Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Sesta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"La Méridienne", tamén coñecida coma"La sieste, d'après Millet", Van Gogh
A hamaca (Die Hängematte) deGustave Courbet (1844)

Asesta é unha pausa curta, polo xeral de entre vinte e trinta minutos, que se efectúa despois do xantar coa intención de repousar logo do traballo realizado durante a primeira parte da xornada e de recuperarenerxías. Estecostume, tradicional nas culturas hispanas, practícase tamén hoxe en día en moitos outros países.

Historia

[editar |editar a fonte]

O termo"sesta" procede da expresiónlatina"hora sexta", que se refería aoinvervalo comprendido entre as 12 e as 15 horas no que se aproveitaba para facer un descanso dos labores cotiáns[1][2]. Segundo especialistas entrastornos do sono, a explicación biolóxica da sesta radica en que ocerebro, despois dunhas horas de actividade continuada, necesita un período de descanso[3]. Asemade, o proceso dixestivo axuda a acentuar a necesidade corporal do repouso (este proceso provoca a chamada depresión postpandrial que se orixina despois de xantar, especialmente con comidas copiosas)[4].

Aínda que a duración da sesta pode ser variable segundo as persoas, o recomendable é que endexamais sobrepase os vinte ou trinta minutos. A explicación radica nas propias etapas dosono, que son en total cinco (catro máis a etapa REM)[5]:

  • Na primeira etapa (vixilia-sono) o sono é moi lixeiro e pódense percibirestímulos do exterior.
  • Na segunda etapa (sono lixeiro) diminúen o ritmo cardíaco e respiratorio e bloquéase o acceso á informaciónsensorial.

Estas dúas primeiras etapas teñen unha duración total aproximada duns vinte minutos, pasados os cales se entra nas etapas terceira e cuarta, correspondentes ás fases profundas do sono. Espertar durante estas últimas fases pode provocar sensación deconfusión, desorientación e esgotamento, de aí que se aconselle que o tempo da sesta non sobrepase ao das dúas primeiras etapas do sono.

A sesta resulta moi beneficiosa tanto pararapaces coma paraadultos. Nos máis cativos, ospesadelos ou terrores nocturnos aparecen por mor dun alto grao decanseira, polo que durmir diariamente despois da comida axuda a evitar estes episodios[3]. No caso dos adultos a sesta presenta un gran número de beneficios: axuda a relaxarse e a combater oestrés diario; aumenta o rendemento intelectual e as capacidades de concentración, atención e reacción[3] (repercutindo así positivamente na produtividade); permite repoñerse do sono atrasado (unha sesta de vinte minutos equivale a unha hora de sono nocturno[6]); e diminúe o risco de enfermidades cardiovasculares.[6] Porén, quedar durmido sistematicamente despois de xantar pode indicar un problema grave, xa que pode significar que a persoa padeceapnea do sono: a apnea consiste na aparición de períodos curtos nos que a persoa se asfixia mentres dorme, polo que descansa peor de noite e necesita botar logo durante o día unha sesta para repoñerse[7].

Pese a ser orixinaria da cultura latina, o hábito da sesta está moi estendido por todaEuropa. Entre os países onde máis se practica estánAlemaña (case cun 25%),Italia (16%),Reino Unido (15%),España (9%) ePortugal (8%)[3]. Ademais, cada vez máis empresas europeas tentan aproveitar os beneficios que unha sesta pode ter nos seus traballadores, polo que habilitan salas de descanso (coñecidas comanap lounges) nas que os empregados se poden relaxar[3].

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Artigo sobre a sesta". Arquivado dendeo orixinal o 22 de xuño de 2009. Consultado o 19 de xuño de 2009. 
  2. Etimoloxía"sesta"
  3. 3,03,13,23,33,4Importancia da sesta[Ligazón morta]
  4. "Artigo sobre a depresión postpandrial". Arquivado dendeo orixinal o 14 de abril de 2009. Consultado o 19 de xuño de 2009. 
  5. Artigo sobre etapas do sono[Ligazón morta]
  6. 6,06,1"Artigo sobre os beneficios da sesta"(en francés). Arquivado dendeo orixinal o 20 de xuño de 2009. Consultado o 20 de xuño de 2009. 
  7. Artigo sobre a apnea (El País)
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sesta&oldid=7155581»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp