Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Senado romano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Senado de Roma»)
Roma
Monarquía
República
Imperio
PrincipadoDominado
Imperio de OccidenteImperio de Oriente
Maxistrados Ordinarios:
Maxistrados Extraordinarios:
Oficiais e Títulos:
Institucións e normas:

Osenado (dolatín "senex, senis", ancián) foi unha dasinstitucións do goberno daRoma antiga. Orixinouse como unha institución consultiva damonarquía romana, formado exclusivamente porpatricios (un representante de cadagens), e adquiriu maioresprerrogativas coaRepública, en que pasou a referendar a través da súaauctoritas os actos doscónsules, estendendo a súa competencia aos actos doutrosmaxistrados eComicios, temas relixiosos, conflitos entre maxistrados, policía, crimes con pena capital cando esta era conmutada, cuestións militares e financeiras e tratados internacionais.

Historia

[editar |editar a fonte]

Na República

[editar |editar a fonte]

A mediados da época republicana o senado contaba cuns 300 membros; estaba composto por todos os cidadáns que exerceran maxistraturas curuis —cónsules,pretores eedís, osconscripti—, así como dospatres, as cabezas das familias patricias. Adicionalmente, oscensores podían incluír senadores que non exerceran maxistraturas, aínda que estes tiñan restrinxido o seu dereito de tomar a palabra e eran denominadossenatores pedarii.

Co acceso aos dereitos cidadáns dosplebeos, o Senado perdeu o dereito de referendar os actos dosComicios Centuriados. Pero pola contra asumiu o dereito de nomearditador, e pronto lexislou sobrepoñéndose ásAsembleas Tribunadas, acadando un gran poder.

Noséculo -III o Senado sufriu as modificacións propias da nova situación. Os asentos senatoriais continuaron nas mans doscensores e todos os maxistradoscuruis que abandonaban o seu cargo accedían ao Senado.

O Senado pasou de ser un corpo consultivo dos cónsules, ao principio da República (e subordinado a estes en moitos aspectos), a ser unha corporación de gobernantes, sen dependencia de ninguén. O Senado dirixía a guerra a través dos cónsules, e toda a política da República.

Co tempo o Senado asumiu o nomeamento de diversos cargos curuis, o que implicaba a designación dos seus propios membros, e ademais influíu cada vez máis nos censores. Mantívose a distinción entre Senadores patricios e plebeos.

A desaparición da figura doditador permitiu ao Senado ocupar certas funcións en casos graves, en especial o conferir aoscónsules facultades especiais, similares á Ditadura, por tempo limitado.

Xulio César, despois de derrotar o seu rivalPompeio e os seus aliados, a maior parte das familias senatoriais tradicionais, procedeu a incrementar o número de senadores ata case 1000, promovendo á orde senatorial a familias ecuestres, mandos militares, centurións de orixe proletaria do seu exército, e provinciais, como o seu conselleiro financeiroCornelio Balbo, natural deGades (Cádiz,España); aos ollos danobilitas senatorial supervivente do bando pompeiano e de moitos partidarios de César isto era unha aberración, e iso foi unha das causas do asasinato de César.

No Imperio

[editar |editar a fonte]

Augusto, e os outrostriúnviros, reduciron novamente o número de senadores a 300, aínda que mantiveron algúns dos nomeamentos de César, que tiñan a consideración dehomines novi, pero as proscricións por eles emprendidas baleiraron os bancos do Senado, que foron enchidas coa promoción de partidarios dos triúnviros extraídos da orde ecuestre e do exército.

Terminada a guerra entre Augusto eMarco Antonio en30 a.C., Augusto procedeu a cribar a lista de senadores, intentando recuperar como senadores aos superviventes das familias tradicionais, pero favorecendo tamén os seus partidarios, sen ter en conta a súa orixe, caso deMecenas ,Agripa,Planco ouAsinio Polión. Tamén incrementou os poderes nominais do Senado, transmitindo os poderes de elección demaxistrados das asembleas oucomitia ao senado, aínda que realmente reduciu os seus poderes, xa que case todas as provincias con exército pasaron ao control directo do emperador, as maxistraturas convertéronse en cargos honoríficos, e os candidatos a elas necesitaban do visto e prace do emperador, quen asumiu a potestade xurisdicional dosComitia Tributa, polo que osEdictos imperiais se superpuxeron aosSenadoconsultos.

A partir deClaudio, numerosos provinciais, especialmente hispanos, foron admitidos no Senado, aínda que a estes novos senadores se lles impoñía o requisito de investir o censo mínimo senatorial -1.000.000 desestercios- en propiedades rústicas en Italia, culminando o proceso coa elección dun emperador procedente dunha familia senatorial provincial hispana:Traxano.

Ao longo do Alto Imperio, as relacións entre os emperadores e os senadores foron as dunha tirapuxa continua, e, se ben é certo que moitos colaboradores dos emperadores eran senadores, o certo é que estes, aínda os máis respectuosos, tendían a deixar de lado as expectativas e desexos dos senadores. Ademais, os senadores tendían a ignorar que a verdadeira fonte de poder do estado romano era o exército, polo cal pasaban por curtos períodos de tempo. A consecuencia foi que algúns emperadores, comoTiberio,Calígula,Nerón,Domiciano,Hadriano ouCómodo sostiveron relacións moi difíciles co Senado, e promoveron a persecución de moitos dos seus membros.

Coa chegada da dinastía Severa, de orixe militar, o senado foi progresivamente acurrunchado en favor da orde ecuestre e da nova burocracia imperial nada do exército, ata que o emperadorAureliano excluíu aos senadores dos postos militares.

No Baixo Imperio, o Senado de Roma foi duplicado con outro igual a el creado porConstantino I na nova capital,Constantinopla (Istanbul,Turquía), e converteuse nun simple club de notables.

Representación dunha reunión do Senado Romano:Cicerón ataca aCatilina, nun fresco do século XIX

A súa desaparición

[editar |editar a fonte]

O senado romano desapareceu nos turbulentos anos doséculo VI nos que as tropas do reiostrogodoTótila loitaban á desesperada contra as tropas de imperiais deXustiniano, dirixidas porBelisario, mentres que no resto dos reinos bárbaros nados da ruína de Roma, os senadores foron fundíndose progresivamente coa nobreza xermánica dirixente.

Nas cidades sometidas polaantiga Roma establecíase unConsello de Cen Anciáns (Centumviri), cada un dos cales era o cabeza de dez casas (dez casas = unhagens), de onde xorde a denominación.

Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde abril de 2013.)
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Senado_romano&oldid=7247369»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp