Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Shalom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shalom (enlingua hebraicaשָׁלוֹם, xeralmente traducido comopaz) significa paz entre dúas entidades (xeralmente dúas nacións) ou a paz interior dun individuo. Tamén é utilizada como cumprimento dentro da comunidadexudía, á semellanza dosalaamárabe.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A palabrashalom deriva da raízש-ל-ם, que naslinguas semíticas aparece co sentido deser completo, ser cheo ou ser pleno, aparecendo en diversos textos co sentido depaz,salvación eprosperidade de individuos e nacións.

Expresións

[editar |editar a fonte]

Dentro dalingua hebraica, a palabrashalom é utilizada en diversas expresións:

  • Shalom aleikhem (שָׁלוֹם עֲלֵיכֶם; literalmente "a paz sobre vós"), é a expresión completa do uso deshalom cando cumprimento, e é cognato aoárabeAssalamu Aleikum. A resposta a esta expresión éAleikhem shalom.
  • Shabbat shalom (שַׁבָּת שָׁלוֹם) cumprimento común usado noShabat, sendo moi utilizado en comunidadesMizrahi,Sefaradi e enIsrael. Algunhas comunidadesasquenací empregan o termoyiddishGut shabbes.
  • Alav hashalom (עַלָיו הַשָּׁלוֹם; literalmente "sobre el a paz") é unha expresión usada nalgunhas comunidades xudaicas após mencionar o nome dunha persoa respectábel, equivalente ao árabealayhi is-salaam).

Nomes

[editar |editar a fonte]

Shalom é xeralmente utilizado como nome ou raíz de nomes dentro da comunidade xudaica, tendo como exemplo o rei Shlomo ouSalomón (שלומה).

Persoas coñecidas co nome de Shalom:

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Shalom&oldid=5619846»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp