Este artigo amosaescritos khmer. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Siem Reap (enkhmer:ក្រុងសៀមរាប, entailandés:เสียมราฐ) é unha cidade daprovincia de Siem Reap, no noroeste deCamboxa, ademais dun importante lugar turístico como porta de entrada á rexión deAngkor.[1][2] Trátase da quinta cidade máis poboada do país, con preto de 140.000 habitantes no2024.[3]
Siem Reap acolleu varias das capitais doImperio Khmer durante oséculo XV.[1] Porén, a historia doskhmer na rexión remóntase aoséculo VIII, coa chegada dos primeiros moradores.[4]
Siem Reap ten unha importante arquitectura colonial e de estilo chinés no antigo barrio francés, e preto do Mercado Vello. Ten museos, actuacións de bailesapsara tradicionais, granxas de sede, campos de arroz e un santuario de paxaros preto doLago Tonle Sap.
Siem Reap é un destino turístico popular con gran número de hoteis, restaurantes e negocios relacionados coturismo.[1][2] Isto débese en grande medida pola proximidade cos templos deAngkor Wat, a atracción turística máis importante do país.[1][2]