Sewall Green Wright, nado o 21 de decembro de 1889 e finado o 3 de marzo de 1988, foi unxenetista americano coñecido polos seus traballos que tiveron grande influencia na teoría daevolución e sobre aanálise do camiño enestatística. Foi un dos fundadores daxenética de poboacións xunto conRonald Fisher eJ. B. S. Haldane, que supuxo un gran paso no desenvolvemento dasíntese evolutiva moderna combinando axenética coa evolución. Descubriu ocoeficiente de endogamia e métodos para calculalo nopedigree animal. Ampliou o seu traballo áspoboacións, calculando a cantidade deendogamia entre os membros de poboacións como resultado daderiva xenética aleatoria, e, xunto con Fisher, foi pioneiro nos métodos de calcular a distribución defrecuencias xénicas entre as poboacións como resultado da interacción daselección natural, amutación, a migración e a deriva xenética. Wright fixo tamén grandes contribucións á xenética de mamíferos e á xenética bioquímica.[1][2][3]
Sewall Wright naceu enMelrose,Massachusetts fillo de Philip Green Wright e Elizabeth Quincy Sewall Wright. A familia mudouse tres anos despois despois de que o pai aceptase un traballo de profesor noLombard College, un colexioUniversalista de Galesburg,Illinois.
Foi o máis vello de tres irmáns, os outros eran oenxeñeiro aeronáuticoTheodore Paul Wright e ocientífico políticoQuincy Wright. Desde idade temperá Wright demostrou talento e gusto polasmatemáticas e abioloxía. Wright estudou naGalesburg High School e graduouse en 1906. Despois matriculouse noLombard College, onde ensinaba o seu pai, para estudar matemáticas. Foi moi influenciado pola profesora Wilhelmine Entemann Key, unha das primeiras mulleres en recibir o doutoramento enbioloxía. Wright obtivo o seu título de doutor (Ph.D.) naUniversidade Harvard, onde traballaba noBussey Institute co pioneiro da xenética de mamíferosWilliam Ernest Castle, que investigaba a herdanza da cor da pelaxe dos animais mamíferos. Traballou para oDepartamento de Agricultura dos Estados Unidos ata 1925, cando pasou ao Departamento de Zooloxía daUniversidade de Chicago. Permaneceu alí ata que se retirou en 1955, cando se cambiou áUniversidade de Wisconsin–Madison.
Recibiu moitos honores ao longo da súa carreira, como aMedalla National de Ciencias (1966), oPremio Balzan (1984), e aMedalla Darwin daRoyal Society (1980). Foi membro daAcademia Nacional das Ciencias dos Estados Unidos e un Membro Externo da Royal Society.[4] ASociedade Matemática Americana seleccionouno como o conferenciante Josiah Willards Gibbs de 1941.[5][6] Polo seu traballo en xenética dos procesos evolutivos, Wright foi premiado coaMedalla Daniel Giraud Elliot da Academia Nacional de Ciencias en 1945.[7]
Wright casou con Louise Lane Williams (1895–1975) en 1921 e tiveron tres fillos: Richard, Robert, e Elizabeth.
Os seus artigos sobreendogamia,sistemas de apareamento, ederiva xenética fixeron que sexa considerado un dos fundadores principais daxenética de poboacións teórica, xunto conR. A. Fisher eJ. B. S. Haldane. Os seus traballos teóricos sobre a orixe dasíntese evolutiva moderna ou síntese neodarwinista. Wright era o inventor/descubridor docoeficiente de endogamia e doestatístico F, ferramentas estándar en xenética de poboacións. Foi o principal desenvolvedor da teoría matemática daderiva xenética, que se denomina ás veces efecto Sewall Wright,[8] dos cambios estocásticos acumulativos enfrecuencias xénicas que se orixinan polos nacementos, mortes e segregacións mendelianas aleatorios na reprodución. Neste traballo tamén introduciu o concepto detamaño efectivo da poboación. Wright estaba convencido de que a interacción da deriva xenética e as outras forzas evolutivas era importante no proceso de adaptación. Describiu a relación entrexenotipo efenotipo e afitness comosuperficie de fitness oupaisaxes evolutivas. Nestas paisaxes a fitness da poboación media era a altura, representada en relación co eixe horizontal, o cal representaba asfrecuencias alélicas ou os fenotipos medios da poboación. Aselección natural faría que unha poboación subise ao pico máis próximo, mentres que sa deriva xenética causaría unha deambulación aleatoria.
A explicación de Wright daestase (no equilibrio interrompido) era que os organismos acaban ocupandopicos adaptativos. Para evolucionar a outro pico máis alto, unha especie tería que pasar primeiro a través do val de estadios intermedios non adaptativos. Isto podería ocorrer por deriva xenética se a poboación é bastante pequena. Se unha especie estaba dividida en pequenas poboacións, algunhas poderían atopar picos máis altos. Se había algúnfluxo xénico entre as poboacións, estas adaptacións poderían espallarse ao resto das especies. Isto é ateoría do equilibrio cambiante de Wright da evolución. Houbo moito escepticismo entre os biólogos evolutivos sobre se estas condicións bastante delicadas se manteñen a miúdo en poboacións naturais. Wright sostivo un tenso e longo debate sobre isto conR. A. Fisher, o cal pensaba que a maioría das poboacións na natureza eran demasiado grandes para que estes efectos da deriva xenética fosen importantes.
O método estatísticode Wright deanálise do camiño, que el inventou en 1921 e que foi un dos primeiros métodos que usou unmodelo gráfico, aínda se aplica frecuentemente en ciencias sociais. Foi un crítico de manuscritos xenéticos moi influente. A súa reputación era tal que se lle atribuían ás veces "revisións" que el non fixera.
Wright influíu moito enJay Lush, que foi a figura máis influente na introdución daxenética cuantitativa na crianza por cruzamentos de animais e plantas.Desde 1915 a 1925 Wright traballou para a Animal Husbandry Division do Bureau of Animal Husbandry dos Estados Unidos. O seu principal proxecto foi investigar a endogamia que ocorría na selección artificial que tiña como resultado as liñas de gando líderes usadas na produción de carne en América. Tamén realizou experimentos con 80.000coellos de Indias no estudo da xenética fisiolóxica. Ademais analizou os caracteres duns 40.000 coellos de Indias en 23 cepas de apareamentos de irmán-irmá fronte ao grupo que se apareaba ao azar (Wright 1922a-c). O estudo concentrado destes dous grupos de mamíferos levouno finalmente a construír a teoría do equilibrio cambiante e o concepto de "superficies de valor selectivo" en 1932. (Wright 1988. Páx. 122. American Naturalist)
Fixo grandes traballos na xenética dos coellos de Indias, e moitos dos seus estudantes convertéronse en científicos influentes no desenvolvemento da xenética de mamíferos. Decatouse xa en 1917 de que os xenes actuaban controlandoencimas.
Wright foi un dos poucos xenetistas do seu tempo que se aventurou no campo dafilosofía. Coincidiu conCharles Hartshorne, que se converteu nun amigo seu para toda a vida e colaborador filosófico. Wright apoiaba unha forma depanpsiquismo. Cría que o nacemento da conciencia non se debía a unha misteriosa propiedade do aumento da complexidade, senón unha propiedade inherente, o que implica que estas propiedades estaban nas partículas máis elementais.[9]
Wright e Fisher, xunto con J. B. S. Haldane, foi unha figura clave na síntese evolutiva moderna que uniu a xenética e a evolución. O seu traballo foi esencial para as contribucións que faríanDobzhansky,Mayr,Simpson,Julian Huxley, eStebbins. A síntese moderna foi o desenvolvemento máis importante en bioloxía evolutiva despois deDarwin. Wright tamén tivo un grande efecto no desenvolvemento da xenética de mamíferos e a xenética bioquímica.
Os principais libros publicados por Wright foron os seguintes: