Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Shoegazing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shoegazing
e
Orixe musicalrock alternativo,dream pop,neopsicodelia,noise pop,post-punk,drone music,space rock
Orixe culturalmediados dos 80 noReino Unido
Instrumentos típicosguitarra, voces, baixo, batería
Derivadosnu gaze
Xéneros de fusión
post-metalpost-rock

Shoegazing (tamén coñecido comoshoegaze) é un subxénero dorock alternativo aparecido noReino Unido eIrlanda a finais dos anos 80 entre os grupos deneopsicodelia.[1] Durou ata mediados dos anos 90, chegando ao seu cénit nos anos 1990 e 1991. A prensa musical británica, especialmenteNME eMelody Maker, chamou a este estilo shoegazing debido a que os músicos destas bandas estaban relativamente tranquilos durante as actuacións, e nun estado introspectivo ("non-confrontational state"), de aí a idea de que estaban mirando os seus zapatos (en inglésshoe).[2][3] O excesivo uso depedais de efectos tamén contribuíu á imaxe dos músicos mirando cara aos seus zapatos (shoegazing significa mirando os zapatos) durante os concertos.[4]

O son shoegazing caracterízase polo significativo uso de efectos e distorsión de guitarra, polas indistinguibles e escura melodías de voz que se mesturan e confunden con retroalimentación e un volume abafador.[2]My Bloody Valentine e o seu álbumLoveless de 1991 son amplamente considerados como os que definiron o xénero,[5][6] e na estilo tamén destacan bandas comoSlowdive,Ride,Lush,Curve,Pale Saints,Swirlies,Chapterhouse, eSwervedriver.

Nos anos 90, os grupos de shoegazing foron deixados de lado polo movementogrunge estadounidense, forzando a bandas relativamente descoñecidas a separarse ou a reinventar o seu estilo. En tempos máis recentes houbo un renovado interese polo xénero entre as bandas de "nu-gaze", comoThe Joy Formidable,DIIV,The Depreciation Guild,The Radio Dept,Grey Zine,Whirr eSnow in Mexico.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Reynolds, Simon (1991-12-01)."POP VIEW; 'Dream-Pop' Bands Define the Times in Britain".The New York Times(eninglés).ISSN 0362-4331. Consultado o2025-02-10. 
  2. 2,02,1"Explore: Shoegaze".AllMusic. 2011-02-17. Consultado o2025-02-10. 
  3. Rogers, Jude (2007-07-27)."Diamond gazers".The Guardian(eninglés).ISSN 0261-3077. Consultado o2025-02-10. 
  4. Cohen, Finn (2017-08-14)."Shoegaze, the Sound of Protest Shrouded in Guitar Fuzz, Returns".The New York Times(eninglés).ISSN 0362-4331. Consultado o2025-02-10. 
  5. "The 50 Best Shoegaze Albums of All Time".Pitchfork(eninglés). 2016-10-24. Consultado o2025-02-10. 
  6. Sanders, Shane (2024-06-20)."Shoegaze: The dreamlike guitar-driven genre defined by My Bloody Valentine and Ride".Gibson Gazette(eninglés). Consultado o2025-02-10. 
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Shoegazing&oldid=6965851»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp