Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Selección de rugby de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Italia
Escudo de camisola/Emblema da asociación
Alcume(s)Azzurri
UniónFederazione Italiana Rugby
AdestradorConor O'Shea
CapitánSergio Parisse
Mais capsSergio Parisse (134)
Máximo anotadorDiego Domínguez (983)
Máis ensaiosMarcello Cuttitta (25)
EstadioStadio Olimpico (70 634)
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual12 (2 de decembro de 2019)
Máximo8 (2007)
Mínimo15 (2015 e 2017)
Estrea internacional
EspañaEspaña 9−0Italia Italia
Barcelona,España;20 de maio de1929
Maior vitoria
ItaliaItalia 104−8República ChecaRepública Checa
Viadana,Italia;18 de maio de1994
Maior derrota
Suráfrica 101−0Italia Italia
Durban,Suráfrica;19 de xuño de1999
Copa do Mundo
Participacións8 (primeira en 1987)
Mellor resultadoFase de grupos (1987, 1991, 1995, 1999, 2003, 2007, 2011, 2015 e 2019)

ASelección de rugby de Italia representa aItalia intenacionalmente no deporte dorugby. O equipo, tamén coñecido coma osAzzurri (os Azuis), leva xogando ao rugby dende finais dos anos 20 doséculo XX, e hoxe en día está considerado como un dos equipos punteiros do rugby europeo. Italia compite anualmente no torneo dasSeis Nacións conEscocia,Francia,Gales,Inglaterra eIrlanda.

Os Azzurri sacan de centro

Posibelmente o rugby italiano acadase a súa meirande transcendencia internacional cando, no ano2000, Italia pasou a formar parte do torneo dasCinco Nacions, creando o que hoxe se coñece como o RBS 6 Nations. Orixinariamente os italianos só sufrían humillantes derrotas neste torneo mais, pouco a pouco, as tornas foron cambiando e os Azzurri chegaron a quedar cuartos en 2007, e aínda nas derrotas non son tan amplas coma nos primeiros anos, non obstante hoxe ocupan a duodécima posición na listaxe mundial[1].

Italia tamén competiu en tódolosmundiais que tiveron lugar até a data de hoxe dende a súa primeira edición en1987, aínda que nunca conseguiron pasar a primeira rolda. A súa mellor actuación foi nos mundiais de2003 e de2007, onde conseguiron dúas vitorias na fase de grupos.

O seu adestrador actual é o francésJacques Brunel.

Equipamento

[editar |editar a fonte]
Escudo da selección na camisola
Escocia - Italia 18 a 16

Italia xoga con camisola azul, que dende2007 está elaborada pola compañíapiemontesa Kappa, e o banco italianoCariparma (Cassa di Risparmio di Parma e Piacenza S.p.A.) é o seu patrocinador oficial.

Rexistros

[editar |editar a fonte]

Copa do Mundo de Rugby

[editar |editar a fonte]

Participacións de Italia na Copa do Mundo.

EdiciónOrganizadorPosto
1987Nova Zelandia eAustraliaPrimeira Fase
1991Inglaterra[2]Primeira Fase
1995SuráfricaPrimeira Fase
1999País de Gales[3]Primeira Fase
2003AustraliaPrimeira Fase
2007Francia[4]Primeira Fase
2011New ZealandPrimeira Fase
2015Inglaterra[5]-

Seis Nacións

[editar |editar a fonte]
 
Escocia

Francia

Gales

Inglaterra

Irlanda

Italia
Torneos1218612111912116
Vitorias (compartidas)14 (8)17 (8)26 (10)26 (10)13 (9)0 (0)
Grand Slam39111220
Tripla Coroa10N/A202410N/A

Rexistros de xogadores

[editar |editar a fonte]

Máis partidos coa selección

[editar |editar a fonte]
Italia

A listaxe seguinte recolle os rexistros máis notábeis de partidos xogados coa selección italiana[6]. A lista inclúe xogadores dos últimos 25 anos. É preciso sinalar que unha clasificación por número de selección non depende só da calidade do xogador senón só do número de partidos disputados internacionalmente. Co nacemento da copa do mundo en1987 a periodicidade dos partidos variou de xeito destacábel. O xogador que máis partidos xogou até o momento cosAzzurri é Alessandro Troncon, retirado da selección en 2007, con 101 convocatorias, o que o converte no sétimo xogador con máis partidos coa súa selección da historia.

En letra grosa xogadores en activo coa selección italiana.:

  1. Marco Bortolami - 105
  2. Martin Castrogiovanni - 105
  3. Sergio Parisse
  4. Andrea Lo Cicero - 103
  5. Alessandro Troncon - 101

Máis ensaios

[editar |editar a fonte]

Marcello Cuttitta é o xogador que conseguiu máis ensaios coa selección de Italia[6].

  1. Marcello Cuttitta - 25
  2. Paolo Vaccari - 22
  3. Carlo Checchinato - 21
  4. Manrico Marchetto - 21
  5. Alessandro Troncon - 19

Puntos

[editar |editar a fonte]

O récord de puntos marcados posúeo Diego Domínguez con 983 puntos[6], que é o terceiro xogador da historia en número de puntos coa súa selección nacional despois dogalés Neil Jenkins e doinglés Jonny Wilkinson (xogador aínda en activo).

  1. Diego Domínguez - 983
  2. Stefano Bettarello - 483
  3. Luigi Troiani - 294
  4. Ramiro Pez - 260
  5. Mirco Begamasco - 256

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. IRB RankingArquivado 10 de agosto de 2011 enWayback Machine., consultado a 29 de marzo de 2009(eninglés)]
  2. coa asistencia dePaís de Gales,Escocia,Irlanda eFrancia
  3. coa asistencia deEscocia,Inglaterra,Irlanda eFrancia
  4. coa asistencia dePaís de Gales eEscocia
  5. coa asistencia doPaís de Gales
  6. 6,06,16,2Estatísticas en SuperRugbyArquivado 06 de marzo de 2009 enWayback Machine., consultado o 25 de marzo de 2009(eninglés)
Nivel 1
Nivel 2
Canadá  · España  · Estados Unidos  · Fiji  · Namibia  · Portugal  · Romanía  · Rusia  · Samoa  · Tonga  · Xapón  · Xeorxia  · Uruguai
Nivel 3 (D1)
Nivel 3 (D2)
Acerbaixán  · Andorra  · Armenia  · Austria  · Bahamas  · Barbados  · Bermuda  · Bosnia e Hercegovina  · Botswana  · Brunei  · Bulgaria  · Burundi  · Camboxa  · Camerún  · Casaquistán  · China  · China Taipei  · Chipre  · Colombia  · Costa Rica  · Croacia  · Dinamarca  · Emiratos Árabes Unidos  · Eslovenia  · Eswatini  · Finlandia  · Filipinas  · Ghana  · Grecia  · Guam  · Güiana  · Hungría  · Illas Caimán  · Illas Cook  · Illas Salomón  · Illas Virxes Británicas  · India  · Indonesia  · Irán  · Israel  · Kirguizistán  · Laos  · Letonia  · Lituania  · Luxemburgo  · Madagascar  · Malaisia  · Malí  · Malta  · Mauricio  · Mauritania  · México  · Moldova  · Mónaco  · Mongolia  · Marrocos  · Niue  · Nixeria  · Noruega  · Países Baixos  · Panamá  · Papúa Nova Guinea  · Paquistán  · Paraguai  · Perú  · Polonia  · República Checa  · Ruanda  · Samoa Americana  · San Vicente e as Granadinas  · Santa Lucía  · Senegal  · Serbia  · Singapur  · Sri Lanka  · Suecia  · Suíza  · Tahití  · Tailandia  · Tanzania  · Togo  · Trinidad e Tobago  · Tunisia  · Ucraína  · Uganda  · Uzbekistán  · Vanuatu  · Venezuela  · Xamaica  · Zambia
Combinados
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Selección_de_rugby_de_Italia&oldid=5755387»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp