Sexting (contracción desex etexting) é unanglicismo que fai referencia ao envío de contidos eróticos ou pornográficos por medio doteléfono móbil. Comezou facendo referencia ao envío deSMS de natureza sexual, pero coa extensión das capacidades multimedia dos dispositivos móbiles, medraron os envíos de fotografías e vídeos, aos cales se estendeu o uso do termo, aínda quetexting en inglés faga inicialmente referencia ao envío de mensaxes de texto. É unha práctica común entre xente nova, e cada vez máis entre adolescentes.[1]
As primeiras referencias aosexting datan de 2005 na revistaSunday Telegraph,[2] e desde entón constatouse a súa existencia en diversos lugares do mundo, con meirande incidencia inicial nos países anglosaxóns:[3]Australia,[4]Nova Zelandia,[3] osEstados Unidos de América,[5] e oReino Unido.[2]
Unha enquisa realizada en 2008 no marco da campaña estadounidense para a prevención da gravidez entre adolescentes e CosmoGirl.com[6] revelou o rápido espallamento deste e outros comportamentos online semellantes entre os adolescentes. O 22% das rapazas enquisadas (e o 11% das que tiñan entre 13 e 16 anos) afirmaron ter enviado ou publicado electronicamente fotos de si mesmas espidas ou semiespidas. O 33% dos rapaces e o 25% das rapazas dixeron que lles tiñan amosado ese tipo de imaxes privadas. Segundo esta enquisa, as mensaxes sexuais eran máis comúns cás imáxes, cun 39% dos rapaces que as enviaran (ou publicaran en Internet) e o 50% que as recibira. Aínda que a validez estatística desta enquisa foi posta en dúbida[7] por ter partido dunha mostra autoseleccionada, outras enquisas posteriores amosan cifras semellantes.
En xaneiro de 2009, unha enquisa entre 1.200 adolescentes amosaba que un de cada cinco enviara fotos de si mesmo con espidos explícitos.[8]
Noutra enquisa realizada en abril de 2009 entre 655 mozos estadounidenses observouse que o 19% dos adolescentes enviaran, recibiran ou reenviaran fotos de espidos ou semiespidos sexualmente suxestivos, por medio de mensaxes de celular ou mediante correo electrónico. O 60% deles enviáranas ao seu mozo ou moza, pero o 11% afirmou telas enviado a persoas que nin sequera coñecían. O 80% de quen practican osexting, segundo esta enquisa, é menor de 18 anos.[9]
O propio Departamento de Xustiza do goberno dos Estados Unidos ten alertado sobre o crecemento deste fenómeno que segundo recoñecen está dando lugar a novas formas de delito.[10]
O sexting é consecuencia dos avances tecnolóxicos que facilitan novas formas de interacción social. Ao longo da historia dos sistemas de comunicación, sempre se intercambiaron mensaxes con contido sexual. Porén, asNTIC permiten a comunicación mediante imaxes e vídeos, os cales son intrinsecamente máis explícitos e teñen un meirande impacto. O perigo novo do sexting reside en que ese material pode ser difundido de maneira moi doada e ampla, de xeito que o remitinte inicial perde totalmente o control sobre a difusión deses contidos.[11][12]
Tense sinalado o sexting como causante de certas consecuencias imprevistas e graves. Relacionouse con situacións tan embarazosas, despois de se teren pasado fotos a terceiros, que conduciron ao suicidio do remitinte orixinal.[13]
Así mesmo sinalouse como unha actividade que pode expoñer os menores de idade aogrooming[14] e aociberbullying, como medio de presión e ridiculización contra a persoa fotografada.[Cómpre referencia]
Dependendo do marco xurídico de cada país o sexting pode derivar en problemas legais (mesmo penais) de diverso tipo,[15][16] incluíndo:
En 2009 algúns Estados norteamericanos comezaron realizar modificacións legais para evitar que calquera adolescente implicado/a en casos de sexting fose acusado/a de producir ou distribuír pornografía infantil ou para mesmo legalizar o envío consentido deste tipo de imaxes entre maiores de 13 anos. Porén, nalgúns deles como é o caso do Estado deVirxinia a simple nudez dun menor nunha imaxe non significa que a devandita imaxe sexa pornográfica.[17]
En 2007, 32 adolescentes deVictoria, Australia foron denunciados a causa de actividades de sexting.[18] En xaneiro de 2009 imputáronse cargos depornografía infantil a seis adolescentes enGreensburg, Pennsylvania despois de que tres rapazas pasaran fotos sexuais a tres compañeiros masculinos de clase.[19] EnFlorida un rapaz de 19 anos permanecerá inscrito no rexistro de delincuentes sexuais do Estado até que teña 43, por ter reenviado unha foto da súa ex-moza espida a varias decenas de persoas.[20]
Entre as personaxes públicas que se viron afectadas por practicar sexting áchanse as cantantes e actricesVanessa Hudgens,[21]Miley Cyrus,Rihanna eCassie Ventura.[22]
Following a string of extramarital affairs and several lurid "sexting" episodes, Warne has found himself home alone, with Simone Warne taking their three children and flying the conjugal coop.
This month in Greensburg, Pa., three high school girls who sent seminude photos and four male students who received them were all hit with child pornography charges. And in Newark, Ohio, a 15-year-old high school girl faced similar charges for sending her own racy cell phone photos to classmates. She eventually agreed to a curfew, no cell phone and no unsupervised Internet usage over the next few months. If she complies, the charges will be dropped.