Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Servizo Postal dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Servizo Postal dos Estados Unidos de América

Tipoagência independente do governo dos Estados Unidos(pt)Traducir,servizo postal enegocioEditar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Cargo dirixenteDirector Xeral de Correos dos Estados UnidosEditar o valor en Wikidata
Fundador/aCongreso dos Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
Cadro de persoal
    • 625113(2016)
    • 546000(2012)Editar o valor en Wikidata
Actividade
IndustriacorreoEditar o valor en Wikidata
Produtos
Economía
Ingresos totais
    • 79324000000 $(2023)Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1 de xullo de 1971Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Precedido porUnited States Post Office Department(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Substitúe aUnited States Post Office Department(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Acontecementos
United States Postal Service 2018 data breach(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
EstadoEstados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
PaísEstados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
SedeL'Enfant Plaza(en)Traducir eWashington, D.C.Editar o valor en Wikidata
Ligazóns
Páxina WEBusps.comEditar o valor en Wikidata
Teléfono+1 800-275-8777 e +1 2-8-7-7-7Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: USPSTwitter: uspsInstagram: uspostalserviceYoutube: UCY9TGayMuvIA2HMAClY5PYAPinterest: uspsstampsEditar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]
Unha furgoneta do USPS utilizada para a repartición do correo. Os vehículos do operador postal norteamericano carecen de matrícula, identifícanse por un código de sete cifras situado tanto na parte dianteira superior como na traseira

OServizo Postal dos Estados Unidos (USPS:United States Postal Service) é o organismo federal independente responsable doservizo postal nosEstados Unidos. A súa existencia recóllea explicitamente a súa Constitución[1].

No ano 2016 moveu algo máis de 150 mil millóns de pezas decorreo, dando emprego a 640.000 traballadores (tanto fixos como eventuais) e con case 228.000 vehículos en circulación[2].

Distribución

[editar |editar a fonte]

O sistema de distribución a nivel nacional é por medio deCódigos Postais (Zip-Code en inglés) os que constan de cinco díxitos. Ademais débese engadir catro díxitos a eses para unha máis eficiente e rápida entrega.

Servizos que ofrece

[editar |editar a fonte]
  • Express Mail: É unha forma de envío que garante a entrega ao día seguinte, sexa domingo ou festivo, ao destino. Fóra das empresas que non traballen sábado, domingo ou festivo federal.
  • Priority Mail: Envío en tres ou catro días.
  • Envío de primeira clase: Son recibidas segundo a distancia entre un a catro días.
  • Delivery Confirmation: É un servizo polo cal o Servizo Postal confirma o día e hora de chegada a destino dunha carta ou paquete. É un pago adicional ao custo do envío normal,
  • Correo certificado: é un servizo de pago adicional, mediante o cal a peza de correo a enviarse ten un trato preferente e debe ser asinado o recibido conforme polo destinatario.
  • Resposta pagada: é un servizo de pago adicional ao normal da peza de correo por medio do cal o destinatario deberá asinar o formulario para tal efecto, e que se devolverá á persoa que o enviou. Este servizo é tanto para o servizo nacional como para envíos ao estranxeiro.
  • Correo rexistrado: é un servizo de pago adicional, que o usuario utilízao cando envía, xeralmente, un documento moi importante. Pode facelo para o servizo nacional así como tamén para o estranxeiro.
  • Seguro: É un pagamento adicional, que se fai cando se envía unha encomenda para o estranxeiro. É opcional para o servizo nacional.

Forzas de seguridade

[editar |editar a fonte]

Servizo de Inspección Postal

[editar |editar a fonte]

OServizo de Inspeción Postal dos Estados Unidos (USPIS) é un doscorpos policiais máis antigo dos Estados Unidos[3]. FundounoBenjamin Franklin coa misión de protexer o servizo postal, os seus empregados e usuarios do crime, así como resgardar ao propio sistema de correo do uso indebido para fins criminais[4]

Os inspectores postais aseguran o cumprimento das aproximadamente 200 leis federais[5] que regulan a investigación de crimes que afectan dolosa ou fraudulentamente o correo, sistema postal ou os seus empregados.

Conta cunha división uniformada, coñecida en inglés comoPostal Police que asegura as principais instalacións da USPS, escoltan envíos de alto valor, económico ou artístico, e realizan outras funcións especializadas e que no ano 2000 estaba composto por 1400 axentes.[6]

Oficina do Inspector Xeral

[editar |editar a fonte]

Desde 1996 aOficina do Inspector Xeral do Servizo Postal dos Estados Unidos (OIG) asumiu algunhas funcións de carácter interno que antes realizaba o Servizo de Inspección Postal. A elección do Inspector Xeral recae nos nove membros que conforman o consello de administradores do Servizo Postal, que elixe o presidente dos Estados Unidos e confirma o Senado. O propósito principal do OIG é previr, detectar e informa de fraudes, malversación e abusos, e promover a eficiencia nas operacións do servizo postal.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Article 1, Section 8, Clause 7 The Founders Constitution. Universidade de Chicago
  2. Información ofrecida pola propia USPS
  3. "A Chronology of the United States Postal Inspection Service". Arquivado dendeo orixinal o 20 de agosto de 2013. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  4. "Who We Are".USPS.com. Arquivado dendeo orixinal o 23 de decembro de 2007. Consultado oMarch 31, 2008. 
  5. Federal Regulatory Directory CQ Press, 2015, páx. 620
  6. Dorothy Moses Schultz, "U.S. Postal Inspection Service" inEncyclopedia of Law Enforcement Vol. 1 (eds. Larry E. Sullivan & Marie Simonetti Rosen: SAGE Publications, 2005), p. 882.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Servizo Postal dos Estados Unidos de AméricaModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Servizo_Postal_dos_Estados_Unidos_de_América&oldid=6474709»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp