Serxio IV, nado enRoma e finado o12 de maio de1012, foiPapa de1009 a1012.
Fillo dun zapateiro, escalou posicións dentro da xerarquía eclesiástica ata ser ordenadobispo deAlbano o1004.[1][2]
Durante o seu pontificado ocalifa fatimitaal-Hakim bi-Amr Allah fixo destruír aIgrexa do Santo Sepulcro enXerusalén, e este feito dise que orixinou as primeiras bulas papais para asCruzadas.
Recibiu aSanto Ermengol enRoma (1011) onde lle explicou os sucesos do Misterio doSanta Dúbida de Ivorra. Serxio IV deu fe que era unmilagre e quedou ocáliz do sangue. A cambio, fixo enviar aIvorra os panos manchados de sangue e o documento pontificio que recoñecía o milagre como verdadeiro, e, ademais, un cabelo daVirxe María, unha espiña da coroa de Xesús, un fragmento de pedra do sepulcro do Señor e outras reliquias de santos.
Osmonxes beneditinos venérano comosanto, pero Serxio IV non está canonizado oficialmente.