O nome de Serbia (Srbija, ou terra dos serbios) vénlle dado polos seus máis antigos poboadoreseslavos, os serbios (srbi), cuxa orixe é incerta. De acordo coa Crónica de Néstor, a historia do primeiro estado eslavo oriental (o Rus de Kíiv), os serbios atópanse entre os cinco primeiros pobos eslavos que foron coñecidos polo seu nome moderno. Crese que os serbios son mencionados por primeira vez porClaudio Tolomeo noséculo II, na súaGeographia (libro 5, 9.21), para designar os Serboi, unha tribo que habitaba enSarmacia, probablemente ao norte doCáucaso, xunto ao baixoVolga, ou xunto aoMar Negro.
Unha das hipóteses máis aceptadas é a de que os sorbios ou sorabos (Serbja) que habitanAlsacia comparten ascendencia cos serbios (enlingua serbia sorbio diseLužički Srbii, ou serbio de Lusacia). Segundo esta hipótese, os eslavos serboi que noséculo V partiron do Cáucaso cara a Europa son os devanceiros comúns de serbios e sorbios, que se dividiron en dous grupos. Un dos grupos (os antepasados dos serbios), coñecido como os serbios brancos (beli srbi), emigrou aos Balcáns arredor do610 ou626 encabezado polo Arconte Descoñecido. Pola súa axuda ao emperadorHeraclio nas súas loitas contra osávaros, este permitiulles establecerse nunha área da provincia de Macedonia, próxima á actual cidadegrega de Serbia. Posteriormente, produciuse a súa expansión cara ao norte.
O actual territorio da Serbia fixo parte da provincia romana da Mesia dende o ano29 a.C. Noséculo VII, a rexión foi invadida polos serbios, pobo eslavo que viña deGalitsia (Europa central). Vasalos doImperio Romano de Oriente, os serbios diferenciáronse doscroatas pola súa conversión ó cristianismo bizantino no ano 875 e pola adopción doalfabeto cirílico. AIgrexa Ortodoxa Serbia conseguiu a súa autonomía noséculo XIII, co Santo Sava como o seu arcebispo.
Durante aIdade Media o país gozou dun curto apoxeo durante o reinado de Estevo Duchan (1331-1355), seguido dun rápido declive. Trala derrota fronte aosturcos na batalla de Kosovo Poliê (1389), a Serbia pasou a ser incorporada óImperio Otomán.
Entre1459 e1804 Serbia estivo baixo o control dos otománs, malia as tres invasiónsaustríacas e as numerosas rebelións. Durante a invasión, oislam tivo un período de expansión levando á conversión de moitos serbios. Estes convertidos rexeitaron chamarse serbios, adoptando a denominación de muslimani e, posteriormente, de bosníacos.
Serbia gañou a súa autonomía óImperio Otomán en dous levantamentos en1804 e1815, aínda que as tropas turcas seguiron na capital,Belgrado, ata1867. Serbia foi un principado entre1817 e1882, e un reino entre1882 e1918, tempo no cal a política interna xirou, en gran parte, arredor da rivalidade dinástica das familias Obrenović e Karađorđević.
O asasinato na capitalbosníaca,Saraxevo, o28 de xuño de1914, do ArquiduqueFrancisco Fernando, herdeiro do trono dosHabsburgo, porGavrilo Princip, un mozo serbo-bosníaco, motivou un ultimato deViena demandando a Serbia que lle permitira unha investigación austrohúngara do complot sobre o chan serbio. A pesar da aceptación de Serbia (o25 de xullo) de case tódalas demandas, oImperio Austrohúngaro declaroulle a guerra o28 de xullo de1914. A mobilización deRusia en apoio de Serbia, pola súa parte, provocou un ultimatoalemán demandando a retirada das súas forzas, e a declaración de guerra entre as grandes potencias durante a primeira semana deagosto.
O bordo leste do país está delimitado polosCárpatos, os cales cruzan toda aEuropa central ata xuntarse cosBalcáns. O cumio Midžor constitúe o punto máis alto do leste de Serbia cos seus 2.156 m. No sueste, osBalcáns xúntanse coas montañasMontañas Ródope, as cales chegan ataGrecia. As Montañas Sar deKosovo forman a fronteira sur coaAlbania, e posúen un dos cumios máis altos da rexión, o Djeravica (2.656 m). OsAlpes Dináricos fan fronteira oeste coaBosnia e Hercegovina.
A totalidade de Serbia correspondía orixinariamente ao bioma de bosque morno de frondosas. Segundo oFondo Mundial para a Natureza, o territorio de Serbia repártese entre catro ecorrexións:
Oclima de Serbia varía entre oclima continental no norte, con invernos fríos e veráns húmidos e quentes, e o clima cálido do adriático, con veráns e outonos quentes e secos e invernos relativamente fríos e con intensas treboadas. As diferenzas climáticas son dadas polas distintas elevacións, a proximidade comar Adriático e os longos cursos dos ríos que percorren o país.[3] A provincia daVoivodina posúe un clima tipicamente continental, influenciado polas masas frías de aire daEuropa do norte.
A temperatura media do país entre1961 e1990 para o territorio situado entre os 300 m de altitude e duns 10,9 °C. As áreas atopadas entre os 300 e os 500 m de altitude teñen unhas temperaturas arredor dos 10,0 °C e aquelas situadas a máis de 1000 m de altitude teñen unha media de 6,0 °C.[4]
O seguinte cadro non inclúe as cidades deKosovo, que o17 de febreiro de2008 proclamou a súa independencia de xeito unilateral e que non é recoñecida por Serbia, mais si por 98 estados membros dasNacións Unidas, entre eles a meirande parte dos estados membros daUnión Europea.
O actualPresidente de Serbia éBoris Tadić, líder do Partido Demócrata. Foi elixido por primeira vez co 53% dos votos na segunda rolda das eleccións presidenciais serbias do27 de xuño de2004, despois de varias eleccións fracasadas dende o2002. Agora segue a ocupar o cargo logo de volver a vencer nas elección celebradas o3 de febreiro de2008, vencendo de novo ao seu rival nas anteriores eleccións Nikolić. O actual Primeiro Ministro do Goberno de Serbia, dende o7 de xullo de2008 éMirko Cvetković, que substituíu no cargo ao antigo Presidente daRepública Federal de IugoslaviaVojislav Koštunica, o cal substituíra aSlobodan Milošević como enoutubro do ano2000.
O día21 de maio do2006 celebrouse enMontenegro un referendo no que o 55,5% dos montenegrinos decidiron a disolución da unión con Serbia, o que constituíu a fin da República deSerbia e Montenegro como estado independente. Así o3 de xuño do2006 o Parlamento deMontenegro proclamou a súa independencia.
Os días 28 e 29 deoutubro do2006 convocáronse ás furnas a 6,6 millóns de electores dos 8.385 colexios electorais asignados, para votar o proxecto dunha nova constitución, aprobada anteriormente polo parlamento. En dito documento reivindícase á provincia deKosovo como parte indisoluble da actual Serbia, aínda que nela se lle dá maior autonomía. Tamén se falou da autonomía da provincia deVoivodina, de maioríahúngara. O proxecto busca un achegamento deBelgrado coaUnión Europea, confirmado no artigo un, onde se asegura que Serbia é un estado baseado en estándares e valores europeos.O17 de agosto dese mesmo a Asemblea Nacional de Serbia adoptou como himno do paísBože Pravde (Deus da xustiza) e foi elixido como escudo real, ó escudo de Obrenović, o que substitúe ó Escudo de Armas de Serbia adoptado tralasegunda guerra mundial e que fora inicialmente empregado noséculo XIX. Con todo, logo desta reforma constitucional, o17 de febreiro de2008 a provincia deKosovo, de maioríaalbanesa proclamou de xeito unilateral a súa independencia, parcialmente recoñecida pola comunidade internacional.
En materia dedereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen oComité de Dereitos Humanos (HRC), Serbia firmou ou ratificou:
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.
Oficialmente, a República de Serbia, consta da rexión histórica de Serbia (actualmente coñecida comoSerbia Central) e das provincias autónomas deVoivodina (enserbio:Аутономна Покрајина Војводина/Autonomna Pokrajina Vojvodina) ao norte, eKosovo e Metohija (enserbio:Косово и Метохија/Kosovo i Metohija) ao sur. Está dividida administrativamente en 29 distritos (enserbio:Округ/Okrug) e aCidade de Belgrado.
Dos trinta distritos (incluída a Cidade de Belgrado), sete están situados en Voivodina, dezaoito en Serbia Central e os cinco restantes enKosovo. Esta rexión atópase fora da administración gobernamental dende1999, ano en que a Misión de Administración Provisional dasNacións Unidas en Kosovo se encargara desta.[11] O17 de febreiro de2008, Kosovo proclamou a súa independencia, non recoñecida por Serbia, e que se atopa en disputa naOrganización das Nacións Unidas. Os distritos, pola súa parte, están divididos en concellos. No total son 192: 108 en Serbia Central, 54 en Voivodina e 30 en Kosovo. Serbia Central non é unha división administrativa, ao contrario que as dúas provincias autónomas, e non ten goberno propio.
*Esta é a división administrativa oficial da República de Serbia. Os distritos da Provincia de Kosovo e Metohija: Kosovo, Kosovo-Pomoravlje, Kosovo-Mitrovica, Peć e Prizren atópanse administrados polo autoproclamado Goberno de Kosovo, cunha nova organización administrativa, e baixo disputa internacional.
Mapa étnico de Serbia: serbios en amarelo,húngaros en marrón,albaneses en rosa,bosníacos en verde,eslovacos en vermello,búlgaros en gris, poboacións mixtas en azul.Húngaros de Voivodina
Serbia posúe unha economía baseada en diversos servizos, naindustria e naagricultura. No final da década de1980, no comezo da transición económica, a posición do país foi favorable, aínda que estivo moi afectada polas sancións económicas daONU que afectaron ó país entre1992 e o95, os danos na industria e nas infraestruturas do país causadas polos bombardeos daOTAN en1999, e pola perda dos mercados da ex-Iugoslavia e oComecon. Os principais problemas da economía serbia son o alto desemprego e a falta de reformas na economía do país.
Na actualidade Serbia exporta un terzo das exportacións mundiais de framboesas, e constitúe o principal produtor de froita conxelada.
Dende o ano2000 o país experimentou un gran crecemento económico ( o crecemento do2006 foi do 6.3 por cento), e está a comezares a preparar a súa candidatura áUnión Europea, o seu principal socio comercial. Outro dos principais problemas económicos do país é o seu déficit comercial entre as exportacións e as importacións xunto coa súa débeda. Nos próximos anos agárdase un maior impulso e crecemento económico no país grazas ás novas reformas e aos investimentos estranxeiros no país.
Dende a revolución do ano2000 a economía serbia sufriu diversas reformas, especialmente dende o ano2003 cando o crecemento económico comezou a situarse entre o 6 e o 7 por cento, e comezouse a rexistrar un récord de investimento estranxeiro. Espérase que o país recupere o seuPIB de preguerra nun curto período de tempo. O PIB de Serbia estimado para o2006 foi de 50.688 billóns de dólares, o que son 6.771 dólares per cápitaPurchasing Power Parity (PPP), 4.220 dólares (nominal). O crecemento do PIB no2006 foi do 5,8 %, e no2005 do 6,3 %. O FDI (Investimento Directo Estranxeiro) no2006 foi de 5,85 billóns de dólares (4,5 billóns deeuros).
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
A moeda oficial de serbia é oDinar serbio (enserbio:српски динар/srpski dinar) (código ISO: RSD). A moeda divídese en 100para e foi adoptada en2003 para substituír o dinar iugoslavo. A súa cotización, no final2009 é aproximadamente de 1€ = 90 RSD.[13] Cómpre destacar que na provincia deKosovo e Metohija a moeda utilizada é oeuro, tal como no estado veciño deMontenegro, aínda que non sexan membros daeurozona.[14]
O Banco Central do país é o Banco Nacional de Serbia, cuxas funcións son a determinación e aplicación da política monetaria, o manexo das reservas de divisas, a emisión de billetes e moedas, e o mantemento dos sistemas financeiros. A súa sede está enBelgrado.
Historicamente Serbia, e particularmente o val do Morava, foi considerada zona de paso entre Oriente e Occidente, o que tamén condicionou a súa turbulenta historia. A ruta do val do Morava, que evita as rexións montañosas, é a maneira máis fácil de viaxar por terra dende a Europa continental aGrecia eAsia Menor. Esta zona foi pioneira nos Balcáns no estabelecemento doferrocarril, en1858 o primeiro tren chegou a Vrsac, entónAustria-Hungría. En1884, completouse a ligazón entre Belgrado e Niš.[15] A empresa pública Ferrocarrís de Serbia encárgase das ligazóns ferroviarias en todo o país, que supoñen 3.808 km de vía férrea, un terzo da cal é electrificada.[16] As cifras de pasaxeiros dos ferrocarrís serbios foron de 7.234.000 en2003, 7.569.000 en2004, 6.492.000 en2005 e 6.445.000 en2006.[17] Serbia tamén está cruzada por unha considerable rede deestradas, 42.692 km deasfalto e 24.860 km deformigón.[18] En 2007, en Serbia existían matriculados 1.476.642 automóbiles, 24.897 motocicletas, 8.887 autobuses, 129.877 camións, 25.802 vehículos de transporte especial, 127.263 tractores e 26.389 trailers.[19]
O río Danubio, a conexión deEuropa central coMar Negro, flúe a través de Serbia. Tamén é accesible oMar do Norte a través da Canle Rin-Meno-Danubio. Orío Tisza ofrece unha conexión conEuropa do Leste, mentres que orío Sava conecta ao oeste con outras ex repúblicas iugoslavas, preto doMar Adriático. De todos os xeitos, o transporte fluvial en Serbia aprovéitase tan só nun 5% en relación con outras formas de transporte.[20] Por iso, o goberno serbio acordou en 2009 un ambicioso plan para poñer en funcionamento este tipo de transporte, cunha nova lei de navegación e a sinatura de importantes acordos con outros países.[20]
O país conta con 4 aeroportos internacionais: o Belgrado-Nikola Tesla, o remocicado Niš-Constantino o Grande, o Aeroporto Internacional de Vršac e o Aeroporto de Priština, aínda que este é xestionado polo autoproclamadoGoberno de Kosovo. O número de pasaxeiros que utilizaron o avión como medio de transporte no país foi de 1.615.000 en2003, 1.814.000 en2004, 1.824.000 en2005 e 1.328.000 en2006.[17] O transporte de mercadorías, con todo, incrementouse notablemente: 7.417 toneladas en2003, 9.898 en2004, 8.889 en2005, e 9.034 en2006.[17] Serbia posúe unha das compañías aéreas máis antigas do mundo, JAT Airways, fundada o17 de xuño de1927.[17] Excepto a alemá Germanwings, en2008 aínda ningunha compañía de baixo custo se estableceu en Serbia.[17]
A oferta turística de Serbia divídese entre o turismo urbano, centrado nas grandes cidades deBelgrado,Novi Sad eNiš, e o relacionado con zonas rurais (sobre todo os seus mosteiros) e natureza (áreas montañosas deZlatibor,Kopaonik, eTara).[21] En2007, visitaron Serbia 2,2 millóns de turistas, cun aumento do 15% respecto de 2006.[22]
Entre os principais destinos do turismo en Serbio destacan as seguintes cidades:
Belgrado: Os barrios e edificios históricos da capital serbia, como o Parlamento de Serbia, a Catedral de San Sava, o Teatro Nacional, o parque Kalemegdan ou o Museo Nacional son os máis emblemáticos e visitados da cidade. Tamén son moi apreciados polos visitantes os cruceiros polo Danubio.[23]
Novi Sad: Acidade da cultura, con edificios históricos como o Concello, o Palacio do Bispo, a Catedral Ortodoxa e a Fortaleza de Petrovaradin. O Parque Nacional de Fruška Gora tamén está nas súas inmediacións.[24]
Niš: Ocruzamento de camiños europeo, os seus monumentos máis representativos son a súa fortaleza e o monumento á liberación. Nos seus arredores atópanse o balnearioNis Spa Center e os espazos naturais do canón de Sicevo Gorge, a reserva de Jelasnik Gorge e a cova Cerjanska.[25]
Monumentos medievais en Kosovo. Comprende o Mosteiro de Visoki Dečani, o Patriarcado de Peć, a Igrexa da nosa Señora de Ljeviš e o Mosteiro de Gračanica. Este conxunto munumental atópase clasificado como "en perigo", e á espera da resolución do conflito conKosovo, entidade na que está situado, dende2006.[29]
As tres principais áreas montañosas, e as máis visitadas, de Serbia son as montañas de Zlatibor, Kopaonik, e Tara. Kopaonik é o centro invernal máis importante do país, e o de mellores infraestruturas para a práctica doesquí.[31] Zlatibor, situada no suroeste, conta tamén cunha destacada estación de esquí, e Tara é destacada polas súas paisaxes ben preservadas, aínda que tamén dispón de instalacións de esquí e importantes infraestruturas hostaleiras.[32]
Entre as zonas máis visitadas hai que incluír tamén as formacións volcánicas de Đavolja Varoš,[33] as [peregrinacións por todo o país,[34] e os cruceiros ao longo dos ríos Danubio, Sava e Tisza. Entre os festivais máis importantes destacan o Festival EXIT en Novi Sad (proclamado mellor festival musical de Europa nosUK Festival Awards doReino Unido en 2007)[35] e o Festival da trompeta deGuča.
Tamén hai un importante número de balnearios, sendo un dos máis importantes Vrnjacka Banja. Outros centros termais de importancia son Soko Banja, Niska Banja e Banja Vrujci.[36][37]
Serbia é un dos países cunha maior diversidade cultural deEuropa, grazas ós grandes imperios que pasaron polo territorio da Serbia actual durante longos períodos históricos: entre oImperio Romano de Occidente e oImperio Romano de Oriente, primeiro, e entre oImperio Otomán e oImperio Austrohúngaro, despois. Como resultado, mentres que o norte é culturalmentecentroeuropeo, o sur é máis ben oriental. Con todo, ámbalas dúas rexións recibiron influencias mutuas, polo que en calquera caso a diferenza entre o norte e o sur é puramente artificial.
A influencia doImperio Bizantino en Serbia foi quizais a máis importante. Os serbios son cristiáns ortodoxos, non católicos, e posúe a súa propia igrexa nacional (aIgrexa Ortodoxa Serbia). Empregan, así mesmo, oalfabeto cirílico, aínda que neste século o emprego doalfabeto latino medrou considerablemente. Os mosteiros da Serbia, construídos durante aIdade Media, son algunhas das probas máis visibles da asociación medieval de Serbia conBizancio.
Síntome tan orgulloso das miñas raíces serbias como da miña patria croata
Nikola Tesla
Cando morreu enNova York, o seu féretro foi cuberto coas bandeiras de Iugoslavia e dosEstados Unidos.[38] Considerado o descubridor dacorrente alterna,[39] e precursor doradar, o control remoto, a telegrafía e osraios X, os inventos de Tesla revolucionaron o mundo científico de finais doséculo XIX, polo que está considerado o inventor máis influente do cambio de século.[39] En1943, tras un longo litixio e despois da súa morte, a Corte Suprema dos Estados Unidos recoñeceu como súa a patente daradio, que se atribuíu erroneamente aGuglielmo Marconi.[39]
En Serbia, Tesla é considerado un heroe nacional, e en1952 creouse o Museo Nikola Tesla enBelgrado, onde se atopa a furna coas súas cinzas,[40] ademais dos seus instrumentos, proxectos e obxectos persoais e a súa biblioteca.[41] Ademais, os billetes de 100dinares levan a súa imaxe no anverso, e o principal aeroporto do país foi bautizado en2006 como Aeroporto de Belgrado-Nikola Tesla. Tamén unhaunidade de medida, uncráter da Lúa e unasteroide levan o seu nome.[42]