«Un Peuple, Un But, Une Foi» «One People, One Goal, One Faith» «Един народ, една цел, една вяра» «Un pueblo, un objetivo, una fe» «ߡߌ߬ߙߌ߲߬ߘߌ߬ ߞߋߟߋ߲߫ ߸ ߟߊ߬ߢߌߣߌ߲߫ ߞߋߟߋ߲߫ ߸ ߘߍ߲߬ߞߣߍ߬ߦߊ߬ ߞߋߟߋ߲߫» «Un poble, un objectiu, una fe» «Un bobl, un nod, un ffydd»
O Senegal está situado na parte oeste docontinente africano, entre os 12º08' e 16º41' de latitude norte e 11º21' e 17º32' de lonxitude Oeste. O seu punto oeste, apenínsula de Cabo Verde (e particularmente a localización do Club Med de Dakar), constitúe a parte máis occidental do continente africano.
A paisaxe senegalesa consiste principalmente en planos ondulados pola area do oeste deSahel que crecen ata as faldras da montaña no sueste. Alí atópase tamén o punto máis alto do Senegal, un accidente xeográfico sen nome preto deNepen Diakha con 581 m. O límite norte está formado polorío Senegal. Outros ríos destacables son orío Gambia e orío Casamance. A capitalDakar xace sobre a península de Cabo Verde, o punto máis occidental daÁfrica continental.
O país esténdese sobre 196.192km². Comparado cos países veciños, Malí e Mauritania, Senegal é un país minúsculo.
unha estación chuviosa de xuño a outubro, con inflexión en agosto e variable segundo a latitude (menos chuvioso o norte que o sur). As temperaturas alcanzan o seu máximo. É o período dosmonzóns.
unha estación seca de novembro a xuño conalisios continentais. Nesta estación, concretamente no mes de xaneiro, alcánzanse as temperaturas mínimas.
No litoral, o mar suaviza as temperaturas, as cales son da orde de 16°C a 30°C; pero no centro e no leste do Senegal poden chegar aos 41°C. Durante o inverno de Europa, Senegal convértese nun destino prezado para o desenvolvemento de actividades turísticas.
Restos arqueolóxicos por todo o estado evidencian que o Senegal estivo habitado en tempos prehistóricos. Oislam estabeleceuse no val dorío Senegal noséculo XI. O 95% dos senegaleses practican a relixión musulmá. Nosséculos XII eXIV, a área estivo baixo a influencia dos imperiosmandingas do leste; o imperioJolof do Senegal tamén foi fundado durante este tempo. Noséculo XVI, o imperio Jolof dividiuse en catro reinos competidores: osjolof,waalo,cayor ebaol.
Diversas potencias europeas,Portugal, osPaíses Baixos eInglaterra; competindo polo comercio na área dende oséculo XV, até que en1677,Francia rematou coa posesión do que convertera nun importante punto de partida do comercio de escravos, a illa deGoree, preto deDakar. Foi só nos anos 1850 que os franceses, baixo o gobernadorLouis Faidherbe, comezaron a expandires no propio territorio senegalés.
En xaneiro de1959, o Senegal e oSudán francés uníronse para formar aFederación de Malí, que se converteu nun estado totalmente independente o20 de xuño de1960, como resultado da independencia e o acordo de transferencia de poder asinado conFrancia o4 de abril de1960. Debido a dificultades políticas internas, a Federación disolveuse o20 de agosto de1960. O Senegal e o Sudán, renomeado como a República de Malí, proclamáronse independentes.Léopold Senghor, un coñecido poeta internacional da negritude, político e estadista, foi elixido como primeiro presidente do Senegal en agosto de 1960.
Despois da disolución daFederación de Malí, o presidente Senghor e o primeiro ministro Mamadou Dia gobernaron xuntos so un sistema parlamentario. En decembro de1962, a súa rivalidade política levou a un intento de golpe de Estado polo Primeiro Ministro. O golpe foi reducido sen derramamento de sangue e Dia foi arrestado e encarcerado. O Senegal adoptou unha nova constitución que consolidou o poder do Presidente. En1980, o presidente Senghor retirouse da política e transferiulle o cargo a un sucesor escolleito a dedo,Abdou Diouf, en 1981.
O1 de febreiro de1982, o Senegal uniuse conGambia para formar aConfederación de Senegambia. Mais, a integración imaxinada no papel nunca se materializou e a unión foi disolta no1989. A pesar dos diálogos, un grupo de separatistas do sur, na rexión deCasamanza enfrontouse esporadicamente coas forzas gobernamentais dende 1982.
Abdou Diouf foi o seu presidente entre 1981 e2000. Fomentou unha participación política máis ampla, reduciu a intervención do goberno na economía e aumentou os compromisos diplomáticos do Senegal, particularmente con outras nacións subdesenvolvidas. A política interna ás veces viuse desbordada pola violencia nas rúas, tensións nas fronteiras e un movemento separatista violento na rexión do sur deCasamanza. Mais, o compromiso do Senegal coa democracia e os dereitos humanos comeza a consolidarse[Cómpre referencia]. Diouf presidiu catro mandatos e foi derrotado na elección presidencial do 2000, polo líder da oposiciónAbdoulaye Wade. O país experimentou a súa segunda transición de poder pacífica e a primeira dunpartido político a outro.
O 20 de agosto de1959, o Senegal abandonou a federación e converteuse en república independente.Senghor foi o seu primeiro presidente e repetiu mandato en1963,1968,1973 e1978. En decembro de 1962, o primeiro ministroMamadou Día foi prendido baixo a acusación de tentar derrubar o presidente. O primeiro ministro Mamadou Día e os seus acólitos foron xulgados e condenados á prisión, en 1963.
Despois deste errado golpe de estado do primeiro ministro Mamadou Dia, o presidente viu aumentados os seus poderes coa aprobación dunha nova constitución en1963. Baixo o réxime de Senghor, o país conseguiu impulsar novos sectores económicos, pero os ingresos procedentes da venda a outros países das colleitas decacahuetes seguían dominando o panorama económico do Senegal.
En varias ocasións, especialmente en1968 e1973, os estudantes protagonizaron manifestacións de protesta contra a concentración de poderes en mans de Senghor. As emendas á Constitución de1976 establecían a introdución dun sistema multipartidista no país, e a finais de1980, Senghor dimitiu. A presidencia foi entón ocupada porAbdou Diouf, que xa en1970 exercera o cargo de primeiro ministro.
En1982, o Senegal e a veciñaGambia formaron unha confederación que era coñecida comoSenegambia, con Diouf á fronte. A confederación foi disolta en1989, aínda que en1991 ambos os países asinaron un novo tratado de cooperación. Cando en1988, Diouf obtivo a maioría absoluta nas eleccións, a oposición protestou provocando disturbios enDakar, e o goberno declarou o estado de urxencia. A finais da década de1980, tiveron lugar novos conflitos, esta vez por motivos de límites fronteirizos conMauritania.
A encarnizada hostilidade entre senegaleses e mauritanos desencadeou violentos choques en ambas as nacións, que acabaron coa vida de máis de 400 persoas, na súa maioría senegaleses, e a expulsión de cada país dos cidadáns do contrario, medidas que non conseguiron deter o enfrontamento. Diouf gañou novamente as eleccións en1993, pero a oposición volveu protestar aducindo fraude electoral. Durante o seguinte ano continuaron as mostras de malestar político.
En marzo de1995, nun intento de acabar coa inestabilidade política, o Primeiro MinistroHabib Thian (por encargo de Diouf) fixo público un novo gabinete ministerial no que estaban representados os partidos políticos da oposición do país.
No2000,Abdoulaye Wade foi elixido presidente do país, sendo reelixido naseleccións de 2007 sen necesidade de segunda volta. Así mesmo, a coalición de partidos que o apoia conseguiu a vitoria nas eleccións parlamentarias de 2001 e 2007.
Senegal divídese en 11rexións (régions), que á súa vez están compostas por 34departamentos (départements). Os departamentos divídense endistritos, chamados "arrondissements". As capitais rexionais teñen o mesmo nome cá rexión respectiva:
En xaneiro de1994, o Senegal emprendeu un ambicioso programa de reforma económica co apoio da comunidade de doantes internacionais. Esta reforma comezou cun 50% de depreciación da moeda do Senegal, ofranco CFA, que foi vinculado a unha taxa fixa ao antigofranco francés, e agora aoeuro. Os controis de prezos e as subvencións do goberno foron desmanteladas a ritmo constante. Logo de ver contraer o seueconomía un 2,1% en1993, Senegal fixo unha importante repunta, grazas ao programa de reforma, cun crecemento real noPIB dun 5% anual durante1995-2001. Ainflación anual foi reducida a menos dun 1%, pero creceu a un estimado 3,3% en2001. O investimento creceu a ritmo constante do 13,8% doPIB en1993, ao 16,5% en1997.
Como un membro daUnión Económica e Monetaria da África do Oeste (UEMOA), o Senegal está traballando cara a unha maior integración rexional cunarancel externo unificado. O país tamén realizou unha completa conectividade conInternet en1996, creando un miniboom nos servizos baseados nastecnoloxías da información. A actividade privada agora conta un 82% doPIB. Na parte negativa, p Senegal enfróntase a problemas urbanos profundamente arraigados dedesemprego crónico, disparidade socioeconómica, delincuencia xuvenil edrogadicción.
O Senegal posúe a terceira economía da baixa rexión do oeste africano logo deNixeria eCosta do Marfil. A súa economía está orientada cara aEuropa e aIndia. Os seus principais socios económicos sonFrancia, aIndia eItalia. Con todo, desde hai varios anosChina é un socio cada vez máis importante como demostran os cumes Chinoafricanas. Comparado con outros países docontinente africano, o Senegal é moi pobre en recursos naturais; os seus principais ingresos proveñen da pesca e do turismo. Pero tendo en conta a súa situación xeográfica e a súa estabilidade política, enténdese que o Senegal forme parte dos países africanos máis industrializados coa presenza de multinacionais, sendo estas maioritariamente de orixe francesa, e en menor medida, de orixe americana. O sector agrícola emprega en torno ao 70% da poboación senegalesa, mentres que a pesca é a principal fonte de entrada de divisas.
Evolución da poboación do país en miles de habitantes.
No ano 2009, o Senegal tiña unha poboación de 13.712.000 habitantes. A esperanza de vida é de 56 anos. A media de fillos por muller é de 5,1, unha das taxas máis altas do mundo, o cal podería provocar graves problemas económicos e ambientais. O 40,2% da poboación esta alfabetizada.
Esta poboación que crece moi rapidamente, cun índice de fecundidade superior aos 5 fillos por muller, atópase desigualmente distribuída polo seu territorio, a cal concéntrase na fachada atlántica, sendo as rexións máis urbanizadas Ziguinchor, Thies e Saint-Louis, fronte ás máis despoboadas como Kolda, Matam e Fatick. É a rexión de Tambacounda a que posúe a densidade máis baixa (11 habitantes por km²). Hai tamén unha gran diversidade étnica:wólof (43,3%),peuls (33,8%), sérères (14,7%),diolas (3,7%),malinkés (3,0%),soninkés (1,1%), e algunhas etnias menos numerosas e máis locais, sen contar os 50.000 europeos (franceses na súa maioría) e libaneses presentes no medio urbano.
Ofrancés é a lingua oficial, pero só é utilizada de forma corrente por unha minoría.
Os medios de transporte no Senegal seguen sendo tradicionais, aínda que numerosos proxectos de equipamento están en curso (construción dunha autoestrada de peaxe entre Dakar e Diamniadio, novo aeroporto internacional Blaise Diagne etc.).
As redes son máis densas ao oeste do país, e a circulación de persoas e mercancías é particularmente difícil cara a Dakar e Cabo Verde, porque está moi saturada.
As infraestruturas son máis escasas no Senegal oriental, e a súa evolución parece difícil neste momento.