Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Sexto Petronio Probo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSexto Petronio Probo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento328(Gregoriano)Editar o valor en Wikidata
Verona, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Morte388(Gregoriano)Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Tesalónica, GreciaEditar o valor en Wikidata
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónpolíticoEditar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano eAntigüidade tardíaEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnícia Faltônia ProbaEditar o valor en Wikidata
FillosPetronius, Anicius Hermogenianus Olybrius, Anicia Proba, Anício Petrônio Probo, Anicius ProbinusEditar o valor en Wikidata
PaiPetrônio ProbinoEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen AltertumswissenschaftEditar o valor en Wikidata
WikiTree: Probus-3

Sexto Claudio Petronio Probo (enlatín,Sextus Claudius Petronius Probus), foi militar, político e un dos principaispatriciosromanos de finais doséculo IV, coñecido pola súa riqueza, poder e conexións sociais.

Foi patrón do mozoAmbrosio de Milán e tivo unha carreira espectacular:procónsul deÁfrica no358,prefecto pretoriano en catro ocasións ocasións (deIllyricum no 364, daGalia no 366, deItalia entre o 368 e o 375 e de novo entre o 383 e o 384 ), ecónsul no 371, co emperadorGraciano comocolega.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Familia

[editar |editar a fonte]

Eracristián e pertencía á poderosafamilia Anicia deVerona, unha poderosa familia patricia convertida ao cristianismo. Casou conAnicia Faltonia Proba, a filla do seu curmán primeiroQuinto Clodio Hermoxeniano Olibrio, coa que tivo dous fillos,Anicio Probino eAnicio Hermoxeniano Olibrio. A través dos seus fillos, Probo foi o avó paterno de dousemperadores,Petronio Máximo eAnicio Olibrio.

Segundo a árbore xenealóxica publicada por Mommaerts e Kelley, Probo era fillo dePetronio Probino, cónsul no 341, e de "Claudia"/"Clodia", unha irmá deClodio Celsino Adelfo.Faltonia Betitia Proba, poeta cristiá, era irmá deste Probino e esposa de Adelfo.[1] Hermoxeniano era fillo de Proba e Adelfo. Probino e Proba máis vellos, eran fillos dePetronio Probiano, cónsul no 322. Mommaerts e Kelley consideran que a súa muller era unha "Anicia", unha irmá de Amnio Anicio Xuliano. Claudia e Adelfo eran fillos de Clodio Celsino e Demetrias.[1] O Probiano máis vello, era un fillo de Petronio Aniano, cónsul no 314. Mommaerts e Kelley consideran que a súa muller era "Proba", unha filla de Probo.[1] Probo estivo casado coa súa curmá primeiraAnicia Faltonia Proba (aproximadamente 365-410-432), filla de Quinto Clodio Hermoxeniano Olibrio e da esposaTurrenia Anicia Xuliana ouAnicia Faltonia Proba, coa que tivo tres fillos, Anicio Probino, Anicio Hermoxeniano Olibrio e Anicio Petronio Probo.

Carreira

[editar |editar a fonte]

A carreira de Probo foi unha das máis salientables do momento. Comezou comocuestor e logo converteuse enprefecto urbano.[2][3] Foi procónsul de África no 358[4] e logoprefecto pretoriano catro veces: deIllyricum no 364, deGalia no 366, deItalia, Illyricum eÁfrica no 368-375 e de novo en 383-384;[2][4] mentres tanto, ocupou oconsulado no 371, co emperadorGraciano comocolega.[2]

En 372, defendeu aSirmium contra o ataque bárbaro e nese mesmo ano proclamou aAmbrosio gobernador deEmilia e aLiguria. En 375, Probo foi acusado de corrupción e opresión na extorsión de impostos porValentiniano I. Serviu ao mando do emperadorValentiniano II, seguíndoo na corte oriental candoMagno Máximo se rebelou enOccidente. Descoñécese a súa data de morte, aínda que vivía no 390 cando, segundo aVita Ambrosii dePaulino de Milán, dous nobres persas presentáronse anteTeodosio I enMediolanum pero marcharon ao día seguinte aRoma para ver por si mesmos a Petronio Probo, o orgullo da aristocracia romana, unha lenda na súa propia vida.

Tumba

[editar |editar a fonte]

Petronio Probo foi enterrado nunmausoleo construído para el pola súa muller Anicia Faltonia Proba no outeiro doVaticano.[5][6] Como o lugar de enterramento máis prestixioso xunto á tumba de San Pedro da vellabasílica de San Pedro xa fora ocupado polo sarctego do predecesor de Probo, o cónsul e praefectus urbanusXunio Baso, o mausoleo de Probo foi construído inmediatamente fóra da ábsida occidental da basílica.[5][6] Probo foi enterrado en San Pedro moitas décadas antes de que o primeiro papa alí enterrado - o papaLeón I - fose enterrado no461, e nunha posición máis próxima á tumba do apóstolo do posible para o mausoleo imperial deHonorio, unido ao cruceiro sur da basílica no principios do século V para os enterros da dinastía teodosiana.[5][6][7]

Fama

[editar |editar a fonte]

En varias inscricións, Probo é descrito como "o cumio da casa Anicia" (Aniciae domus culmen), "máis aprendido en todos os temas" (omnibus rebus eruditissimus) e "o cumio da nobreza, a luz da literatura e a elocuencia" (nobilitatis culmen, litterarum et eloquentiae lumen). Estas frases suxiren que foi unmecenas daliteratura, incluído o do poeta deBordeos,Ausonio. Os seus dous fillos, Probino e Olibrio, continuaron a tradición sendo os patróns deClaudiano, quen pinta un retrato laudatorio de Probo no seuPanegyricus dictus Probino et Olybrio consulibus, escrito para celebrar o consulado conxunto dos seus fillos no 395.

Amiano Marcelino represéntao como un home vaidoso e rapaz que:

"Tiña posesións en case todos os puntos do Imperio; algunhas ben e outros mal adquiridas. Había dous homes nel, un amigo leal e sincero, o outro, un inimigo perigoso e vingativo. A pesar do equilibrio e a confianza que lle debían dar as súas inmensas xenerosidades e o hábito do poder, Probo baixaba o ton en canto llo subían a el, non sendo un gran personaxe agás cos humildes. Igual que o peixe non vive fóra do elemento líquido, Probo non respiraba no momento en que non ocupaba algún cargo ou sinecura. Ademais, sempre o impulsaba cara o poder, querendo ou non, o interese dalgunha importante familia, que, non atendendo a regra do deber coa intemperancia dos desexos, quería asegurarse a impunidade, buscando unha alta protección. Porque debemos afirmar que, se persoalmente era incapaz de esixir algo ilícito a un cliente ou a un subordinado, non deixaba, porén, cando había sospeita sobre calquera dos seus, de toma-la súa defensa con razón ou sen ela, aínda que fose en contra da xustiza.[8]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2Mommaerts e Kelley (1992), p. 112
  2. 2,02,12,2Martindale, Jones, e Harris 1971, p. 737
  3. Cagnat e Merlin (1935)
  4. 4,04,1Cameron (1985), pp. 178-182
  5. 5,05,15,2Thacker (2013), pp. 143–144
  6. 6,06,16,2McEvoy (2013), p. 130
  7. Alchermes (1995, pp. 7-8
  8. Amiano Marcelino,Historia, XXVII, 11

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Sexto Petronio Probo

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Alchermes, Joseph D. (xaneiro 1995). Catholic University of America Press, ed. "Petrine Politics: Pope Symmachus and the Rotunda of St. Andrew at Old St. Peter's".The Catholic Historical Review(eninglés). LXXXI (1): 1–40.ISSN 0008-8080.JSTOR 25024438. 
  • Cagnat, R.; Merlin, Alf. (1935). "Publications relatives a l’antiquité Romaine".L’Année Épigraphique(enfrancés) (París: Presses Universitaires de France) (1934): 59–74.ISSN 2492-0509.JSTOR 25606621. 
  • Cameron, Alan (novembro de 1985). "Polyonomy in the Late Roman Aristocracy: the Case of Petronius Probus".Journal of Roman Studies(eninglés)75: 164–182.ISSN 1753-528X.JSTOR 300658.doi:10.2307/300658. 
  • Martindale, John R.; Jones, A. H.M.; Morris, John, eds. (1971).The Prosopography of the Later Roman Empire: Volume I, AD 260–395(eninglés). Cambridge: Cambridge University Press.ISBN 0-521-07233-6. 
  • McEvoy, Meaghan (2013). "The Mausoleum of Honorius: Late imperial Christianity and the city of Rome in the fifth century". En McKitterick, Rosamond; Osborne, John; Richardson, Carol M.; Story, Joanna.Old Saint Peter's, Rome(eninglés). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press. pp. 119–136.ISBN 978-1-107-72963-6. 
  • Mommaerts, T.S.; Kelley, D.H. (1992). "The Anicii of Gaul and Rome". En Drinkwater, John y Hugh Elton; Elton, Hugh.Fifth-century Gaul: A Crisis of Identity?(eninglés). Cambridge: Cambridge University Press. pp. 111–121.ISBN 978-0521414852. 
  • Thacker, Alan (2013). "Popes, emperors and clergy at Old St Peter's from the fourth to the eighth centuries". En McKitterick, Rosamond; Osborne, John; Richardson, Carol M.; Story, Joanna.Old Saint Peter's, Rome(eninglés). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press. pp. 137–158.ISBN 978-1-107-72963-6. 


Predecesor:
Valentiniano I e
Valente
 

Cónsul doImperio Romano xunto con
Graciano 
371

Sucesor:
Domicio Modesto e
Flavio Arinteo
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sexto_Petronio_Probo&oldid=6380015»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp