Solomon Naumovich Rabinovich, máis coñecido polo sobrenome literario deSholem Aleichem (Yiddish ehebreo:שלום־עליכם,ruso eucraíno:Шо́лом-Але́йхем), nado enPereiaslav o2 de marzo de1859 e finado enNova York o13 de maio de1916, foi un escritor e dramaturgo en linguayiddish, considerado un dos fundadores da literatura yiddish moderna[1].
Solomon Naumovich (Sholom Nohumovich) Rabinovich (ruso: Соломо́н Нау́мович (Шо́лом Но́хумович) Рабино́вич) naceu en 1859 en Pereiaslav pero medrou noshtetl (pequena vila cunha poboación xudía importante) de Voronko, na gobernatura de Poltava do Imperioruso:Соломо́н Нау́мович (Шо́лом Но́хумович) Рабино́вич (agora no distrito de Kíiv naUcraína central). O seu pai, Menachem-Nukhem Rabinovich, era daquela un rico comerciante.[2] Non obstante, un mal negocio deixou á familia na pobreza e Solomon Rabinovich medrou en difíciles circunstancias. Cando tiña 13 anos, a familia volveu a Pereiaslav, onde súa nai, Chaye-Esther, morreu nunha epidemia decólera en 1872.[3]
Educouse nuncheder ata 1876 cando pasou á escola rusa en Pereiaslav, na que se graduou en 1876 e despois pasou tres anos como titor da filla dun rico terratenente, Olga (Hodel) Loev (1865-1942) pero perdeu o traballo ao xurdir unha relación amorosa entre eles e negarse o pai a aceptar o casamento. Entre 1880 a 1883 foi rabino gobernamental[4] en Lubny.[5] O 12 de maio de 1883 casou con Olga, coa que tivo seis fillos, e nos máis tarde herdaron a propiedade do pai de Olga. En 1890, Sholem Aleichem perdeu a súa fortuna especulando na bolsa e fuxiu dos seus acredores, e foi súa nai quen finalmente pagou a súa débeda. En 1891 instalouse enOdesa e de 1893 a 1905 viviu enKíiv.
Logo de presenciar ospogroms que se sucederon no sur do Imperio en 1905, Sholem Aleichem deixouKíiv para establecerse enNova York, onde chegou en 1906. A súa familia permaneceu en Xenebra, e el foi tamén en 1908. En xullo dese ano durante unha xira por Rusia, Sholem Aleichem esvaeceuse nun tren enBaranowicze, diagnosticáronlle unha recaída detuberculose hemorráxica aguda e pasou dous meses no hospital da cidade. Máis tarde afirmou que foi o catalizador para escribir a súa autobiografía,Funem yarid.[6] Durante os seguintes catro anos permaneceu impedido para realizar unha actividade normal e viviu enAlemaña de doazóns de amigos e admiradores. Ao comezo daprimeira guerra mundial como cidadán ruso tivo que establecerse na neutralDinamarca antes de volver a Nova York coa súa familia nese mesmo ano.
Un volume relatos de Sholem Aleichem enYiddish, co retrato e a sinatura do autor
Como os seus contemporáneosMendele Mocher Sforim eI.L. Peretz Sholem comezou a escribir contos enhebreo eruso. En 1883, cando tiña 24 anos, publicou o seu primeiro relato enYiddish,Tsvey Shteyner, adoptando opseudónimo de Sholem Aleichem, a versiónyiddish da expresiónhebreashalom aleichem, que significa a "paz sexa contigo" e que se utiliza tipicamente como saúdo. Contra 1890 era xa unha figura central da literatura yiddish, e será sobre todo recoñecido polos seus relatos[7].
Ademais da produción literaria propia, Sholem Aleichem utilizou a súa fortuna persoal para animar a outros escritores yiddish. En 1888–89, publicou dous números dunalmanaque,Di Yidishe Folksbibliotek que deu a coñecer novos escritores en yiddish. A súa obra máis coñecida,Tevye der milkhiker, que se convertería na base do musicalFiddler on the Roof publicouse por primeira volta en 1894. Nos anos seguintes, ademais de en yiddish, escribiu textos non literarios en ruso para un xornal de Odesa e paraVoskhod, a principal publicación xudía de Rusia da época, así como en hebreo paraHa-melitz, e para unha antoloxía editada por YH Ravnitzky. Foi durante este período que Sholem Aleichem contraeutuberculose.
En agosto de 1904, Sholem Aleichem editouHilf: a Zaml-Bukh fir Literatur un Kunst (Varsovia, 1904) e traduciu tres relatos presentados porTolstoi para axudar as vítimas do progrom de Kishinev.
En 1907 estreou á vez en Nova York dúas pezas teatrais para os dous teatros yiddish, mais o seu fracaso comercial fixo que non puidera representar máis pezas nos Estados Unidos[8]
Estatua de Sholem Aleichem en Netanya (Israel), realizada por Lev Segal
As narracións de Sholem Aleichem caracterízanse pola naturalidade dos diálogos dos personaxes e a precisión das súas descricións da vida noshtetl As primeiras críticas centráronse na humor e gozo de vivir dos personaxes, interpretado como un xeito de superar as adversidades. As críticas posteriores viron un lado tráxico na súa escritura.[9] Nos Estados Unidos denominárono o "Mark Twain xudeu"[10] debido ao estilo de escritura similar dos dous autores e ao uso de sobrenomes literarios. Ambos os dous autores escribiron tanto para adultos como nenos, e realizaron amplas xiras por Europa e os Estados Unidos. Cando Twain soubo que Sholem rebicía o nome do Mark Twain xudeu, respondeu "por favor dicirlle que eu son o Sholem Aleichem americano."[11]
Sholem Aleichem foi un apaixonado defensor do yiddish como lingua nacional xudía, e sentía que debía recibir o mesmo status e respecto ca outras linguas europeas modernas, ao longo de toda a súa vida mantivo o seu "yiddismo", ao tempo que tamén se dedicaba á causa dosionismo, que está presente en moitas das súas obras.[12] En 1888 fíxose membro e Hovevei Zion e en 1907, foi un dos delegados norteamericanos do 8º Congreso Sionista da Haia
Sholem Aleichem tiña un temor mortal ao número 13. Os seus manuscritos nunca tiñan unha páxina 13; numerándo esas páxinas como 12a.[13]
Sholem Aleichem morreu en Nova York o 13 de maio de 1916 de tuberculose e diabetes, aos 57 amps, mentres traballaba na súa última novela,Motl peysi dem khazns, e recibiu sepultura no cemiterio de Old Mount Carmel enQueens[14] Foi un dos enterros ao que acudiu máis xente na historia de Nova York, estimándose en 100.000 os asistentes.[15]