Ocalendario nacionalindioShaka Samvat, é o calendario civil oficial utilizado na India. Emprégase, xunto cocalendario gregoriano, naGazette of India, en difusións de noticias daAll India Radio, e en calendarios e comunicacións publicados polo goberno da India.
Á marxe de tales propósitos formais, o calendario non é moi amplamente utilizado.
Enanos bisestos, Chaitra ten 31 días e comeza o21 de marzo en lugar do 30. Os meses da primeira metade do ano teñen todos 31 días, para ter en conta o movemento máis lento do sol a través daeclíptica neste tempo.
Os nomes dos meses derivan de calendarioshindús lunisolares máis antigos, polo que existen variacións no deletreo, o que é unha fonte posíbel da confusión en canto a que calendario pertence unha data.
Os anos cóntanse naera Saka, a que comeza o seu ano 0 no78.