Servio Sulpicio Galba (orixinalmenteServius Sulpicius Galba), nado o24 de decembro de3 a.C. e finado o15 de xaneiro de69, foi unemperador romano.
Foi un dos gobernadores que se alzou contra a tiranía deNerón. Era gobernador da provinciaTarraconense e ao seu levantamento pronto se xunguiron os seus colegas deLusitania,África eExipto.
Servio Sulpicio Galba foi nomeado emperador polaslexións e ospretorianos enClunia, na actual provincia deBurgos, inaugurando deste xeito o que acabaría por ser un costume. En efecto, as lexións atoparon a capacidade de presión que podían exercer sobor dunha Roma que só dispuña dunha guarnición de pretorianos. Só era necesario a ratificación doSenado, o que rematou por ser unha mera formalidade.
Marchou aRoma, onde instaurou un poder forte, que pronto recibiu o rechazo pola súa severidade. Os pretorianos, que se uniran á rebelión para acadar unha recompensa, non a recibiron, así comoMarco Salvio Otón, gobernador daLusitania, quen foi nomeado emperador polos pretorianos despois de asasinar a Galba no ano69. Só permanecera uns meses como emperador.