Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Septimio Severo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.
Modelo:BiografíaSeptimio Severo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la)Lucius Septimius SeverusEditar o valor en Wikidata
11 de abril de 146Editar o valor en Wikidata
Leptis Magna (Imperio Romano)Editar o valor en Wikidata
Morte4 de febreiro de 211Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Eboracum (Imperio Romano)Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte naturalEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCastelo de Sant'AngeloEditar o valor en Wikidata
Cónsul romano
194 – 194
← Lucio Gabio Cilón
Emperador romano
9 de abril de 193 – 4 de febreiro de 211
← Didio XulianoCaracalla,Xeta →
Legatus Augusti pro praetore Pannoniae superioris
191 –
Senador romano
173 –
Tribuno da plebe
Cuestor
Cónsul sufecto
Pretor
Legatus legionis IIII Scythicae
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antigaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, emperadorEditar o valor en Wikidata
PeríodoAlto Imperio Romano,Exipto grecorromano,Era do Exipto romano,principado eDinastia Severa(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Outro
TítuloAugusto (título)Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia Severa(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
CónxuxeJúlia Domna(187–211),morte
Paccia Marciana(175–186),morte do cónxuxeEditar o valor en Wikidata
FillosSeptimia Major
 ()Paccia Marciana
Septimia Minor
 ()Paccia Marciana
Caracalla
 ()Júlia Domna
Xeta
 ()Júlia DomnaEditar o valor en Wikidata
PaisPublius Septimius GetaEditar o valor en Wikidata  e Fulvia PiaEditar o valor en Wikidata
IrmánsPublius Septimius Geta
Septimia OctavillaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po LûbkeruEditar o valor en Wikidata
BNE: XX1028813Find a Grave: 35110615Editar o valor en Wikidata
Busto de Septimio Severo enalabastro noMuseo Capitolino deRoma.

Lucio Septimio Severo, nado enLeptis Magna (actualAl-Khums,Libia), na provincia deÁfrica, o 11 deabril do145 e finado o4 de febreiro de211 enEburacum (actualYork), foi unEmperador romano que realizou o seucursus honorum, durante os reinados deMarco Aurelio eCómodo

De orixepúnica, foi o primeiro emperador de orixe africana, tomou o poder trala morte do emperadorPertinax, no 193, durante oAno dos cinco emperadores e fundou a dinastíaDinastía dos Severos que gobernaríaRoma e o seu Imperio preto de 47 anos e que foi a derradeira dinastía do Imperio Romano antes daCrise do século III.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Fora nomeadocónsul e era gobernador dePanonia eIliria, cando foi asasinadoPertinax. A entronización deDidio Xuliano creou un grande descontento no seo do exército nas provincias romanas. EnBritania, foi nomeado emperadorClodio Albino e nas provincias orientais foiPescenio Níxer o proclamado. Foi enCarnutum onde Septimio Severo, que engadiu o nome de Pertinax (Lucio Septimio Severo Pertinax) foi nomeado emperador. Como estaba máis achegado a Italia, dirixiu as súas lexións cara a Roma. Fíxose co control da frota ancorada enRávena e, despois de rexeitar compartir o imperio conDidio Xuliano, chegou a Roma, sendo recoñecido polo Senado como o novo Emperador.

As súas primeiras medidas, foron o de darlle as honras debidas a Pertinax, nome que asociou ao seu para conseguir o apoio do pobo romano. A segunda grande medida foi a de ordenar a disolución das cohortes pretorianas, que foron trocadas por militares das súas lexións e que lle eran completamente fieis. Viaxou cara a Britania para se entrevistar con Clodio Albino e asocialo ao trono, entregándolle Britania,Galia eHispania. A continuación levou o seu exército cara ao leste, onde Pescenio Níxer non tomara medida ningunha para loitar, senón que fuxía das tropas de Septimio considerando o grande apoio que tiña entre os militares e reis de Oriente. Deste xeito, Septimio chegou aBizancio esixindo a súa entrega, pero se negaron os seus gobernantes esperando a axuda de Pescenio Níxer e confiando nas súas inexpugnábeis defensas. Deixando asediada a cidade, Septimio continuou cara ao exército sublevado, ao que venceu enIsos, dando morte a Pescenio Níxer no mesmo campo de batalla. Virando sobre as súas costas, o sitio de Bizancio chegou ao seu terceiro ano, e a cidade rendeuse pola fame. Derrubou as murallas e fixo matar a todos os seus gobernantes. Comezaba o que seria un sinal de identidade de Septimio Severo: a crueldade coa que se desfacía dos seus inimigos.

Unha vez resolta a cuestión de Oriente, volveu a Roma e Clodio Albino xa estaba a facer movementos para unha nova guerra, xa que supoñía que Septimio non quedaría sen se mover para volver de novo á unidade do Imperio. O encontro das dúas forzas foi preto da actualLión, e de novo Septimio Severo foi o vencedor, vitoria que outra vez o levaría a unha matanza entre os partidarios de Clodio e confiscacións dos seus bens.

Cabeza de Septimio Severo conservada no Cologne, Römisch-Germanisches Museum.

O 2 de xuño do197, Septimio entra de novo en Roma, e no seu primeiro discurso promete desenmascarar os senadores partidarios de Clodio Albino, rehabilitar aCómodo do que se nomea irmán e dar garantías de continuidade á dinastía Severa, asociando ao trono aos seus fillosXeta eCaracalla. Foron asasinados 41 senadores e os seus bens confiscados. A continuación deu festas ao pobo, aumentoulle a paga aos soldados, permitíndolles vivir coas súas mulleres nos campamentos e nomeou aC. Fulvio Plautiano prefecto dos pretorianos. Logo marchou de novo cara a Oriente para castigar aos partidarios de Pescenio Níxer e reconquistar as terras perdidas. Pacificou axudeus esamaritanos, o rei deArmenia suplicou a amizade de Roma, conquistouSeléucida,Ctesifonte eBabilonia e firmou a paz cospartos. Con estas vitorias, conseguiu que o seu filloXeta fose nomeadoCésar e Caracalla recoñecido comoaugustus.

Na súa viaxe de volta a Roma, Septimio visitou Siria e máis Exipto, pasando o inverno enAntioquía, reparando as vías de comunicación que unían esta provincia coDanubio. Celebra en Roma os dez anos de goberno. No203-204 visita África. Embeleceu Leptis Magna, a súa cidade natal, con grandes obras públicas e edificios, mellorou a agricultura da zona e por vez primeira permitiu os africanos nas cohortes pretorianas. Volta a Roma no 204, prodúcese o asasinato dePlautiano no pazo imperial, ao parecer por Caracalla e en presenza do emperador, grande inimigo da dona de Emperador,Xulia Domna, que a partir de entón, comeza a súa influencia na política romana. Ata entón, dedicárase á filosofía, rodeándose especialmente desofistas e o seu máis grande colaborador foiEmilio Papiniano, o derradeiro grande xurista do período clásico.

Estes anos de goberno foron de grandes revoltas en todo o Imperio. Houbo de loitar enMauritania, e na Hispania aínda había partidarios de Clodio Albino, e a loita contra dos "inimigos públicos" de Numancia. EnMilasa de Caria xurdiron dificultades económicas pola desvalorización dodenario de prata. EnBritania, oscaledonios e osmeatos combatían as lexións romanas.

Despois da desvalorización do denario de prata, o Emperador, e para salvar as finanzas, concentrou nas súas mans a meirande parte dos ingresos. Todos os bens procedentes das confiscacións ingresábanse na caixa imperial, coñecida comoratio privata, os procedentes doager publicus ían aopatrimonium. Para o desenvolvemento do comercio creou novos mercados (Pysos enTracia) e ampliou os xa existentes. Prestou o maior interese en todo o que gardaba relación co exército. Permitiu que aos soldados se lles concedese aannus aureus con que aorde ecuestre quedou moi ampliada cos privilexios que iso comportaba. A paga dos soldados elevouse de 300 a 500denarios anuais, a cobrar en metálico e non en especie como era o vello costume. Concedeu especiais prerrogativas aoscenturións, creando unha caixa de auxilio e permitindo que os seus fillos accedesen ao Senado.

Aureuscuñado en193 na honra daXIIII Gemina Martia Victrix, a lexión que o proclamou emperador.

Equiparou as restantes provincias cos mesmos dereitos de Italia, creando algunha nova comoMesopotamia, a cidades que lle foran fieis durante a súa loita polo poder concedeulles a cidadanía romana. Levou ao Exipto a división municipal e sobre todo, o Senado perdeu a súa importancia política e a súa lexislación criminal referente aos seus propios membros. A lexislación, con máis de 400 leis publicadas tendeu a ser máis humanitaria e tendeu a mellorar as clases máis febles.

Tivo unha gran cultura grega e latina, interesándose polafilosofía eastroloxía. Era máis supersticioso que relixioso, pois coidaba e daba máis saña aosoráculos,soños ehoróscopos, estando imbuído polo misticismo oriental, en parte influído pola súa dona, filla do sumo sacerdote deBaal en Siria. Nun primeiro intre amosouse tolerante coscristiáns, elixindo un preceptor cristián para o seu filloCaracalla, pero trocou despois daguerra pártica e incluso disgregando a Escola de Alexandría. A súa esposa rodeouse dun grupo de intelectuais, entre os que destacabaFilóstrato. Prestou especial atención ao embelecemento de Roma con novas construcións, como oArco que leva o seu nome, erguido despois das súas campañas en Oriente. Restaurou otemplo de Vesta, Vespasiano, o pórtico de Octavio, oPanteón, oteatro de Pompeio etc, comezando a construción dastermas de Caracalla e do Trastevere, rematadas no216.

No208, acompañado da súa esposa e os seus fillos e o prefecto do pretorio Papiniano marchou cara a Britania para conquistar toda a illa. O tipo de guerra que facían os nativos, de guerrilla, non se prestaba á loita tradicional das armas romanas. Morre en Eburacum (York) o4 de febreiro do ano211, e existen dúbidas históricas se foi de morte natural ou envelenado polo seu fillo Caracalla, xa que foi aquí onde se destapou o odio mutuo entre os seus fillos e futuros emperadores,Xeta eCaracalla.

Imperio Romano

Segue a:
Pertinax
Septimio Severo
Precede a:
Caracalla
Dinastía dos Severos

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Septimio SeveroModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Septimio_Severo&oldid=6788113»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp