Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Selección de rugby de Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Romanía
Escudo de camisola/Emblema da asociación
Alcume(s)Stejarii
EmblemaFolla decarballo
UniónFederaţia Română de Rugby
AdestradorAndy Robinson
CapitánMihai Macovei
Mais capsFlorin Vlaicu (120)
Máis ensaiosCătălin Fercu (33)
EstadioArcul de Triumf (8 155)
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual19 (2 de decembro de 2019)
Máximo13 (2006)
Mínimo20 (2019)
Estrea internacional
RomaníaRomanía 0−21Estados UnidosEstados Unidos
París,Francia;1 de xullo de1919
Maior vitoria
BulgariaBulgaria 0−100Romanía Romanía
Burgas,Bulgaria;21 de setembro de1976
Maior derrota
InglaterraInglaterra 134−0Romanía Romanía
Londres,Reino Unido;17 de novembro de2001
Copa do Mundo
Participacións8 (primeira en1987)
Mellor resultadoFase de grupos (1987,1991,1995,1999,2003,2007,2011,2015).

Aselección de rugby de Romanía tamén coñecida como osCarballos (Stejarii), representa aRomanía nas competicións oficiais derugby. Sempre foi un dos equipos máis fortes docontinente europeo, dentro dos que non disputaban oTorneo das Seis Nacións, mais actualmenteXeorxia ese posto. Está incluído na segunda división deseleccións internacionais e ocupa o posto 17 na clasificación de seleccións daIRB. Participa habitualmente naCopa do Mundo (participou en tódalas edicións disputadas ata o momento, logrando como mellor resultado unha vitoria na fase de grupos nas edicións de1987,1991,1999,2003 e2007), naCopa de Europa e naSuper Cup.

A década dos oitenta foi o mellor período da historia da selección romanesa, cando chegou a vencer aGales en dúas ocasións, aEscocia (ao equipo que lograra o Grand Slam de1984) e aFrancia en dúas ocasións. En1981 perdeu fronte aosAll Blacks por un axustado 14-6, a pesar de que lles foron anulados dous ensaios. Existen rumores de que nesa época foi convidada a disputar oTorneo 5 Nacións, mais supostamente a invitación foi refusada debido a que a celebración do Torneo coincidía coa parada invernal daLiga Romanesa. Porén, o rugby romanés sufriu un lixeiro retroceso nas últimas dúas décadas, coincidindo coa deterioración da política e a economía nacional.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Comezos

[editar |editar a fonte]

O rugby introduciuse grazas a estudantes que regresaban dos seus estudos enParís con balóns de rugby. En1913 formouse o Stadiul Roman, primeiro equipo do país. Nese período formáronse outros 17 equipos, todos na capitalBucarest.

O primeiro partido internacional da selección romanesa tivo lugar o1 de xullo de1919 fronte aosEstados Unidos.

Romanía foi un dos tres países que acudiron á competición de rugby dosXogos Olímpicos de 1924 que tiveron lugar en París. O primeiro partido celebrouse no Stade Francais fronte ao país anfitrión, caendo derrotada por 59-3. Posteriormente perdería tamén fronte aos Estados Unidos (39-0), quedando relegada á terceira posición.

A federación romanesa formouse en1931. En1939 formouse en Braşov, nunha fábrica de avións, o primeiro equipo fóra de Bucarest.

Logo da segunda guerra mundial

[editar |editar a fonte]

O réximecomunista empregou o rugby, ao igual que outros deportes, como ferramenta de propaganda política durante o período daguerra fría. Cada éxito internacional da selección foi presentado como un éxito do sistema e da ideoloxía comunista. A selección recibiu numerosas axudas financeiras en detrimento dos clubs. Os mellores xogadores pasaron a engrosar as filas da policía e do exército, e a xogar noDynamo e noSteaua de Bucarest (equipos que representaban a eses dous corpos armados). O adestramento desenvolvíase ao longo de seis días á semana e xerou unha potente selección.

Ao longo da década dos corenta e dos cincuenta, e grazas a unha serie de adestradores que practicaban un xogo de estilo francés, construíuse devagar un equipo que deu os seus mellores resultados a partir de1960 (coa primeira vitoria sobre Francia) e que explotaría na década dos oitenta. En1976, a selección romanesa realizou a súa primeira xira porNova Zelandia. Aínda que se hai un punto de inflexión, este foi o ano1979, cando "os carballos" case vencen a Gales noArms Park deCardiff, de feito tan só perderon por 13-12 e grazas a un drop convertido polo xogador galésGareth Davies no tempo de desconto. A partir dese momento chegaron os maiores éxitos da selección, con vitorias sobre Francia (15-0) en1980, sobre Gales (24-6) ennovembro de1983 e sobre Escocia (28-22) en1984, todas elas en Bucarest. Así mesmo, en1989 logrou a primeira vitoria en campo contrario fronte a un equipo británico, ao vencer a Gales en Cardiff por 9-15. Neste período, o rugby tiña unha gran base en Romanía, cun total de 12.000 federados e 110 equipos.

En1981, o combinado romanés plantou cara aos All Blacks, fronte aos que caeu por 14-6, a pesar de que lles anularan dous ensaios.

Na primeiraCopa do Mundo de Rugby celebrada en Nova Zelandia eAustralia, Romanía foi convidada e realizou o seu debut cunha vitoria fronte aZimbabwe por 21-20, aínda que foi incapaz de pasar á fase de grupos.

Trala caída do comunismo

[editar |editar a fonte]

No entanto, a deterioración da política e da economía doméstica, tamén afectou ao rugby, principalmente a causa de que os dous equipos principais do país, o Dinamo de Bucarest e o Steaua de Bucarest (representantes da policía e o exército) deixaron de recibir axuda financeira estatal. Así mesmo, varios xogadores de primeira fila perderon a vida naRevolución de 1989, entre eles o Skipper da selecciónFlorica Murariu (oficial do exército), morto por un disparo nunha barricada.

Malia todo, trala revolución, a selección continuou colleitando éxitos. Entre eles atópase a maior vitoria fronte a Francia en campo francés (6-12) en1990 e a vitoria sobre Escocia en1991 por 18-12. NaCopa do Mundo de Rugby 1991, Romanía venceu aFidxi por 17-15, e naCopa do Mundo de Rugby 1995 plantou cara aosanfitrións e posteriormente campións]] ao caer derrotada por 21-8.

O que si afectou duramente ao rugby romanés foi a aparición do profesionalismo trala Copa do Mundo de1995, feito que provocou a marcha de aproximadamente 200 xogadores ás LigasFrancesa eItaliana. Dende ese momento, o rugby romanés entrou nunha crise de xogo, con derrotas avultadas como as sufridas ante Gales na súa xira de1997. NaCopa do Mundo de Rugby 1999, Romanía tan só puido vencer aos Estados Unidos por 27-25.

O novo milenio

[editar |editar a fonte]
Romanía contraIrlanda enLansdowne Road no2005.

No ano 2000, Romanía venceu na primeira edición daEuropean Nations Cup por unha ampla marxe, con vitoria nos seus catro partidos. Pola contra, no2001 caeu derrotada na Copa de Europa ante a selección de Xeorxia, que venceu en Bucarest por 31-20. Ademais, como mostra do descenso do nivel do rugby romanés, está a derrota sufrida anteInglaterra por 134-0 no2001, aínda que o combinado romanés non puido contar cos xogadores que militaban na Liga Francesa, xa que os clubs non lles permitiron xogar.

Enxaneiro do2002 foi contratado como adestrador dofrancésBernard Charreyre. Baixo a dirección de Charreyre (coñecido como "o pequeno Napoleón"), a selección romanesa comezou un lixeiro ascenso, acadando a vitoria na Copa de Europa grazas á vitoria ante Xeorxia enTblisi por 23-31.

NaCopa do Mundo de Rugby 2003, a selección de Romanía venceu aNamibia, mais non puido superar a fase de grupos ao caer fronte aArxentina (50-3),Australia (90-8) eIrlanda (45-17). Após esta Copa do Mundo, Charreyre foi cesado, sendo substituído por outros tres adestradores franceses:Phillipe Sauton,Robert Antonin eDaniel Santamans (actual adestrador).

A Copa de Europa de 2003-2004, viu a sorprendente aparición dePortugal, que venceu a Romanía en Lisboa por 16-15. Aínda que na segunda volta, Romanía venceu a Portugal (36-6) enConstanţa, pero a derrota fronte aRusia enKrasnodar deu o título aos portugueses.

No2004 Romanía venceu aItalia por 25-24, conseguindo a súa primeira vitoria fronte a un equipo do Torneo das Seis Nacións, trala ampliación deste.

No2005 Romanía foi situada na segunda división do Rugby Mundial polaIRB, e no2006 atinxiu a Copa de Europa por diante de Xeorxia, coa que empatou a puntos.

Na clasificación para a Copa do Mundo de 2007, Romanía venceu a Xeorxia en Bucarest (20-8) e aEspaña enMadrid (43-20) para lograr o billete para a fase final.

NaCopa do Mundo de Rugby 2007, Romanía quedou encadrada no grupo C coas seleccións de Portugal, Nova Zelandia, Italia e Escocia. Conseguiu unha vitoria fronte a Portugal por 14-10, con todo perdeu nos seus outros tres partidos fronte a Nova Zelandia (85-8), Italia (47-18) e Escocia (42-0) polo que ocupou a cuarta posición do grupo (só por diante de Portugal) e quedou eliminada.

Rexistros

[editar |editar a fonte]

Copa do Mundo

[editar |editar a fonte]
Romanía contraEscocia no 2006.
EdiciónOrganizadorPosto
1987Nova Zelandia eAustraliaAustraliaFase de grupos
1991InglaterraInglaterra[1]Fase de grupos
1995SuráfricaFase de grupos
1999GalesGales[2]Fase de grupos
2003AustraliaFase de grupos
2007FranciaFrancia[3]Fase de grupos
2011Nova ZelandiaFase de grupos
2015InglaterraInglaterra[4]Fase de grupos
2019XapónXapónDescalificada

Copa de Europa

[editar |editar a fonte]
Ano(s)PJPGPEPP+/-PtsPos
20004400120-3912
20015401152-14313
2001-0210901373-14828
2003-0410802320-12326
2004-061080229426
2006-0810604144-13322
20095203104-889
20105410178-4814
20115302166-6916
20125302136-3916
20135410114-6519
20145401128-4119
20155302131-9915

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. coa asistencia deGales,Escocia,Irlanda eFrancia
  2. coa asistencia deEscocia,Inglaterra,Irlanda eFrancia
  3. coa asistencia dePaís de Gales eEscocia
  4. coa asistencia doGales

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Nivel 1
Nivel 2
Canadá  · España  · Estados Unidos  · Fiji  · Namibia  · Portugal  · Romanía  · Rusia  · Samoa  · Tonga  · Xapón  · Xeorxia  · Uruguai
Nivel 3 (D1)
Nivel 3 (D2)
Acerbaixán  · Andorra  · Armenia  · Austria  · Bahamas  · Barbados  · Bermuda  · Bosnia e Hercegovina  · Botswana  · Brunei  · Bulgaria  · Burundi  · Camboxa  · Camerún  · Casaquistán  · China  · China Taipei  · Chipre  · Colombia  · Costa Rica  · Croacia  · Dinamarca  · Emiratos Árabes Unidos  · Eslovenia  · Eswatini  · Finlandia  · Filipinas  · Ghana  · Grecia  · Guam  · Güiana  · Hungría  · Illas Caimán  · Illas Cook  · Illas Salomón  · Illas Virxes Británicas  · India  · Indonesia  · Irán  · Israel  · Kirguizistán  · Laos  · Letonia  · Lituania  · Luxemburgo  · Madagascar  · Malaisia  · Malí  · Malta  · Mauricio  · Mauritania  · México  · Moldova  · Mónaco  · Mongolia  · Marrocos  · Niue  · Nixeria  · Noruega  · Países Baixos  · Panamá  · Papúa Nova Guinea  · Paquistán  · Paraguai  · Perú  · Polonia  · República Checa  · Ruanda  · Samoa Americana  · San Vicente e as Granadinas  · Santa Lucía  · Senegal  · Serbia  · Singapur  · Sri Lanka  · Suecia  · Suíza  · Tahití  · Tailandia  · Tanzania  · Togo  · Trinidad e Tobago  · Tunisia  · Ucraína  · Uganda  · Uzbekistán  · Vanuatu  · Venezuela  · Xamaica  · Zambia
Combinados
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Selección_de_rugby_de_Romanía&oldid=6522595»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp