre, Fene |