Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Serbia do Morava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSerbia do Morava

Localización
Editar o valor en Wikidata
CapitalKruševac(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua serbiaEditar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1365Editar o valor en Wikidata
Disolución1403(Gregoriano)Editar o valor en Wikidata

Este artigo amosaletras cirílicas. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Oknez (príncipe)Lazar Hrebeljanović.

OPrincipado de Serbia coñecido comoSerbia do Morava (enserbio latinoMoravská Srbija, enserbio cirílicoМоравска Србија ), debido á súa vinculación co ríoMorava, foi o máis importante dos Estados deSerbia que xurdiron da caída doImperio Serbio en1371.

A creación deste estado foi obra dopríncipe (knez)Lazar Hrebeljanović, que loitou e morreu nabatalla de Kosovo Polje (1389),[1] polo que tamén se coñece como oReino do Knez Lazar.

Historia

[editar |editar a fonte]

Consolidación

[editar |editar a fonte]

Lazar deixouPrizren a principios dos anos1370, e dedicouse á consolidación do seu poder nas rexións do norte de Serbia en torno da súa corte enKruševac. Aínda que se comprometeu como vasalo deEstevo Uroš V de Serbia, en1371 negouse a participar nabatalla de Maritza, na que a maior parte do exército imperial serbio foi destruído por unha forza doImperio Otomán.[2] Pouco despois, Estevo Uroš V morreu. Foi o último dos monarcas dadinastía Nemanjić.

En rosa, a Serbia doKnezLazar, sucada poloMorava.

A través dunha combinación de diplomacia, acción militar, alianzas e sa familia, Lazar apareceu como o máis poderoso nobre serbio que non estaba ao servizo dos otománs, e aproveitou o baleiro de poder producido pola morte de Uroš V.

Adquiriu certa lexitimidade dinástica casado conMilica Nemanjić e, a pesar de que conservou o título deKnez menor, utilizou o nome imperial "Stefan", así como o uso daautocracia.

Lazar dedicouse a fortalecer o estado serbio, sabendo que finalmente tería que enfrontarse á ameaza otomá. Durante o seu goberno unificou gran parte de Serbia e conseguiu a lealdade da maioría dos serbios. En1377 permitiu ostentar o título de "Rei dos serbios" o reiTvrtko I de Bosnia, que tiña máis vínculos cos Nemanjic que Lazar.

No ano seguinte, Lazar foi coroado como "Señor dos serbios e do Danubio, Stefan Príncipe Lazar, autócrata de todos os serbios". Súa primeira acción militar importante despois disto foi abatalla de Dubravnica, onde as súas tropas lograron unha decisiva vitoria sobre un exército otomán no sur de Serbia.

Non houbo novas hostilidades até abatalla de Pločnik (1386), onde o Knez Lazar conseguiu esmagar a un exército otomán e obrigalo a repregarse aNiš.[3]

As tropas serbias de lazar tamén participaron nabatalla de Bileca (1388) onde lograron outra vitoria sobre os turcos.

Desaparición

[editar |editar a fonte]

Lazar morreu, como quedou dito, durante a decisiva Batalla de Kosovo de1389 xunto con gran parte da elite política de Serbia. Despois da súa morte, o seu filloEstevo Lazarević converteuse en príncipe de Serbia.

Inmediatamente despois da batalla de Kosovo, o reiSexismundo I deHungría (e emperador doSacro Imperio Romano Xermánico) atacou Serbia desde o norte, devastando o país. Non pudendo combeter en dúas frontes, o príncipoe Estevo, frustrado polos húngaros, aceptou a vasalaxe otomá,[4] participando, nesta calidade de vasalo nabatalla de Karanovasa en1394, na deRoivine en1395, na deNicóplis en1396 e nabatalla de Ancara en1402.

Converteuse endéspota de Serbia en1402 e o seguinte proclamouBelgrado como capital do seu novo estado, coñecido como oDespotado de Serbia e que puxo o punto final ao período da Serbia do Morava.

Gobernantes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Encyclopedia Britannica.Battle of Kosovo.
  2. John Van Antwerp (1994):The Late Medieval Balkans: a critical survey from the late twelfth century to the Ottoman. University of Michigan.ISBN 0-472-08260-4, páz. 379
  3. Evans, Arthur. Through Bosnia and the Herzegóvina on Foot During the Insurrection, (Longmans, Green and Co, 1877), lxiv.
  4. Blago Fund.Stefan Lazarevic, Prince (1389 - 1402).Arquivado 08 de marzo de 2017 enWayback Machine.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Serbia_do_Morava&oldid=6969953»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp